lunes, 7 de abril de 2025

CAPELA DE SAN ROQUE - O COUTO - GOIÁN - TOMIÑO

CAPELA DE SAN ROQUE

O COUTO

GOIÁN

TOMIÑO

       A capela é de gran sinxeleza. 

      Presenta unha nave rectangular de 71 metros cadrados. É de pedra e con tellado a dúas augas. 

        A fachada principal ten unha porta de arco rebaixado e cunha pequena moldura. Enriba dela una ventá cadrada, de derrame exterior, e tamén moldurada.

       A ambos lados da porta, dous pequenos ocos, enreixados, para que o visitante poida facer a súa oración ao santo.

      Remátase a fachada en capias. No centro, unha pequena espadana sobre a cornixa voada acolle no seu arco de medio punto a campá. 

       Por riba a cruz pétrea de remate. No cumio da fachada leste ten outra cruz pétrea de remate e máis pequena.

        Segundo aparece nunha inscrición na espadana, a capela é do ano 1607.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901