jueves, 15 de mayo de 2025

IGREXA DE SAN MAMEDE DE ROIS - ROIS

IGREXA DE SAN MAMEDE DE ROIS

ROIS

Rois
     San Mamede de Rois é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar.

      Segundo o padrón municipal (INE) en 2013 tiña 563 habitantes (270 homes e 293 mulleres), 54 menos ca en 1999, distribuídos en 12 entidades de poboación.

     A parroquia ten unha superficie de 4,8 km2.

Lugares de Rois
      O Aido, A Bouciña, A Casa do Porto,, Codesidos, Contimunde, Cornes, A Covela, Os Dices, Formarís, Infesta, A Pontenova, Rois, Os Vilares

Comarca do Sar
      A comarca do Sar é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Padrón.

      A esta comarca pertencen os concellos de Dodro, Padrón e Rois. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 14 de mayo de 2025

CRUCEIRO DA GÁNDARA - GÁNDARA - CORDEIRO - VALGA

 CRUCEIRO DA GÁNDARA

GÁNDARA

CORDEIRO

VALGA

     Cruceiro do tipo de crucifixo co baseamento de planta cuadrangular formado por bloques graníticos, de tres gradas. 

     Pedestal ao xeito de nocela apoiada sobre un plinto e rematado no cumio por un bloque de feitío troncopiramidal invertido. 

     Varal monolítico con arranque cúbico e desenrolo cilíndrico. Capitel asentado sobre unha moldura recta e feitío troncopiramidal invertido. 

     A cruz é latina e de feitío cilíndrico. Imita a factura dos vellos troncos de madeira. Anverso cunha Crucifixión e reverso coa Virxe do Carme co Neno.

      Foi doado polo emigrante M. Castroagudín Portas no 1900, ao seu regreso de Arxentina. En setembro de 2012 o cruceiro tivo algún contratempo e, tras a súa restauración, foi recolocado a comezos do 2016. 

     A restauración foi obra dos estudantes da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

MAPA

 

Fuente: Web obaixoulla.gal

XOAN ARCO DA VELLA


MUIÑO EN SAN XUSTO - SAN XUSTO - AVIÓN

MUIÑO EN SAN XUSTO

SAN XUSTO

AVIÓN

San Xusto
     San Xusto é un lugar da parroquia de Avión no concello ourensán de Avión na comarca do Ribeiro.

      Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 335 habitantes (159 homes e 176 mulleres), cinco máis ca en 2010 (159 homes e 171 mulleres).

Avión
      Avión é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. 

     Segundo o IGE a súa poboación no ano 2016 era de 1910 habitantes. O xentilicio é avionés.

Xeografía
     Sitúase no noroeste da comarca do Ribeiro. Limita ao norte con Beariz, ao sur con Carballeda de Avia, ao leste con Boborás e Leiro, e ao oeste cos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.

      É un concello montañoso e de relevo accidentado. As serras do Suído e Faro de Avión limitan o concello polo oeste superando os 1.000 metros de altitude. 

       Desde os cumios o relevo descende abruptamente, dando lugar a vales encaixados que dificultan as comunicacións.

      A rede fluvial está formada polo río Avia e os seus afluentes. O Avia nace en Fonte Avia, parroquia de Nieva, e recibe en Avión tres afluentes de importancia: o Couso, o Valderías e o río Cardelle, que forma o límite cos concellos de Boborás e Beariz.

      O clima de Avión vén condicionado polas diferenzas de altitude entre as distintas terras do concello. Nas serras do Suído e Faro de Avión o clima é de montaña, frío en inverno e con intensas precipitacións mentres que nas zonas máis baixas as temperaturas son máis cálidas aproximándose ao tipo de clima mediterráneo da comarca do Ribeiro. 

     Na zona intermedia entre a montaña e os vales pode dicirse que aparece un tipo de clima continental. 

