FERVENZA DE HORTAS - ARZÚA
FERVENZA DE HORTAS
DOMBODÁN
ARZÚA
Unha das paisaxes máis fermosas do concello de Arzúa é esta fervenza
da parroquia de Dombodán, que xorde pouco antes da confluencia co río Ulla
e que fai de fronteira natural entre os concellos de Arzúa e Touro.
Consta de dúas caídas duns 30 metros do rego de Saímes sobre unha
superficie de gneis mesturado con cuarcita.
Para chegar ata elas é necesario percorrer uns 11 quilómetros
aproximadamente a estrada Arzúa-Vila de Cruces (CP-0601) ata chegar á
encrucillada que sinala o lugar de Hortas e desviarse á man esquerda
cara a San Xusto (CP-0605).
Despois de pasar unha taberna, a uns 500
metros, hai que seguir unha pista que sae cara a man dereita e ao final
das casas da aldea coller á esquerda polo medio do monte.
Alúns veciños tamén a coñecen como a Fervenza de Santa Marta por unha lenda que ten asociada.
¿ Porque de Santa Marta ?
Nome co que se coñece tamén a Fervenza das Hortas e que recibe por mor
dunha lenda que conta a historia dunha rapaza que ía ao muíño e que
quedou embarazada do seu mozo.
O rapaz díxolle que non a quería e, nunha
noite de muiñada, empuxouna pola fervenza. Mentres caía, a moza dixo Santa Marta me vaia! e un carballo que había na fervenza parou milagrosamente a súa caída salvándolle a vida.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
Preciosas Xoán !
ResponderEliminarMuchas gracias, gracias..
Eliminar