IGREXA MONACAL DE LOBÁS
SANTA OUXEA DE LOBÁS
CARBALLIÑO
OURENSE
Santa Ouxea de Lobás é unha parroquia do concello de O Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 contaba con 256 habitantes, deles 124 eran homes e 132 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Na parroquia está situado o mosteiro de San Pedro de Lobás e o Castro do Coto de Mosteiro.
O Carballiño é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca do Carballiño, á que dá nome. Segundo o INE en 2011 tiña 14.145 habitantes. O seu xentilicio é carballiñés ou carballinense.
Está rodeado pola serra do Faro e o val do río Avia. Pola vila pasa o principal río da comarca, o Arenteiro, do que son afluentes o Pedríña, Oseira e Marañao. Outros curso fluviais do concello son o Viñao, o Barbantiño e o Cardelle.
A poboación do Carballiño naceu a mediados do século XVIII. Daquela o lugar pertencía á parroquia de Partovia, dependente da xurisdición do mesmo nome, e á súa vez dependente do mosteiro de Oseira. Comezou a celebrarse no lugar unha feira para acadar beneficios económicos, en contraposición a outras feiras celebradas nas xurisdicións da contorna, pertencentes ao Conde de Ribadavia e a outros mosteiros.
A Comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.
No ano 2012 tiña 28.891 habitantes, deles 13.779 eran homes e 15.112 mulleres, no 2008 tiña 29.794 habitantes, 14.214 homes e 15.580 mulleres.
As ruínas do monasterio sitúanse no centro do pobo Mosteiro.
Consta dunha soa nave, en xeral caracterízase pola sinxeleza das súas liñas. Non obstante destaca a fachada: Presenta unha espadaña de dous corpos e unha pequena urna coa estatua de Santa Bárbara sobre a ventá. O retablo maior é do século XVIII. Cabe destacar a prataría da Igrexa, principalmente un cáliz proveniente de San Paio de Antealtares.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901