martes, 13 de agosto de 2019

MUIÑOS EN MEZONZO - RIO DAS GÁNDARAS - MEZONZO - VILASANTAR

MUIÑO EN MEZONZO
RÍO DAS GÁNDARAS
MEZONZO
VILASANTAR


Vilasantar
     Vilasantar é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos.



Situación
     O concello de Vilasantar está situado no sur da Comarca de Betanzos, entre as cidades de Santiago, A Coruña e Lugo, a uns 40 km en liña recta das tres. 



     Limita ao norte cos concellos de Curtis e Oza-Cesuras, ao oeste co concello de Mesía, ao leste co de Sobrado e ao sur co de Boimorto. A súa superficie é de 59,2 km². A capital é Ru.


Demografía
      Segundo o Instituto Nacional de Estadística no 2018 tiña 1.225 habitantes, dos cales 645 eran homes e 580 mulleres. 



     A poboación sofreu un descenso do 70% dende 1950, cando o concello contaba con 4.094 habitantes. 


     No tocante ás vivendas, no ano 2011 había no concello 998 edificacións, a metade delas construídas antes de 1950, e delas, 267 que datan de antes de 1900.


Patrimonio
Patrimonio arqueolóxico
     No concello atópanse xacementos de varias épocas. Están identificados os seguintes:



Castro de Armental 
Mámoa da Revolta    
Castro de Ril     
Mámoa de Guiliade    
Castro de Parrando     
O Castro de Viladarcas  
Castro A Roda de Igrexafeita   
Castro de Cernadas  
Castro do Batán     
Mámoa da Ponte do Sapo 
Os Castros de Cezar
Castro de Mourengos
Castro das Corredoiras     
Castro de Follente
Castro de Vilariño 
Campamento romano da Ciadella 
Mámoas de Fanegas     

Mámoas de Pedriño     
Mámoas do Monte Vilariño    
Mámoas da Lagoaceira     
Mámoa do Monte da Gándara
Necrópole da Areosa 
Vía romana de Fanegas 


Patrimonio arquitectónico relixioso
No patrimonio relixioso do concello destacan:

 

    Mosteiro de Santa María de Mezonzo. Este mosteiro, do que practicamente só se conserva a igrexa de estilo románico, atópase no Priorato. A súa orixe probablemente estea na época sueva, aínda que o mosteiro que hoxe coñecemos foi fundado polo abade Reterico no século IX. Máis tarde pasou a depender do mosteiro de Sobrado. No ano 955, ingresou no mosteiro Pedro de Mezonzo, quen despois se converteu en abade.
    Santuario de Nosa Señora da Laxe. Situado na Laxe, trátase dunha edificación do século XVIII de estilo barroco. Conta cun importante retablo rococó, no que se custodian catro imaxes de Gambino.
    Igrexa de Présaras. Situada en Eirixe, foi construída no século XVIII con planta rectangular, cantería de granito, dous arcos de medio punto e fachada de estilo neoclásico.



    Igrexa de Barbeito. Está situada na Xarela. Con planta rectangular dunha nave, cantería de granito e fachada principal con porta alintelada.
    Igrexa de Vilasantar. Atópase en Ru e foi construída a comezos do século XIX. Ten planta de cruz latina formada por dous corpos rectangulares de distinta altura e unha ábsida rectangular. A ábsida e o altar están separados por un arco triunfal de medio punto. Construída con cachotería revocada e pintada de branco, agás nos esquinais e enmarcados dos vans que son de cantería de granito visto.



