CAPILLA DOS DESAMPARADOS
LEIRO
BRIÓN
BOIRO
Esta pequena capela sitúase á beira do recinto do Pazo dos Torrado de Brión, do que formaba parte.
Foi fundada por D. Diego Manuel Torrado en 1783 co motivo da súa coxeira, que o impedía asistir ós actos relixiosos na Igrexa Parroquial de Leiro.
A capela presenta planta rectangular con dúas entradas, unha delas dende o recinto do pazo. Nun lateral engadiuse anos máis tarde a sacristía.
Os muros son de cachotería, agás a fachada principal que é de canteiría. O interior cóbrese cunha bóveda de canón rebaixada.
Presenta un pequeno coro de madeira ó que antigamente se accedía por escaleira exterior de pedra. Actualmente ten escada interior de madeira.
A fachada principal presenta sinxela porta sen decoración e un pequeno oco de iluminación, entre os que se atopa o escudo da familia.
A cuberta é a dúas augas, de tella curva do país.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
Esta mal situada. Esta en brion, rianxo (non boiro).
ResponderEliminarGracias..
Eliminar