MUIÑO REGO DO PORTO
A MADANELA
A GRAÑA
FORCAREI
PONTEVEDRA
A Terra de Montes ten
de todo coma en botica
bos canteiros, bos gaiteiros
e bos cregos para dicir misa
de todo coma en botica
bos canteiros, bos gaiteiros
e bos cregos para dicir misa
Quizais non haxa outra maneira tan sinxela de definir a esta terra, na que sempre conviviron, conxunta e inseparablemente, o amor pola pedra labrada, a vida relixiosa xurdida do mosteiro de Aciveiro e as tradicionais romarías, animadas polos máis avezados gaiteiros.
Santa María de Madanela
Esta parroquia conta tamén cunha importante riqueza arqueolóxica, da que cabe salienta-lo castro de Sanguñedo, de forma case elíptica e con fortificacións anexas de considerable tamaño.
Da Madanela tamén proceden dous urcéolos de época romana que se conservan no Museo de Pontevedra e nun dos cales figura a inscrición epigráfica AQUILI / DLT. Existen ademais restos dunha necrópole no lugar coñecido como a Braña dos Mouros, onde apareceron tégulas e laxas de pedra traballada.
De notable interese resulta tamén a igrexa parroquial, obra de vangarda legada polo talante altruísta do constructor Alfredo González Barros, que posuía unha casa de estilo modernista no mesmo pobo de Soutelo de Montes, erguida no ano 1931 por Manuel González Barros, coa curiosa característica de te-los azulexos elaborados a man un a un por artesáns portugueses nos anos 30.
Non se pode esquecer, na visita a Soutelo, o monumento ós Gaiteiros sito na praza tamén consagrada á súa lembranza, no centro do núcelo urbano, en fronte do Parque Venezuela, onde se pode ollar un mapa da Terra de Montes tallado en pedra pola Escola de Canteiros.
Serra do Candán
No corazón da provincia de Pontevedra agáchase un dos recantos paisaxísticos máis fermosos de Galicia. A Serra do Candán, liña natural entre os concellos de Silleda, Lalín e Forcarei, é lugar de visita obrigada para os amantes da natureza no seu estado máis puro.
As paisaxes que compoñen os arredores da Serra do Candán crávanse para sempre na retina do que os visita. Presidindo a Comarca de Terra de Montes érguese esta cadea montañosa que baixo a súa rexa aparencia protexe ó concello que a acolle: o de Forcarei. Territorio de riqueza ecolóxica e de fértiles terras gracias sobre todo á magnanimidade do río Lérez.
Son múltiples os camiños polos que paga a pena perderse para chegar a descubrir recunchos fascinantes. Agora súmase a todos eles o trazado dunha nova ruta verde que quere levar a cabo a Xunta de Galicia. Gracias a ela o camiñante poderá coñecer marabillosos lugares sitos entre o Mosteiro de Acibeiro e a Serra do Candán.
Pero antes de que se leve a cabo esta iniciativa, o visitante debe saber que son varias as rutas que o conducen a través destas paraxes.
Esta ruta esténdese ó longo de once quilómetros transcorrendo por lugares cheos de encanto como Masgalán, o cumio de Seixiños Brancos, Porto Candán ou as aldeas de Grobas e Bustelos.
En espera, polo tanto, de que o ansiado proxecto da Xunta sexa levado a cabo, paga a pena deixarse caer nestes días de outono por unhas paraxes, especialmente belas nesta época do ano.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901