domingo, 18 de agosto de 2024

IGREXA DE SANTA MARÍA DE MESEGO - MESEGO - O CARBALLIÑO

 IGREXA DE SANTA MARÍA

MESEGO

O CARBALLIÑO

 Mesego
     Santa María de Mesego é unha parroquia do concello do Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

      Segundo o IGE en 2011 tiña 370 habitantes, deles 173 eran homes e 197 eran mulleres, o que supón unha diminución de 22 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Lugares de Mesego
       O Alboio, Mesego, Mesego de Cabo.

O Carballiño
      O Carballiño é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca homónima.

      Segundo o INE en 2022 tiña 13.932 habitantes. O xentilicio é carballiñés.

Xeografía
        Está rodeado pola serra do Faro e o val do río Avia. Pola vila pasa o principal río da comarca, o Arenteiro, do que son afluentes o Pedríña, Oseira e Marañao. Outros cursos fluviais do concello son o Viñao, o Barbantiño e o Cardelle.

Comarca do Carballiño
      A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal.

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Poboación
     No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


CAPELA DE SANTA MARIÑA - SOUTELO - RABIÑO - CORTEGADA

 CAPELA DE SANTA MARIÑA

SOUTELO

RABIÑO

CORTEGADA

Soutelo
      Soutelo é un lugar da parroquia de Rabiño no concello ourensán de Cortegada na comarca do Ribeiro. 

      Tiña 33 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 16 eran homes e 17 mulleres.

Lugares de Rabiño   
  
   Os Antóns, A Eirexa, Os Muíños, Rabiño, Seixomil, Soutelo, O Vao

 Rabiño

       San Bieito de Rabiño é unha parroquia do concello de Cortegada, situada na provincia de Ourense, na comarca do Ribeiro.

     No ano 2007 tiña 176 habitantes, dos cales 85 eran homes e 91 eran mulleres.

     Limita ao Norte con Meréns e Louredo, ao leste con Soutelo, ao sur coa Barca e ao oeste co Río Miño.

Historia
     En 1893 constituíronse as novas parroquias de Cortegada e Louredo, segregándose de Rabiño.

Patrimonio
    Muíños da levada, aproveitando o regato que nace en Louredo e baixa ata o Miño.
    Capela da Santa Mariña de Soutelo.
    Igrexa parroquial: templo barroco construída baixo o dominio do veciño mosteiro de Celanova. A igrexa é de planta de cruz latina en granito do país, cunha soa nave cuberta de arcos de medio punto ata desembocar no cruceiro, onde se forman tres bóvedas sostidas por nervaduras, de catro brazos nos laterais e dezaseis na bóveda da cabeza, onde o deseño debuxa un rombo dividido en catro espazos de lados convexos, as nervaduras están pintadas ou ben son de mármore veteado marrón; as capelas laterais ostentan como claves das súas nervaduras debuxos do sol e a lúa humanizados por un rostro, as claves das nervaduras da bóveda principal teñen decoración vexetal, unha cruz asturiana e unha lúa acompañada de dúas estrelas. Na sancristía a bóveda está sostida por catro nervaduras reunidas nunha clave que ten tallado un sombreiro eclesial de dúas puntas. Tanto as bóvedas laterais como a central conservan pintura.
    Milladoiro único na provincia de Ourense, de grande altura e con bóveda de nervios gardando un cruceiro.
    Peto de ánimas do Rabiño.
    Reitoral do Rabiño, edificio civil barroco.

Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.

     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

 MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

sábado, 17 de agosto de 2024

PETROGLIFO DE LAMELAS - MERLÁN - CHANTADA

 PETROGLIFO DE LAMELAS

MERLÁN

CHANTADA

       Na localidade de Chantada atopámonos cun conxunto de petróglifos á altura da parroquia de Merlán.

       Aínda que se atopan algo desgastados podemos apreciar cazoletas e combinacións circulares.

     Os petróglifos son gravados realizados situados nas ladeiras dos montes, sobre rocas graníticas, unha variedade de gran fino.

     Crese que foron feitos por algunhas comunidades campesiñas asentadas en Galicia durante a transición do III e II milenio antes de Cristo.

            Hai dous tipos básicos de temática de gravados: a naturalista e a xeométrica.

     As imaxes máis frecuentes son as figuras de cervos, cabalos, serpes, ídolos, armas e humanos cazando.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


PETROGLIFO COTO DAS SOMBRIÑAS - TOURÓN - PONTE CALDELAS

 PETROGLIFO COTO DAS SOMBRIÑAS

TOURÓN

PONTE CALDELAS

   Os petróglifos son gravados realizados situados nas ladeiras dos montes, sobre rocas graníticas, unha variedade de gran fino.

     Crese que foron feitos por algunhas comunidades campesiñas asentadas en Galicia durante a transición do III e II milenio antes de Cristo.

            Hai dous tipos básicos de temática de gravados: a naturalista e a xeométrica.

     As imaxes máis frecuentes son as figuras de cervos, cabalos, serpes, ídolos, armas e humanos cazando.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑOS EN EIXÁN - EIXÁN - ASTURESES - BOBORÁS

 MUIÑOS EN EIXÁN

EIXÁN

ASTURESES

BOBORÁS

Eixán
      Eixán é un lugar da parroquia de Astureses no concello ourensán de Boborás na comarca do Carballiño.

     Tiña 10 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 4 eran homes e 6 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 12 habitantes (5 homes e 7 mulleres).

Astureses
       San Xulián de Astureses é unha parroquia do concello ourensán de Boborás. Segundo o IGE en 2011 tiña 212 habitantes (105 homes e 107 mulleres).

Xeografía
       A parroquia limita coas parroquias de Corneda (O Irixo), Madarnás e Longoseiros (O Carballiño), Moldes e Xuvencos (Boborás).

     A parroquia está cruzada polo oeste, de norte a sur, polo río Pedriña, un afluente do Arenteiro, e ten ao longo do seu percorrido varios muíños que hoxe en día é difícil visitar, aínda que en Fondo de Vila existe un muíño totalmente funcional. 

     Está formada por varios núcleos de poboación. O núcleo de Batallás está formado polos lugares de Batallás de Abaixo, Batallás do Medio e Batallás de Arriba, este pertencente ao Carballiño.

Patrimonio
     A igrexa de San Xulián de Astureses está situada en Outeiro e para chegar a ela pódese tanto ir por Fondo de Vila como pola Penela.

     Na ermida da Saleta celébrase unha romaría anual. Está rodeada por unha carballeira, e antigamente celebrábase unha competición automobilística de rallys, coñecida como Subida á Saleta.

Festas
     As tres festas principais son o San Bertolameu (24 de agosto), a Romaría da Saleta (19 de setembro), e o San Xulián, patrón da parroquia, que se celebra o 7 de xaneiro. As dúas primeiras son máis concorridas debido ás datas de verán e a que a festa patronal coincide co remate do Nadal.

Lugares de Astureses
    Astureses, Batallás, Cibreiro, Eixán, Fondo de Vila, O Outeiro, A Penela, Xoane.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 15 de agosto de 2024

PETO DA BARRELA - BARRELA - SETADOS - AS NEVES

 PETO DA BARRELA

BARRELA

SETADOS

AS NEVES

   Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
   
  "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira). 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA