EIRA DE PORREIRAS
PORREIRAS
PAREDES DE COURA
Era Comunitaria de Porreiras
Situada nun terreo lixeiramente inclinado e pavimentada en parte con laxas de granito, está delimitada por un muro baixo de pedra.
Os espigueiros, con características comúns na rexión, teñen un corpo estreito, máis ou menos longo, con estrutura de pedra.
Xeralmente están elevados do chan para protexer o cereal do acceso indebido, por exemplo de roedores.
Polo mesmo motivo, o acceso á porta realízase a través dunha escaleira de dúas ou tres banzos de pedra.
Porreiras
Porreiras e unha fregresia portuguesa do municipio de Paredes de Coura, distrito de Viana do Castelo.
Historia
Foi suprimida o 28 de xaneiro do 2013, en aplicación de unharesolución de la Asamblea da República portuguesa promulgada o 16 de xaneiro do 2013 o unirse coa fregresia de Insalde, formando a nova freguesia de Insalde e Porreiras.
Paredes de Coura
Paredes de Coura é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 1 500 habitantes.
É sede dun municipio con 138,02 km² de área e 9 571 habitantes (2001), subdividido en 16 freguesías.
O municipio está limitado ao norte polos municipios de Valença e Monção, ao leste por Arcos de Valdevez, ao sur por Ponte de Lima e ao oeste por Vila Nova de Cerveira.
O punto máis elevado do municipio sitúase no Corno do Bico, con 883 metros de altitude, na área protexida do mesmo nome.
Freguesías
Dende a reorganización administrativa de 2012/2013, o municipio de Paredes de Coura está composto por 16 freguesías:
Aqualonga
Bico e Cristelo
Castanheira
Cossourado e Linhares
Coura
Cunha
Formariz e Ferreira
Infesta
Insalde e Porreiras
Mozelos
Padornelo
Parada
Paredes de Coura e Resende
Romarigães
Rubiães
Vascões
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901