RATEL
PRESQUEIRAS
FORCAREI
Ratel
Ratel é un lugar da parroquia de Santa Mariña de Presqueiras, no concello pontevedrés de Forcarei.
Segundo o IGE do 2008 contaba con 9 habitantes deles 5 homes e 4 eran mulleres, o que supón que se diminuíu a poboación desde 2007.
Lugares de Santa Mariña de Presqueiras
Alfonsín ,Cernadel, Devesa de Abaixo, Devesa de Arriba, Fontegrande, Penalba, Ratel, Regotraveso.
Parroquias de Forcarei
Aciveiro (Santa María) , Castrelo (Santa Mariña), Dúas Igrexas (Santa María), Forcarei (San Martiño), A Madanela de Montes (Santa María Madanela), Meavía (San Xoán), Millarada (San Amedio), Pardesoa (Santiago), Pereira (San Bartolomeu), Quintillán (San Pedro), San Miguel de Presqueiras (San Miguel),| Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña), Ventoxo (San Nicolao)
Presqueira
Santa Mariña de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes.
Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 195 habitantes (120 mulleres e 75 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 222 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 125 habitantes, sendo 52 homes e 73 mulleres.
Forcarei
Forcarei é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en en 2015 tiña 3683 habitantes. O seu xentilicio é forcareiés.
Xeografía
Forcarei é un concello situado ao norte da provincia, linda cos concellos de Cerdedo, Silleda, A Estrada, Lalín, Beariz e A Lama.
Historia
En 1833 creouse o concello de Forcarei, se ben entre 1858 e 1862 denominouse Soutelo de Montes.
Patrimonio
Na capital municipal atópase a igrexa parroquial, dedicada a san Martiño. É obra de finais do século XVIII, do mestre canteiro Pedro Varela e o mestre asentador Pedro Gutiérrez. Orixinalmente era de planta de cruz latina pero en 1961 o arquitecto Javier García Santoro ampliou o brazo dereito. A única decoración da fachada, de estilo neoclásico, é unha pequena imaxe da Virxe nunha fornela sobre a porta. Á esquerda da fachada érguese a torre campanario, de sección cuadrangular no primeiro corpo e octogonal no segundo, e rematada nunha pequena cúpula.
Nas escaleiras de acceso á igrexa atópase un cruceiro construído a finais do XIX por Xosé Ferreiro. Este cruceiro estaba situado no centro da praza pero foi trasladado cando se acometeu a remodelación da praza e a construción do edificio do concello.
A Casa do Concello foi proxectada polo arquitecto pontevedrés César Portela.
Na parroquia de Santa María de Aciveiro sitúase o Mosteiro de Santa María de Aciveiro que ocupou un papel fundamental na rexión desde a súa constitución no século XII ata o ano 1893. Na actualidade é un Hostal Monumento co nome de Hospedería de San Gonzalo das Penas.
Sendeirismo
Forcarei conta con dúas rutas homologadas de sendeirismo: o PR-G 100 "Sendeiro Natural Aciveiro - Candán", e o PR-G 113 "Ruta das Pontes do Lérez".
A primeira é unha ruta sendeirista circular de 15 km con principio e fin no coñecido Mosteiro de Aciveiro. A segunda é lineal duns 14 km con principio/fin no Mosteiro de Aciveiro e remate/inicio en Gaxín.
A comarca de Tabeirós - Terra de Montes
A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é A Estrada. Pertencen a esta comarca os concellos de Cerdedo, A Estrada e Forcarei. A comarca como o seu nome indica está formada por dúas partes diferenciadas, por unha banda Tabeirós (integrada polo concello da Estrada) e por outra banda a comarca histórica de Terra de Montes.
Localización e características
Esta comarca de 528,98 km² sitúase entre as Terras do Deza e as da costa e nela distínguense dúas unidades xeográficas distintas: a Terra de Tabeirós ao norte, que forma parte do val do Ulla, e a zona montañosa da Terra de Montes ao sur.
En 2014 a poboación era de 26.753 habitantes, dos cales 21.197 vivían no concello da Estrada, o que é indicativo do carácter de núcleo reitor comarcal desta vila. As cidades máis importantes preto da comarca son Compostela e Pontevedra.
A Terra de Montes conformouse desde a división parroquial que realizaran os reis suevos Teodomiro e Miro na segunda metade do século VI. A comarca consolidouse coa súa incorporación á sede arcebispal de Iria Flavia.
En 1115 o arcebispo Xelmírez, por doazón de Dona Urraca, construíu a torre-fortaleza do Castro de Montes, desde a que os xuíces-meiriños gobernaban a comarca. En 1135 construíuse o mosteiro de Aciveiro, arredor do cal se creou unha importante actividade comercial e artesanal a partir do século XII.
Demografía
A comarca de Tabeirós - Terra de Montes está a ser unha zona onde a sangría demográfica é constante: entre 2000 e 2009 a comarca perdeu de 1.383 habitantes (un 4,64% da poboación).
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901