CASTILLO DE NAVIA DE SUARNA
ANCARES
LUGO
Navia de Suarna é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2009 tiña 1.441 habitantes (1.615 no 2006, 1.680 no 2005, 1.732 no 2004, 1.807 no 2003). O seu xentilicio é «naviego».
Nesta localidade ancaresa encóntrase o Castelo de Navia de Suarna, unha construción feita en laxe de lousa e vinculado aos condes de Altamira.
Está asentado sobre rochas e conserva parte das primitivas murallas e torreóns, con tres portas a diferentes niveis.
Os documentos existentes sobre a fortaleza demostran que xa existía no século XI, aínda que posteriormente foi destruído pola Revolución Irmandiña para reconstruírse catro séculos máis tarde perdendo o seu carácter militar.
Pénsase que orixinariamente foi creado para a defensa da Ponte Vella, unha construción civil que atravesa o río Navia.
A edificación actual data do século XIV, cunha bóveda anterior do século XIII.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901