Acacia dealbata Link.
Mimosa,  chorín,
mimosa común, acacia,  alcacia.
É moi frecuente a beira de moitos ríos, realmente dende fai uns anos é unha praga. Hai moítisimas sobre todo nas concas dos ríos Miño e Sil.
Hoxe podemos decir que é unha especie invasora; bioinvasora dirían algúns.
Utilízase como ornamental e tamén en carpintería; en Galicia, ademais, é utilizada para apuntalar terrapléns, para facer estacas para as vides, entre outras cousas.
O máis bonito son as súas flores, de cor amarelo, e cun cheiro moi agradable e particular.
Dimensións:
     Árbore de ata 20 metros.  As raíces son oblicuas. 
     As follas teñen 12 x 4  cms.
     As flores son pequenas e  amarelas.
     No seu lugar de orixe Nova  Gales do Sur (Australia) é unha árbore que chega os 30  metros.
Identificación:
     Non ten problemas de  identificación cando está en flor.
    
 Na fotografía vense as  influorescencias típicas da mimosa; son moi 
numerosas como 20 ou 30 xuntas, de  cor amarelo moi intenso e moi 
olorosas.
     Si non está en flor xa é  máis dificil.
    De
 tódolos xeitos hoxe é tan abondosa  que empeza a ser un problema polo 
menos na provincia de Ourense. Vese por  tódolos lugares da provincia, é
 unha auténtica praga  invasora.
    Os froitos, que saen por  xuño e xullo son sámaras parecidas as fabas.
    O tronco ten unha corteza  de cor grisácea e lisa.
    Según
 algúns amigos debéramos falar de  planta bioinvasora, ou sexa unha 
planta intrusa que, fora de catividade,  establece poboacións que se 
auto-rexeneran nun lugar ou medio situado máis alá  do seu límite 
histórico de distribuciónHabitat
    
 Sitúase en zonas máis ben  baixas, ata 600 metros de altitude como 
moito, buscando zonas sin árbores ou  lugares queimados. Non lle gusta 
nada a sombra de outras árbores. Os chan sempre  acedos, evita os 
básicos.
     Mimosa no río Avia. Aquí  as mimosas xa están a carón do río. 
    
 En Galicia é invasora de  todo o litoral, así como as provincias da 
Coruña e Pontevedra. En Ourense toda a  zona do oeste inda que seguindo o
 Miño e o Sil chega ata o  Barco.
     No río Miño xa pasa de  Chantada e no río Sil xa chega o Barco de Valdeorras.
    
 Salvase, de momento, a  provincia de Lugo. Hai unha razón, a mimosa non
 quere sombra polo tanto de  momento no Courel e nos Ancares non ten 
nada que facer. Esperemos que por moito  tempo...
Interés:
     Orixinaria de Australia. 
    
 Trátase dunha especie  invasora (Ata 50 anos pode conservar a semente a
 súa capacidade de xerminación,  realmente preocupante...).
     Introducida como  ornamental. 
     Plantouse como cortavento  para facilitar o voar das abellas.
    
 Outro dato, pouco coñecido  é que Renfe plantouna como función 
estabilizadora para apuntalar terrapléns, por  mor da tupida rede 
fixadora das súas raices no chan. Así pode verse na liña de  Ourense a 
Vigo en moitos lugares. 
     A mimosa é rica en tanino  polo que tamén se emprega para curtir.
     Tamén se utiliza en  carpintería, pero non é boa madeira; hai que deixala secar moi ben e nin  así.
     No Carballiño en Ourense  celébrase a "Festa da Mimosa"  tódolos anos. Unha festa literaria importante. 
     En Francia seica se lle  ten moito aprecio, así o 70% dos ramos de flores que se regalan levan flores de  acacia.
     Tamén se utiliza, as  flores concretamente, en perfumería. 
SÍGUENOS:
Facebook 
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901