O HOME E MAIS A ABELLA
CONTO
CONTO
Un home que ía nunha viaxe viu vir unha abella a lle picar na faciana e
daquela o home foise, cañou á abella e arrincoulle a barriga. Da
barriga tiroulle sete arrobas de mel. O home non sabía onde botar a mel e
púxose a rañar na cabeza e, daqueña tropezou coa casca dun piollo e
comprendeu decontado o que babía que facer, e foise e verqueu na casca
do piollo todo o mel que tiña.
Cando xa tiña transfegado o mel, o home cavilou que podía derramarse e
ordenou de atar o folecho para que non lle caese e foise a unha fraga
procurar unha pértega, venvo cun aquel de pasmo cando pousou o machado
como un carrizo peiteou o fol cichando o mel para fóra polo furado. O
home asañou e tiroulle de rebolo o machado o carrizo, espeténdollo tan
fondo no lombo que chegou a se perder na pluma e daquela foise o home e
púxolle lume ao carrizo e disque ardeu a pluma toda que facía unha boa
morea de cinza. E púxose a procurar no borrallo o machado que perdera
mais non atopou senón a manceira que, era de pau de castaño, pois o
machado, como era de ferro, derretérase coa calor, de ver tal, o home
laiábase:
- ¡Pobre de min! ¡Ai, pobre de min!
XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901