     A listaxe completa de igrexas, capelas e edificios relixiosos do concello é a seguinte:
Igrexa de San Martiño de Armental 

Santuario de Nosa Señora da Laxe    
Peto de ánimas da Laxe 
Igrexa de San Salvador de Barbeito   
Casa reitoral de San Salvador de Barbeito     

Capela de Santo André     
Mosteiro de Santa María de Mezonzo    
Casa reitoral de Santa María de Mezonzo 
Capela de San Pedro  
Ermida de San Paio  
Igrexa de San Pedro de Présaras    

Casa reitoral de Présaras 
Igrexa de San Vicenzo de Curtis    

Igrexa de Santa María de Vilariño     
Casa reitoral de Santa María de Vilariño  
Igrexa de Santiago de Vilasantar    
Casa reitoral de Vilasantar


Patrimonio arquitectónico civil
     En canto á arquitectura non relixiosa máis destacable do concello temos os seguintes pazos:



    Pazo de Présaras. Construído en Eirixe no século XVIII por Valentín Sánchez de Boado, un indiano regresado do Perú, que tamén construíu a igrexa. O pazo ten forma de "L" a dúas alturas, feito con muros de carga de cachotaría. Baixo o mesmo teito conviven a vivenda e a casa reitoral.


    Pazo de Mende. Situado nunha gran leira en Mende con hortas e prados, rodeada de carballos de grande idade. É de planta baixa e ten un frontón semicircular con escudo. Conta con capela propia, cun amplo soportal.
    Pazo de Zanfoga. Este pazo do século XVIII atópase na aldea de Zanfoga. É de estilo barroco, construído con cachotaría de xisto e cantería de granito nos elementos nobres. Pertenceu a Emilia Pardo Bazán e á súa familia.



     O patrimonio arquitectónico rexistrado no concello é o seguinte:
Casa do Castro 

Pazo de Zanfoga 
Casa de Neira  
Pazo de Mende 
Casa de Mera 

Pazo de Opa
Pazo do Fachal  

Pazo de Panacioi    
Pazo de Présaras   
Casa de Eirixe    
Casa das Medallas 
Casa Grande de Vilariño 


Patrimonio etnolóxico
Muíño de Vasques
     Conta cun importante patrimonio etnolóxico con numerosos muíños á beira dos distintos ríos e regatos do concello, e incluso un batán en perfecto estado, O Batán de Mezonzo, un dos poucos conservados en Galicia e tal vez un dos máis antigos. Situado xunto a unha gran cascada do río das Gándaras, crese que foi construído polos monxes do mosteiro de Mezonzo.



     Existe unha ruta de sendeirismo chamada Ruta dos Muíños, que discorre xunto a 22 muíños das parroquias de Mezonzo e Barbeito, como o Muíño de Vasques ou o Muíño da Ponte do Sapo.


Etnografía
Festas e romarías
    Romaría da Santa Cruz, celébrase xunto á capela de San Paio en Aguión, sobre o día 3 de maio.
    Romaría Nova de Armental, celébrase en Eirixe, a segunda fin de semana de agosto
    Festa de San Pedro de Présaras, celébrase na Carballeira sobre o día 29 de xuño.
    Festa de Santiago de Vilasantar, celébrase en Ru sobre o 25 de xullo.
    Festa de Santa María de Mezonzo, celébrase no Priorato sobre o 10 de setembro.
    Festa de San Roque de San Vicenzo, celébrase en Eirixe sobre o 16 de agosto.
    Festa de San Bartolomé de Barbeito, celébrase na Xarela sobre o 24 de agosto.
    Festa de San Paio de Vilariño, celébrase en Eirixe, sobre o 26 de xuño.
    Festa da Ascensión da Laxe, celébrase na Laxe o día da Ascensión.
    Festa do outono de Armental, celébrase en Eirixe sobre o día de San Martiño, o 11 de novembro.
    Festa de San Miguel de Présaras, celébrase na Carballeira sobre o 29 de setembro.
    Festa da Inmaculada Concepción de San Vicenzo, celébrase en Eirixe sobre o 19 de maio.
    Festa de Santa Minia en Vilasantar, celébrase en Ru sobre o 27 de setembro.



Parroquias de Vilasantar    
Armental (San Martiño), Barbeito (San Salvador), Mezonzo (Santa María), Présaras (San Pedro), San Vicenzo de Curtis (San Vicenzo), Vilariño (Santa María), Vilasantar (Santiago) 


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901