       O observatorio de Amiudal, a 553 m de altitude, rexistra unhas medias aproximadas de 5,5 °C en xaneiro e 19 °C en xullo.  

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 12 de mayo de 2025

CALVARIO DE SANTA MARIÑA DE CARRACEDO - O CAMPO - CARRACEDO - CALDAS DE REIS

 CALVARIO DE SANTA MARIÑA

O CAMPO

CARRACEDO

CALDAS DE REIS

      Calvario formado polo cruceiro central de maior tamaño e dous laterais máis pequenos.

     O cruceiro central nace sobre unha plataforma de sección octogonal feita en cachotería. 

     A continuación dous chanzos de sección octogonal. A base, de sección troco-piramidal, presenta varios relevos que mostran caveiras, tíbias cruzadas e lagartos. 

     O varal nace cunha sección cadrada cos catro lados decorados con tíbias cruzadas, caveiras, cravos e a cruz de Santo André. 

      A continuación o varal segue en sección cilíndrica con acanaladuras e con dúas imaxes (San Francisco e Santiago Apóstolo). 

      O capitel é de estilo xónico con motivos vexetais, volutas e cabezas de anxo. 

    O cruceiro remata cunha cruz na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe no reverso.

      A cruz do lateral esquerdo nace sobre unha base tronco-cónica. 

      Posúe sección octogonal coas arestas rebaixadas.
A cruz do lateral dereito nace sobre unha base cúbica. Posúe sección octogonal coas arestas rebaixadas. 

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO DO COTO - O COTO - CAMPAÑA - VALGA

 CRUCEIRO DO COTO

O COTO

CAMPAÑA

VALGA

 Cruceiro do Coto

      Baseamento de planta octogonal formado por catro gradas.

     O pedestal é de planta octogonal con inscrición. 

     Varal monolítico cunha base cúbica de sección cadrada.

     O desenrolo é oitavado por rebaixe das arestas laterais e remata nun colariño poligonal

      O capitel é de feitío pseudocúbico, integrado no fuste da columna.

     A cruz ten unha base de planta cuadrangular. 

     O corpo é de sección octogonal.

    No anverso móstrase a Crucifixión e no reverso a Virxe de pé.

MAPA

 

Fuente: Web obaixoulla.gal

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 9 de mayo de 2025

CRUCEIRO DE MAGARIÑOS - MAGARIÑOS - SETECOROS - VALGA

CRUCEIRO DE MAGARIÑOS

MAGARIÑOS

SETECOROS

VALGA

       Trátase dunha cruz alta, posto que cruz e varal forman un único bloque de pedra de cantaría. O baseamento ten planta cuadrangular e está composto por dúas gradas de bloques graníticos. 

        O pedestal é un simple cubo de pedra coroado por molduras aboceladas de perfís decrecentes.

      A cruz ten un arranque de sección cuadrangular e desenrolo octogonal. 

       Todo o conxunto presenta erosión, como consecuencia do vento e da chuvia.

      No anverso atopamos a figura dun Cristo crucificado con tres cravos e ladeando a cabeza cara a súa dereita.

      Por debaixo aparece unha caveira sobre dúas tibias atravesadas, símbolo da morte.

      No reverso pode observarse á Virxe de pé, sobre un pedestal e en actitude orante. Baixo dela, a figura dun bispo cun báculo na man dereita e un libro na esquerda. 

      O autor Lois Ladra apunta na súa obra “Arte relixiosa popular na terra de Valga. Cruceiros, cruces e petos de ánima” que podería tratarse de San Bieito.

      O seu emprazamento actual non é o orixinal, xa que foi movida logo da súa última restauración no 2017. 

     A cruz sufrira importantes danos a consecuencia da colisión dun camión que partira nunha quincena de fragmentos o varal e as figuras que compoñían a cruz alta.

MAPA

 

 Fuente: Web obaixoulla.gal

XOAN ARCO DA VELLA