martes, 17 de octubre de 2023

BATERIA DA SALGUEIRA - PUNTA SEGAÑO - CHANTEIRO - ARES

 BATERIA DA SALGUEIRA

PUNTA SEGAÑO

CHANTEIRO

ARES

      Batería situada na Punta de Segaño, a uns 30 m sobre o nivel do mar, na bocana da ría de Ferrol. Esta fortificación levántase en 1739, xunto coas da enseada de Cariño, para protección para a estreita entrada da ría.

       En anos posteriores sofre diversas modificacións destinadas á consolidación dos pararmentos e a estrutura, mediante boas pezas de cantería.

      A planta configúrase como unha batería cara a mar e unha fronte de terra, en forma de hornabeque polo leste e quebrado polo sur.

      A finais do século XVIII conta con 16 canóns. Con posterioridade anexiónanse diversas construcións e pavillóns, ata ben entrado o século XX.

Acceso
      Dende Ares tomar a estrada de Ares-Chanteiro, despois de pasar a aldea de Chanteiro, chegar a un cruceiro onde hai un camiño de terra á dereita que leva ata a batería.

Chanteiro
       Chanteiro é un lugar da parroquia de San Pedro de Cervás no concello de Ares na provincia da Coruña.


     Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2007 tiña 256 habitantes (123 homes e 133 mulleres), dez máis ca en 2003.

      A ermida da Nosa Señora da Mercede foi restaurada na década de 1940, sendo párroco de Cervás Antonio Rodríguez Fraiz.

Cervás
       San Pedro de Cervás é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Ares.

     Segundo o Instituto Galego de Estatística do ano 2007 tiña 608 habitantes (319 mulleres e 289 homes) distribuídos en 38 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 582 habitantes.

Patrimonio
    Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro
    Praia de Chanteiro
    Castelo de San Martiño

     Tanto a igrexa parroquial de San Pedro, do século XII, como a ermida da Nosa Señora da Mercé de Chanteiro foron restauradas na década de 1940, cando foi sacerdote da parroquia Antonio Rodríguez Fraiz.

Lugares de Cervás
       Agarríos, A Barra, O Bugallón, Os Cachenos, O Campelo, As Cancelas, Carballo, Cervás, Chanteiro, A Chousa, O Cucheiro, O Curro, Foca, A Fonte do Cal, Os Galgos, Leiro, A Louseira, O Monte, Montefaro, O Monteiro, O Outeiro, Pedrachá, A Pena, As Penas, O Penedo, Pereira Fera, O Pirú, O Pomouro, A Porta do Río, A Queira, O Redondo, A Rega, Sandes, O Teixeiro, A Torre, O Trasno, Vigo, A Viña Nova

VIDEO

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901