viernes, 5 de febrero de 2016

MOMENTOS BARRO FASHION - BARRO

 MOMENTOS BARRO FASHION
DESFILE SOLIDARIO
BARRO


      O desfile BarroFashion Solidario pechou o 4º Nadal Solidario en Barro que  foi organizado pola A.C. Amigos da Fervenza da Barosa


       Nesta 4ª edición "Nadal Solidario en Barro"  pretendeu recoller e superar os máis de 500 kg do ano pasado.



    Establecéronse 9 puntos de recollida en total, situados en tódalas parroquias do concello, en distintos lugares, como centros públicos, locais comerciais ou hosteleiros.


    Colaboron na actividade como patrocinadores Copyline, Envialia-Transpobedasa, Adega Moraima, Supermercado DIA e Supermercado San Antoniño.



    

  Colaborou tamén na actividade 9 locais, entidades públicas e privadas, locais comerciais, locais hosteleiros que figuran como puntos de recollida.


    O día 16 de Xaneiro de 2016 pechouse esta acción solidaria cun desfile benéfico donde se  recolleron alimentos como cacao, azucre ou aceite.



     A Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa" de Barro, organizou un novo "Nadal Solidario en Barro" na súa 4ª edición ,que é unha Campaña de Recollida de Alimentos Non perecedeiros para familias de Barro.



     Esta campaña desenrolouse durante todo o Nadal ata despois da festividade de Reis, en Xaneiro de 2016, e pretende recoller a colaboración dos veciños de Barro coas persoas máis necesitadas do noso Concello.



     Dende a AC Fervenza da Barosa invitouse  a outras entidades públicas ou privadas para facilitar dita recollida e acadar o máximo número de kilos de alimentos, coa pretensión de superar os máis de 500 kg recollidos o ano pasado.



     Para unha maior eficiencia na recollida dúas persoas da directiva actuaron como Coordinadores da mesma, participando o resto da directiva da AC e os socios.



     Tódolos alimentos recollidos foron entregados aos Servizos Sociais do Concello de Barro, para que dentro do seu programa de reparto de alimentos llo fagan chegar de maneira anónima a quen corresponde.



Os puntos de recollida habilitados foron:
SUPERMERCADO DÍA (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
SUPERMERCADO SAN ANTONIÑO (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
CENTRO DE SAUDE DE BARRO (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
COLEXIO PUBLICO AMOR RUIBAL (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
IES PÚBLICO DE BARRO (OUTEIRO-PERDECANAI)
A DE MARUJA (BARRO)
A DE RIAL (VALIÑAS)
CAFE-BAR A LAREIRA (PORTELA)
SUPERMERCADO MOLDES(FONTE DE CURRO)



     Dende a Asociación queremos agradeceron a resposta das xentes un ano mais, e esperan volver a repetir o próximo ano.



     A resposta de publico o desfile foi moi importante e consolidase xa como un referente na comarca e agradecen a todos los colaboradores súa axuda que fai posible o evento

MAPA

SÍGUENOS:
  Facebook 
XOAN ARCO DA VELLA  
O PARAISO EXISTE   
Twitter  
XOAN ARCO DA VELLA  
Pinterest  
XOAN ARCO DA VELLA   
Google+  
XOAN ARCO DA VELLA
Instagram
XOAN ARCO DA VELLA 
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901