lunes, 9 de julio de 2018

SANTUARIO DE NOSA SEÑORA DO VAL DE POULO - GOMESENDE

SANTUARIO NOSA SEÑORA DO VAL
GOMESENDE
OURENSE


SANTUARIO DE NOSA SEÑORA DO VAL DE POULO
     Santuario situado no monte. O edificio, sen terminar, é barroco. No exterior destaca o dobre cimborrio, anterior e posterior, ambos son octogonais e rematados en lanterna.



      No interior destaca a cuberta, de cúpula, levantada sobre pechinas, totalmente lisa e apenas decorada. O máis destacado é o retablo, labrado en pedra. 


     Ten tres cales e tres corpos, coroados por unha hornacina que alberga unha imaxe do Espírito Santo. Presidíndoo todo atópase a imaxe de Nosa señora do Val. 


Gomesende
     Gomesende é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 829 habitantes (1105 en 2003).



Xeografía
     O concello, de 28,3 km², pertence á comarca da Terra de Celanova. Limita ao norte con Cartelle, ao sur con Quintela de Leirado, ao leste con Ramirás e ao oeste coa Arnoia, Cortegada e Pontedeva.



     Está atravesado polo río Arnoia, o Deva e o río de San Francisco. Os maiores cumios son o Marco das Cruces (869 m, pertencente á serra da Moura) e os montes do Viso e Silva Escura (600–700 m, pertencentes á serra do Laboreiro).



Historia
     Durante a idade media o mosteiro de Celanova tiña xurisdición na parroquia de San Lourenzo de Fustáns. As demais parroquias formaban parte dun señorío real, se ben a Herdade de San Miguel de Gomesende foi doada en 1214 por Afonso IX á catedral de Ourense.



     Posteriormente, algunhas terras volveron a mans de nobres. Os Puga tiñan padroado da igrexa de Poulo (onde se conservan escudos e unha tumba desta liñaxe) e das parroquias de Meréns e Louredo (Cortegada).



     As terras estaban cruzadas polo camiño real que ía desde Pontevedra a Celanova pasando pola Arnoia, por onde ía o viño do Ribeiro para embarcalo.



Patrimonio
     O Santuario da Nosa Señora da Guía é un templo de arquitectura neoclásica. Ten unha fachada de retablo, cun frontón con volutas inversas nos extremos rematadas con pináculos de bólas. Ten un primeiro corpo con dous vaos coas campás, rematado no centro cun corpo dun só vao coroado cunha cruz. No lado leste ten ábsidas rectangulares, coroadas por pináculos terminados en bólas, e unha fiestra cadrada tapada no interior por retablos. Este santuario ten importancia como centro mariano de peregrinación.



     O Santuario da Nosa Señora do Val de Poulo é outro centro de peregrinación mariana, que antigamente tiña máis importancia có anterior. Está situado no monte. É de arquitectura barroca, se ben non se chegou a rematar o proxecto orixinal, que incluía un cenobio dependente da igrexa parroquial, e quedaron baixos os muros de peche. Ten un dobre ciborrio octogonal anterior e posterior, destacando en altura. A carón deste templo había unha antiga capela, conservándose restos de muros derrubados e fontes de baños ó redor do templo vello.



     Outros templos barrocos son as igrexas do Pao, Poulo e Fustáns. Hai outra ermida en Santiago de Viñal (O Pao).



     Existen casas señoriais en Guielas e A Pombiña (O Pao) e a de Pumar (Sobrado, Poulo).



Turismo
     Gomesende conta con parte da ruta homologada de sendeirismo PR-G 143 "Roteiro do río Arnoia".



     É unha ruta de sendeirismo lineal duns 11 km con principio/fin no Santuario da Nosa Señora do Val (Concello de Gomesende) e fin/inicio en Escudeiros (Concello de Ramirás).



Parroquias de Gomesende
     A Guía (Santa María), O Pao (Santa María), Penosiños (San Salvador), Poulo (San Pedro), San Lourenzo de Fustáns (San Lourenzo), O Val (Santa María)



Comarca da Terra de Celanova
     A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova.



     A cal pertencen os concellos de A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea. 


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901