martes, 21 de febrero de 2017

PASCAIS - AMIUDAL - AVIÓN

PASCAIS
AMIUDAL
AVIÓN
OURENSE


Pascais
     Pascais é un lugar da parroquia de Amiudal no concello ourensán de Avión na comarca do Ribeiro. 



     Tiña 41 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 19 eran homes e 22 mulleres. 


     Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010 cando tiña 48 habitantes (21 homes e 27 mulleres).



Amiudal
Poboación    
     252 hab.



     Amiudal é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2010 tiña 252 habitantes (144 mulleres e 108 homes), 46 menos ca no ano 2000 e 12 menos ca no ano 2005. 


     A perda de poboación non foi tan acentuada en Amiudal coma no resto da zona, aínda que a perda demográfica é lenta mais constante.


     Foi concello de seu entre 1833 e xuño de 1843, cando a casa consistorial se trasladou a Abelenda de Avión.


Lugares de Amiudal
     Amiudal, Espiñeiro, Pascais



Avión
      Avión é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. 



     Segundo o INE a súa poboación no ano 2015 era de 1.962 habitantes (2.730 no 2006, 2.780 no 2005, 2.804 no 2004, 2.881 no 2003). O seu xentilicio é avionés.



Poboación
     Censo total 1.962 (2015)



      Sitúase no noroeste da comarca do Ribeiro. Limita ao norte con Beariz, ao sur con Carballeda de Avia, ao leste con Boborás e Leiro, e ao oeste cos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.



      É un concello montañoso e de relevo accidentado. As serras do Suído e Faro de Avión limitan o concello polo oeste superando os 1.000 metros de altitude. Desde os cumios o relevo descende abruptamente, dando lugar a vales encaixados que dificultan as comunicacións.


     A rede fluvial está formada polo río Avia e os seus afluentes. O Avia nace en Fonte Avia, parroquia de Nieva, e recibe en Avión tres afluentes de importancia: o Couso, o Valderías e o río Cardelle, que forma o límite cos concellos de Boborás e Beariz.


      O clima de Avión ven condicionado polas diferenzas de altitude entre as distintas terras do concello. 


     Nas serras do Suído e Faro de Avión o clima é de montaña, frío en inverno e con intensas precipitacións mentres que nas zonas máis baixas as temperaturas son máis cálidas aproximándose ao tipo de clima mediterráneo da comarca do Ribeiro. 


     Na zona intermedia entre a montaña e os vales pode dicirse que aparece un tipo de clima continental. O observatorio de Amiudal, a 553 m de altitude, rexistra unhas medias aproximadas de 5,5 °C en xaneiro e 19 °C en xullo.


Patrimonio natural

     Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, onde atopamos formacións rochosas senlleiras e un importante patimonio natural.



Patrimonio etnográfico
      Salientan, entre as innumerables construcións tradicionais, os chozos do Suído.



Historia
     No século XI Avión correspondía ao territorio xurisdicional do Metropolitano de Braga, recoñecido en 1010 polos bispos de Mondoñedo, Astorga, Lugo, Tui, Ourense, Lamego, Coimbra, Porto e Viseu. Porén, esa dependencia non debeu durar máis alá da implantación da Monarquía en Portugal en 1139.



      En 1150, debido a unha competencia sobre límites das dioceses entre os prelados de Oviedo, Ourense e Astorga, o Papa Uxío III encomendoulle a resolución do conflito a Afonso VII de Castela. O rei dispuxo o 1 de marzo dese mesmo ano, que o Bispo de Oviedo cedese ao de Ourense a parte diocesana da Limia, desde o monte de Padrón ata Donia, e desde o río Azor até o Arnoia até a súa desembocadura no Miño; até Barroso coas igrexas de Petrayn e as de Castela; a de Orcellón; as igrexas de Avia e de Avión.


      En 1156 o Bispo de Ourense e o Cabido de Tui fixeron unha partición de igrexas das súas dioceses, na que figura o arciprestado de Novoa e Avión; segundo isto, parte do territorio de Novoa e Avión (mais non Ribadavia), pertencían xa a aquela diocese, e a outra parte do territorio, chamada terras de Avia e Avión, formaba parte da diocese de Ourense. En 1215 chega a Orde do Temple a Avión, á igrexa de San Andrés de Abelenda.


      En 1375 instáurase o señorío dos Sarmiento, condes de Ribadavia. A súa xurisdición abarcaba as freguesías de Avión, Abelenda, Amiudal, Barroso, Nieva, Couso (que compartía co mosteiro de Melón) e Córcores. Todas elas debían pagar o tributo da "fumaza" ou "fogaza", abolido por Isabel II en 1837.


     Trala división territorial de España en 1833 foi concello de seu até xuño de 1843, cando a casa consistorial se trasladou a Abelenda de Avión.



Parroquias de Avión
       Abelenda (Santa Mariña), Amiudal (Santiago), Avión (Santos Xusto e Pastor), Baíste (Santa María), Barroso (Santa Baia), Córcores (Santa Mariña), Cortegazas (Santo Antonio), Couso (Santa María), Nieva (Santa María)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901