CASTRO DE CASTROMAO
CELANOVA
Castro de Castromao
O castro de Castromao é un castro situado no actual concello de Celanova, no sueste da provincia de Ourense. Suponse que foi habitado polo pobo dos coelernos.
Localización e morfoloxía
Está situado nun outeiro de 732 metros de altura, desde o que se domina o curso do río Arnoia e os castros de Novelle, Trelle, Merca e Berredo.
Ten unhas dimensións de 150 metros no eixo norte-sur e 130 no leste-oeste. O interior da parte amurallada ocupa uns 20.000 m².
O terreo presenta un forte desnivel, salvo na súa parte noroeste, onde é bastante menos pronunciado. Polas súas inmediacións discorría unha calzada secundaria da Vía XVIII do itinerario de Antonino, relacionada coa ponte do Freixo.
Foi habitado durante a época castrexa, remontando ó século VI a.C. e mantívose poboado ata o século III. Desta época data o nome de Castromao (castro malo) polo lugar de Vilanova (que máis tarde foi bautizada como Vilanova dos Infantes por ter sido lugar de residencia temporal dunha infanta), debido, segundo fontes medievais, ó seu mal emprazamento para o aproveitamento agrícola.
Achados arqueolóxicos
A primeira referencia moderna sobre o castro é de Ramón Barros Silvelo, no seu libro Antigüedades de Galicia (1875) e refírese a el como Castra Mamuaria.
En 1928, Florentino López Cuevillas e Xaquín Lorenzo recólleno no seu Catálogo dos Castros Galegos. Desde 1963 iniciáronse varias campañas de escavacións que deixan ó descuberto os restos de construcións que se poden visitar.
Apareceron cerámicas de todo tipo, desde fragmentos datables entre os séculos VII e V a.C. ata tégulas e sigillatas, que nos falan dunha forte romanización. Suponse que a tribo non se opuxo á ocupación romana e mesmo colaborou con eles.
Atopáronse tamén restos dun forno para cocer cerámica, así como un tesouriño do século I atopado nunha vasilla de barro.
A peza máis singular de Castromao é a figura zoomorfa dun simio encollido e sentado cos pés cara adiante e as mans na cara; por debaixo dos pés, que parecen agarrar algo, hai un apéndice para encaixar a escultura nunha base. Outra peza destacable é un tríscele calado que puido servir como fiestra.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901