AS IRMÁS TOUZA
RIBADAVIA
As tres galegas que salvaron centos de xudeus dos nazis
Poucos coñecen a historia de Lola, Amparo e Julia Touza Domínguez, tres irmás que, dende Ribadavia - Ourense, teceron unha rede de fuga para os xudeus que escapaban do Holocausto nazi.
Estación de Ribadavia e a súa cantina |
Todos coñecemos a historia de Oskar Schindler, un empresario alemán e membro do Partido Nazi, que salvou a vida de máis de mil xudeus empregándos como traballadores nas súas fábricas. Pero poucos coñecen a historia de Lola, Amparo e Julia Touza Domínguez, tres irmás que, dende Ribadavia, un pequeno pobo galego, teceron unha rede de fuga para os xudeus que escapaban do Holocausto nazi.
Esta é a historia da "Lista de Schindler" galega, unha historia esquecida durante máis de 60 anos.
Cantina das irmás Touza |
Todo comezaba no ano 1941, ao abrigo dunha pequena tenda que as tres irmás rexentaban na estación de tren de Ribadavia, a uns vinte quilómetros da fronteira con Portugal. Un día as irmás atopáronse cun home que estivo durante horas nun banco da estación. Lola achégase ao forasteiro a ofrecerlle a súa axuda e este cóntalle que é xudeu e que está escapando do inferno.
Así se iniciaba unha rede clandestina que arrincaba nos Pirineos, remataba á outra beira do Río Miño, en Portugal, e que converteu a Ribadavia nun dos epicentros mundiais de axuda aos xudeus.
Entre os pasaxeiros da liña Hendaya-Vigo atopábanse moitos xudeus que fuxían dos nazis, cruzando a fronteira francesa cara a España, co obxectivo de chegar a Portugal para partir rumbo a Estados Unidos ou Sudamérica.
A ruta de escape |
Cando comenzou ás presas a voz de que tres irmás de Ribadavia axudaban aos seus a cruzar a fronteira con Portugal, os xudeus viaxaban a España cun destino claro: Preguntar por "A Nai" nome en clave de Lola Touza. Unha vez localizada na estación, esta escondíaos na súa tenda (na que había un zulo excavado na terra) ou no sótano da súa casa, ata que fose seguro atravesae a fronteira e chegar a Portugal.
Pero, ademais das irmás, outros heroes axudaron a levar esta gesta a bo porto, dous taxistas, Xosé Rocha e Javier Míguez, un emigrante retornado, Ricardo Pérez, que facía de intérprete, e o barqueiro que lles axudaba a cruzaba o Río Miño, Ramón Estévez.
A historia permaneceu oculta ata que, en 1964, un vello xudeu de Nova York quixo saber que fora daquela muller que unha noite sen lúa axudoulle a cruzar a fronteira cara á liberdade. A investigación chegou ás mans do escritor Antón Patiño, que xurou non contar a historia ata que as tres irmás falecesen.
Heinrich Himmler, líder da Gestapo |
Máis de 500 xudeus salvados
Estímase que as irmás salvaron a máis de 500 xudeus entre os anos 1941 e 1945 e que a temida Policía Secreta Nazi, a Gestapo, visitou en máis dunha ocasión o pobo de Ribadavia preguntando por "A Nai". Nunca chegaron a saber quen era.
En setembro de 2008, o Concello de Ribadavia instalaba unha placa en homenaxe no que unha vez foi o seu domicilio natal: "Ás tres irmás Lola, Amparo e Julia Touza. Loitadoras pola Liberdade".
Ese mesmo ano, o Centro Peres pola Paz plantou en Jerusalén unha árbore, co nome de Lola Touza, que recorda a sua labor.
Desde entón, a familia espera que se lles outorgue o título de Xustas entre as Nacións, o máximo recoñecemento oficial que outorga o Estado de Israel que, ata o día de hoxe, só seis españois ostentan.
"Para que se lles conceda este título débense cumprir tres requisitos: que salven a un xudeu, que o fixeran arriscando as súas vidas e que se levara a cabo de forma desinteresada. Elas cúmprenos todos",
O Servizo Secreto Británico contaba con infraestructura en Galicia, debido á importancia desta comunidade no comercio de Wolframio, e seguían de cerca aos alemáns. O MI5 anunciou que no futuro desclasificara material confidencial da guerra, polo que é posible que nos documentos desclasificados apareza "A Lista de Lola", e poder coñecer o número exacto de xudeus aos que axudaron.
Lola Touza morría en 1966 na súa casa de Ribadavia por mor dun fallo cardíaco producido por un derrame cerebral. "Tiña o corazón demasiado grande"
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
Fuentes: EL ESPAÑOL QINCEMIL
Iván Fernández Amil
www.é.foursquare.com
blog:galiciasolidaria.
www. mirfaces.com
www.elmundo.és
www.peru.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901