domingo, 4 de junio de 2023

IGREXA DE ÉNTOMA - ÉNTOMA - O BARCO DE VALDEORRAS

 IGREXA DE ÉNTOMA

ÉNTOMA

O BARCO DE VALDEORRAS

 Éntoma
     San Xoán de Éntoma é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Barco de Valdeorras.

      Segundo o IGE en 2014 tiña 319 habitantes (152 homes e 167 mulleres), un menos ca en 2004 (163 homes e 157 mulleres, segundo o padrón municipal) e 24 menos ca en 1999. Ten unha única entidade de poboación.

Patrimonio
      Está atravesada polo Camiño Real que ía desde Sobradelo até O Barco de Valdeorras, polo que discorre tamén o camiño de Santiago. Consérvase unha ponte romana sobre o río Galir.

Comarca de Valdeorras
     A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras.

     Pertencen á comarca os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.

      En total abrangue 968,90 km², e caracterízase pola súa elevación pois nela está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m). O seu xentilicio é valdeorrés/valdeorresa.

Xeografía
     O río Sil conforma a comarca en tres áreas, o propio val e as serras que se sitúan ao seu norte e sur. O val do Sil contén numerosos sedimentos terciarios, nas serras do sur, Serra do Eixe, Serra Calva e Serra Segundeira atópanse as maiores altitudes de Galicia, dominando os relevos abruptos con abondosas formas periglaciais.

     O relevo montañoso do norte fórmano a Serra de Cereixedo, Serra dos Cabalos e Serra da Enciña da Lastra. O sistema fluvial da comarca céntrase no Sil, que é o principal curso de auga e todos os outros ríos son afluentes del.

     Os tributarios da dereita son ríos curtos, xa que os cumios están próximos ao val, destacando o río Éntoma, e o Leira, os tributarios da esquerda son máis longos, destaca entre eles o Casaio.

     O clima da comarca é oceánico de montaña nas áreas máis elevadas e oceánico de matiz mediterráneo no Val do Sil.

     Valdeorras conta con espazos protexidos, o parque natural da Serra da Enciña da Lastra, o Macizo Central e o Pena Trevinca.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901