viernes, 8 de agosto de 2014

LENDA DAS AGUAS SANTAS

LENDA DAS AGUAS SANTAS
AUGASANTAS
COTOBADE


     Ía unha ceguiña de peleriñaxe a Compostela, camiñando desde os montes do Seixido, aló pola Lama, ao pé do Suido.



     Camiñaba aproveitando os camiños que deixaban as bestas que se crian nos montes daquela zona, e as beiras dos regatos, cando chegou á aldea de Augasantas,en Cotobade (Pontevedra).



     Alí soupo que había unha fonte de augas milagreiras que curaban muitos males.


      A ceguiña pediulle á Virxe que lle voltase a vista, aínda que só fose para poder chegar a Compostela e ver ao apóstolo. 


     Tanto rezou e tan ben o debeu facer que a Virxe María aparecéuselle e indicoulle que lavase os ollos cegos na auga da fonte milagreira.



     Así o fixo a mulleriña e, no momento, comezou a ver todo de bonito que tiña o mundo. Nomeadamente o fermoso espectáculo que se albisca desde o alto en que está a fonte até a fenda que abre o río Verduxo que rega aquelas terras.



    A cega agradecida deu a noticia da sua curación, e como recompensa mandouse facer unha igrexa a beira da fonte que ainda hoxe continúa a deitar auga fresca e sabrosa.

MAPA
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901