CAPELA DE SANTA LUCIA
A ALDEA
VIDE
AS NEVES
Capela de Santa Lucia
Pequena capela feita a base de perpiaño granítico de boa factura, de planta rectangular e cuberta a dúas augas.
Posúe un adro composto por grosas columnas, e cuberta a tres augas.
Na fachada principal podemos ver a porta de acceso enmarcada nun arco de medio punto con doelas, e coroando o conxunto, unha pequena espadana dun só oco con remate en cruz pétrea.
Vide
Santa María de Vide é unha parroquia que se localiza no concello das Neves.
Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 492 habitantes (262 mulleres e 230 homes), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 482 habitantes.
Xeografía
Vide limita ao leste coa parroquia de Sela (Arbo), ao oeste co río Termes, ao norte cos montes de San Fins e Odrago e ao sur co río Miño. É de terras chans.
Historia e patrimonio
No Coto do Galo, na parte alta da parroquia, hai varios petróglifos.
A igrexa parroquial é de orixe románica e foi reformada no 1782, sendo cura párroco Joaquín Cabeza de Vaca. No seu interior, a bóveda vai decorada cuns frescos. No muro do adro, sobre un fuste duns 3 metros de altura, hai un reloxo de sol de gran tamaño dividido en catro partes, formando ángulos rectos, que ata fai ben pouco servía como indicador das horas de rega. É do século XIII, da época da primeira construción da igrexa.
Os campos da parroquia están regados por unha cal que percorre 6 quilómetros, partindo desde o extremo norte da freguesía de San Xosé de Ribarteme. Segundo a tradición foi creada durante a romanización de Galicia.
Por esta parroquia pasa o camiño dos Frades, unha ruta de 15 km que sae da capela de San Manuel, en Medáns (Setados), e vai cara ao santuario da Franqueira (A Cañiza). O camiño foi percorrido pola raíña Sabela de Portugal no século XII como variante da vía portuguesa do camiño de Santiago. Desde Porto e Braga cruzando o Miño por unha antiga ponte de madeira no lugar da Barca Nova, en Medáns. A partir de aquí continuaba ata A Franqueira, onde descansaba no mosteiro para proseguir camiño cara a Pontevedra en dirección a Santiago de Compostela.
Festas
As festas patronais celébranse os días 14, 15 e 16 de agosto; e as dúas semanas anteriores organízanse actividades culturais como camiñadas, tractoradas ou maratóns.
MAPA
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901