viernes, 16 de diciembre de 2022

ANTIGUO BALNEARIO DE BERÁN - BERÁN - LEIRO

 ANTIGUO BALNEARIO DE BERÁN

BERÁN

LEIRO

Berán
     San Breixo de Berán é unha entidade local menor e parroquia do concello de Leiro, na provincia de Ourense.

     No ano 2015 tiña 237 habitantes (117 homes e 120 mulleres), distribuídas en dous lugares, o que supón unha caída en relación ao ano 2008, cando tiña 259 habitantes. Está situada a unha altitude de 296 metros sobre o nivel do mar, a uns 3,1 km da capital do concello, Leiro, pola estrada OU-0307.

Historia
     Antes da constitución dos concellos no século XIX pertencía á xurisdición de Carballeda de Avia. Na primeira distribución municipal formou parte do concello de Beade, do que se segregou posteriormente para integrarse no de Leiro. Desde o 13 de decembro de 1924 está considerada unha das nove entidades locais menores de Galiza.

Patrimonio
     A igrexa de San Breixo de Berán é barroca, do século XVIII, con restos renacentistas e un escudo dos Sarmiento na fachada.

Festas e tradicións
     As festas patronais de Berán celébranse a finais do mes de xullo (19, 20 e 21), sendo o día grande o día de Santa Margarida, o día 20. Ademais, tamén se celebra o San Roque en agosto na capela do mesmo nome, no barrio de Trasouteiro, e a festa de Mozos e Vellos, tamén no mes de agosto.

     A finais de outubro celébrase a festa do licor café, a única en Galicia dedicada a esta bebida tradicional galega.

Balneario
     O balneario de Berán está situado no lugar de Caldelas, na estrada comarcal que une Berán co concello limítrofe de Beade. 

     As súas augas destacan polo seu alto contido en xofre, polo que se indican para problemas de pel (sobre todo a psoríase), reuma, trastornos hepáticos, dixestivos e respiratorios. As augas saen do manancial a unha temperatura media de 28 °C.

     Na actualidade o balneario encóntrase nunha fase de transición que comezou no ano 1999, cando se comezaron as obras para a construción dun edificio novo. Non obstante, tras varios problemas xudiciais e políticos, e a pesar de estar rematada a obra, aínda se está a usar a instalación vella, que data de mediados do século XX. As vellas instalacións constan dunha pequena piscina de auga termal ao aire libre, sete bañeiras individuais, duchas, vestiarios e unha fonte para a bebida.

Lugares de Berán
     Berán, Caldelas 

MAPA 

 


XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901