martes, 8 de noviembre de 2022

MUIÑO DO FERREIRO - A CORTEVELLA - MARTÍN - RÍO EO - BALEIRA

 MUIÑO DO FERREIRO

A CORTEVELLA

MARTÍN

RÍO EO

BALEIRA

 Río Eo
     O río Eo é un curso fluvial do noroeste da Península Ibérica que discorre por terras de Galicia e Asturias, delimitando ao cabo a fronteira entre ambas. Desemboca no mar Cantábrico pola ría de Ribadeo. 

     A súa cunca ten unha extensión duns 819 km², dos que 3/4 atravesan terreo galego. É apto para a pesca de salmóns.

Historia
     O nome provén do vocábulo Ego, que en tempos romanos alternou con Egoba, e así o testemuña Plinio ao falar dos egobarros, os habitantes da beira da ría. De Ego vén Eo e tamén as formas medievais Iuve (775), Euve (875), e finalmente Ove (905-), nome dunha parroquia de Ribadeo, próxima á Ría.

     Sen prexuízo do anterior, durante séculos o seu decurso inferior designouse como Río de Miranda, e a parte inicial do seu esteiro como Ría de Abres, aceptando como límite aproximado entre a ría de Abres e a Ría e Ribadeo a ponte estradal de Porto, Ribadeo.

     Pola súa ribeira, a comezos do século XX, construíuse dende Vilaoudriz a Ribadeo un ferrocarril mineiro que contribuíu a dinamizar toda a zona. 

     Asemade, coa electrificación comezou a construción de pequenas centrais hidroeléctricas, como a do Louredal, erixida en 1932 para unha futura fábrica de vidro óptico en Santiso de Abres que non chegou a funcionar.

     O río ten diversas captacións de auga, como a que subministra a Ribadeo e Trabada, que colle auga por riba da desembocadura do río Ouria.

Datos
     Nacemento: Fonteo, Baleira, Lugo, Galicia
     Desembocadura: Mar Cantábrico, formando a ría de Ribadeo, entre Ribadeo (Galicia) e Castropol (Asturias)
     Lonxitude: 91,5 km
Afluentes principais
    Polo oeste: río Rodil e río Turía

Outros afluentes
    Polo oeste: río Liñeiras, río Ouria
    Polo leste: río de Ríotorto, río Trabada

A Cortevella
     A Cortevella é un lugar da parroquia de Martín no concello lugués de Baleira na comarca da Fonsagrada.

      Segundo o IGE, en 2011 tiña 11 habitantes (3 homes e 8 mulleres).

 
Comarca da Fonsagrada
     A comarca da Fonsagrada, ou terra de Burón, é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é A Fonsagrada. A esta comarca pertencen os concellos de Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz. 
 

     No ano 2020 tiña 4.830 habitantes (IGE) e unha superficie é de 679,51 quilómetros cadrados. O concello da Fonsagrada é o de maior poboación da comarca.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901