CAPILLA DE CALVOS DE ARRIBA
BANDE
OURENSE
Santiago de Calvos é unha parroquia sita no municipio de Bande, na provincia de Ourense, en Galicia (España).
Aldea de Arriba, Vilamea, Ribas, e A Igrexa.
Limita con Verea ao norte e leste, con Sarreaus ao sur, e con Corbelle ao oeste. Está a 40 quilómetros de Ourense (capital), e 30 da fronteira con Portugal.
Poboación
A poboación total alcanzou varios centenares a principios do século XX, antes de coñecer unha importante baixada, por unha importante ola de emigración (a Arxentina e Uruguay a principios do século XX; a Venezuela na década dos 50; e a Suiza e Francia a partir dos anos 60).
Hoxe considérase que hai 140 habitantes na parroquia:
Aldea de Arriba:43; Vilamea:12; Ribas:56; A Igrexa:29
Economía
A maioría da poboación dedícase á agricultura.
Cultura e etnografía
O primeiro domingo de xullo celébranse os "Cultos", festividade da comunidade evangélica da zona.
O primeiro fin de semana de Outubro celébrase a "A Virxe da Vitoria", celebración católica.
En 2008, decidiuse restaurar o patrimonio da aldea, conformado por catro hornos e nove molinos.
Bande
Bande é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.591 habitantes. O seu xentilicio é bandés
Xeografía
O concello de Bande ten 99 km² e está dominado polos Montes de Bande, ao norte, que son ramificacións da Serra de Leboreiro. As altitudes máximas atópanse neles: Porto Lamas (1146 m) e Fonte Santa (1088 m). Polo sur discorre o río Limia, que forma o Encoro das Conchas, e de noroeste a sueste vai o río Cadós, que desemboca nel. Os bosques cobren dous terzos do terreo e o resto ocúpano cultivos e lameiros.
Demografía
Censo total
1.591 (2018)
Patrimonio arqueolóxico
Nas escavacións do campamento romano de "Aquis Querquennis" atopáronse, entre outros obxectos, unha estatuíña que representa un lexionario.
No castro de Rubias atopouse unha cabeza pétrea de guerreiro de época galaico-romana, coñecida como Cabeza de guerreiro de Rubiás e que se conserva no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Patrimonio arquitectónico
En 1921 declarouse Monumento Nacional a Igrexa de Santa Comba de Bande. En 1944 declarouse Monumento Histórico Artístico a ponte de Ponte Pedriña, de orixe romana, asolagada ese mesmo ano polo encoro das Conchas.
Na antiga igrexa de Baños destapouse unha lápida coa inscrición "Alepio de 19 anos morto en Cristo no ano 545", que na actualidade tamén se atopa depositada no museo ourensán e se considera como unha das máis antigas que se coñecen dun enterramento cristián.
Economía
A agricultura ocupa o 50 % da poboación, que se complementa co gando ovino e vacún. Desde a década de 1930 a poboación reduciuse a un terzo debido á emigración, primeiro á Arxentina e Uruguai, despois a Venezuela e a partir da década dos 50 maioritariamente a Europa (Suíza, Francia e Alemaña).
Parroquias de Bande
Bande (San Pedro), Os Baños (San Xoán), Cadós (Santiago), Calvos (Santiago), Carpazás (San Pedro), Corvelle (Santa María), Garabelos (San Xoán), Güín (Santiago), Nigueiroá (Santiago), O Ribeiro (San Pedro Fiz), Santa Comba (San Trocado), Vilar (San Pedro Fiz)
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901