IGREXA DE SANTA MARÍA
VILAR DE ORDELLES
ESGOS
Igrexa e cruceiro de Vilar de Ordelles
Templo e cruceiro de estilo barroco serodio construídos cara o 1830, o templo é de nave única duns seis metros de altura, con presbiterio mais alto que a nave, con cuberta a catro augas e pináculos nas esquinas e no cumio, sendo na nave a dúas augas.
A porta é alintelada con ventá rectangular sobre a mesma, cara o coro. Frontón con molduras laterais e remates con pináculos nos laterais.
A fachada remátase con espadana de dobre corpo, o primeiro con dobre arco, onde se sitúan as campás, o segundo dun arco, con pináculos laterais, e no cume pináculos laterais e cruz de ferro no centro.
Ten esculturas de certo interese cultural nos retablos do interior.
O cruceiro érguese sobre unha plataforma de dous chanzos, sobre a que se sitúa a base cadrada tripartita. O fuste é de sección circular con fendas ou acanaladuras lonxitudinais, capitel corintio clásico con decoración vexetal e volutas.
Na cruz atopamos esculturas, no reverso dunha Virxe e un Cristo crucificado no anverso. E o cruceiro mais traballado do concello, e tamén o mais erosionado, atopase nun cruzamento de camiños ao carón da Virxe da Roca.
Vilar de Ordelles
Santa María de Vilar de Ordelles é unha parroquia do concello ourensán de Esgos na comarca de Ourense.
No ano 2007 tiña 432 habitantes (216 homes e 216 mulleres), 5 máis ca en 2000. Ten nove entidades de poboación.
Lugares de Vilar de Ordelles
A Cabalgada, A Granxa, As Campinas, As Vendas, Folgoso, Laioso, O Pinto, Rebordiños, Vilar de Ordelles
MAPA
Fuente: Web Turismo de Ribeira Sacra
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901