jueves, 9 de octubre de 2025

CRUCEIRO DO ADRO - LIÑARES - BAÍSTE - AVIÓN

 CRUCEIRO DO ADRO

LIÑARES

BAÍSTE

AVIÓN

 Liñares
     Liñares é un lugar da parroquia de Baíste no concello ourensán de Avión na comarca do Ribeiro.  

     Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 132 habitantes (58 homes e 74 mulleres), dous máis ca en 2010 (58 homes e 72 mulleres). 

     En 2009 tiña 149 habitantes (65 homes e 64 mulleres) segundo datos do concello de Avión.

Baíste
      Santa María de Baíste é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense. 

    Está situada ao noroeste do concello, lindando ao norte co municipio de Beariz (a través do río Doade) e ao oeste coa Lama (provincia de Pontevedra), coa que limita a través da serra do Seixo.

Poboación
     Segundo o IGE en 2017 tiña 160 habitantes, 86 menos ca en 2010 (116 homes e 130 mulleres) e 166 menos ca en 2000.

Cultura
      Entre o patrimonio arquitectónico destacan a igrexa parroquial (no lugar de Baíste), a capela de San Xoán en Rubillón, e a ermida de Santa Sabela en Liñares.  

     Existen dous conxuntos con numerosos hórreos en Baíste e Rubillón.

     No lugar de Rubillón existen numerosas vivendas de recente construción e de grandes dimensións, propiedade de emigrantes retornados de México. Isto contrasta coas numerosas casas vellas abandonadas, de arquitectura tradicional.

     Nos lugares de Baíste e Rubillón rodou Chano Piñeiro a curtametraxe Mamasunción (1984). 

Lugares de Baíste
     Acevedo, Baíste, Liñares, Rubillón 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

miércoles, 8 de octubre de 2025

CRUCEIRO DE ARÉN - CAMIÑO REAL - ARÉN - SAMIEIRA - POIO

CRUCEIRO DE ARÉN

CAMIÑO REAL

ARÉN

SAMIEIRA

POIO

    Cruceiro de plataforma dun so chanzo e pequeno baseamento de arestas redondeadas. 

     O varal é no comezo de planta cadrada pero pasa a pouca altura a ser octogonal. 

     Amosa varias incripcións, polo reverso, no tramo cuadrangular, unha cruz, e polo lateral dereito por debaixo da súa altura media, un epígrafe non lexible. 

     Na súa altura media tamén podemos ver un santiño que porta Mitra, báculo na man esquerda e libro na dereita. Ten un labra sen detalle.

   O capitel está labrado moi polo miúdo. Amosa volutas angulares que se montan sobre unha moldura. 

As cabezas de querubíns aparecen enriba das molduras sobre o equino non sendo no anverso no que vemos unha caveira. As tibias aparecen baixo a forma da moldura.

     A Cruz é latina e sinxela cun Cristo baixo cartela de INRI no anverso acompañado pola Virxe e San Xan. Ámbolos dous son representado xerarquicamente nun tamaño menor. 

No reverso, vemos a Virxe cos pes apoiados sobre a cabeza dun querubín, levando no colo ao meniño Xesús e na súa man dereita unha folla de palma. 

MAPA 

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE NOSA SEÑORA DE LODAIRO - CARBALLEDA DE AVIA

 IGREXA DE NOSA SEÑORA DE LODAIRO

CARBALLEDA DE AVIA

 Carballeda de Avia
     Carballeda de Avia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro.  

     Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1390 habitantes (1596 en 2003).

     O seu xentilicio é carballedés ou aviao. 

Xeografía
     O concello ten 46 km² e abrangue oito parroquias. Está situado entre as serras do Faro e do Suído.

Historia
     Consérvanse restos da cultura castrexa no poboado de Coto da Moura. Durante a idade media e o antigo réxime a zona pertenceu aos condes de Ribadavia, Lemos e Monterrei., así como ós mosteiros de Celanova, Melón e Oseira.

Patrimonio
      A igrexa de Abelenda das Penas é de orixe románica, e estivo relacionada coa Orde do Temple. Preto dela hai un cruceiro do século XVII e restos romanos. No adro da igrexa de San Pedro de Beiro hai un cruceiro con pousadoiro. En Beiro destaca tamén a casa do Priorato.

     A igrexa de Muimenta é románica, e nesta parroquia hai unha eira con numerosos canastros. A ermida da Nosa Señora do Lodairo é de estilo románico de transición a gótico, cun peto de ánimas próximo. A igrexa de San Miguel en Carballeda de Avia é barroca.

Patrimonio natural
      Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, onde atopamos formacións rochosas senlleiras e un importante patimonio natural. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SANTIAGO DE CERCIO - CERCIO - LALÍN

 IGREXA DE SANTIAGO

CERCIO

LALÍN

Igrexa de Santiago de Cercio
      Construída no ano 1700. Posúe planta de cruz latina, dunha soa nave, con cruceiro destacado en altura, e cuberta a catro augas, ao igual que as capelas e sancristía, mentres que a nave ten teito a dúas augas.

      A súa fachada é de pedra á vista, co resto dos muros exteriores revocados. 

      Na portada, de estilo barroco, destaca un gran escudo mariano e unha imaxe pétrea da Virxe do Carme sobre o eixo da porta, alintelada. 

      A espadana, sobre o eixo da igrexa, é de dous corpos separados por cornixas, o primeiro con dous arcos e o segundo cun só arco, rematado con frontón curvo e decoración de pináculos.

Cercio
     Santiago de Cercio é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. 

      Segundo o IGE en 2011 tiña 246 habitantes (126 mulleres e 120 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 285 habitantes.

Patrimonio
      Cercio conserva unha igrexa construída no ano 1700 e un cruceiro levantado en 1908. 

      No chamado Coto das Covas consérvase a entrada dunha escavación subterránea, da que se di que os romanos extraeron ferro, estaño e volframio, aínda que semella máis unha simple cala de prospección.

Festas
     O 14 e o 15 de setembro celebra as súas festas patronais, en honor á Virxe dos Milagres. 

MAPA

  

XOAN ARCO DA VELLA

 

martes, 7 de octubre de 2025

IGREXA DE SANTA CRUZ DE LAMAS - A IGREXA - LAMAS - MORAÑA

 IGREXA DE SANTA CRUZ

A IGREXA

LAMAS

MORAÑA

 A Igrexa
      A Igrexa é un lugar da parroquia de Lamas no concello pontevedrés de Moraña, na comarca de Caldas

Toponimia
       O topónimo A Igrexa (do latín (locus) ecclesiae, o lugar da igrexa) débese á presenza no lugar da igrexa de Santa Cruz de Lamas.

Lugares de Lamas
     A Aldea da Fonte, Chaián de Abaixo, Grixó, A Igrexa, A Peroxa, Silvoso, O Souto 

Lamas
     Santa Cruz de Lamas é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. 

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 346 habitantes (176 homes e 170 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 365 habitantes. 

      Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 323 habitantes, sendo 154 homes e 169 mulleres.

Toponimia
     O topónimo provén do latín lama, e indica un lugar con lama ou lodo. 

Comarca de Caldas
      A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis.  

     Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA