ANA DE CASTRO
Procesada pola Inquisición
Procesada pola Inquisición
Instruíronse dous procesos contra esta muller: o primeiro en 1626, onde
aparece aínda moza, solteira e veciña do couto de Armenteira; e o
segundo en 1651, casada con Benito de Graña, residente en Pontevedra.
No primerio proceso, que principiou o 1 de xullo de 1926, declararon na súa contra vinteseis testemuñas que aseguraron que tiña trato co demo e que dixera diante de moitas persoas “que ben podía un que vai confesar, calar calquera pecado e despois confesalo ao pé dun carballo”. Unha testemuña declara que fora consultarlle a Ana de Castro o paradoiro duns leitóns que lle roubaran e a rea tomara un vaso de vidro con viño e auga e, dándolle a volta ao vaso, chamou á persoa que a consultaba e mostroulle dentro do vaso un dos leitóns asegurándolle que aínda estaba vivo. As testemuñas denunciaron outros delitos que a présa non confesou nin sequera baixo tortura. Só se autoinculpou de ter curado algunhas persoas invocando a Xesús Cristo con estas palabras: “Jesucristo fue bautizado en el río Jordán, San Pedro y San Juan lo tuvieron pola man; ansi destos males se jafan pola gracia de Deus e de la Virgen María, Pater nostrer y Ave María”.

Declarada “hechicera, embustera y adivinadora” foi condenada o 14 de outubro de 1626 a saír, vestida con hábito de penitente de media aspa, a un auto de fe onde selle leu a sentenza que consistiu en douscentos azoutes e desterro do couto de Armenteira e de Santiago durante seis anos.
A execución da sentenza tivo lugar o 6 de decembro dese mesmo ano nunha misa maior no convento de san Paio de Antealtares. Ana de Castro foi botada ás rúas, media núa e montada nun burro e azoutada mentres percorría a cidade de Santiago.
No ano 1651, durante a visita que o inquisidor Juan Rojo fixo á cidade de Pontevedra, foi présa de novo por reincidir como feiticeira. Secuestráronlle as propiedades e volveu aos cárceres da Inquisición, onde foi de novo torturada e condenada a douscentos azoutes e ao desterro de Galicia durante dez anos.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
AUTOR/A: ANXOS SUMAI
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901