FARO DE AVEIRO
GAFANHA DE NAZARÉ
ILHAVO
Faro de Aveiro
O Faro de Aveiro (en portugués: Farol de Aveiro) é un faro situado na freguesía de Gafanha de Nazaré, concello de Ílhavo, distrito de Aveiro, Portugal.
É o faro máis alto de Portugal e o segundo da península ibérica, só un metro por baixo do Faro de Chipiona, Cádiz, España, e un dos máis altos do mundo.
Historia
En 1879 empezou a construírse o faro segundo o proxecto do enxeñeiro Paulo Benjamín Cabral, entrando en funcionamento en 1893. Tiña un aparello óptico de 1.er orde, de 920 mm de distancia focal, lámpara de incandescencia a vapor de petróleo, lámpada de reserva de aceite de nivel constante e mecanismo de reloxería para conseguir a rotación da lanterna.
Tamén entrou en funcionamento un sinal sonoro de aire comprimido nun local construído no peirao. Este sinal foi traslada a outro local entrente do faro en 1898.
En 1908 a maquinaria do sinal sonoro foi substituído por dúas máquinas de vapor verticais. En 1932 se construe un espigón para protexer o faro, o que non impediu que en 1935 o mar levase a maquinaria do sinal sonoro, sendo entón trasladada á cima da torre do faro. En 1936 foi electrificado con grupos electróxenos.
En 1947 recibiu un novo aparello óptico de 3.er orde, de 375 mm de distancia focal, que incluía tamén paneis para convertelo en sinal aeromarítima.
Tamén recibiu entón unha lámpada eléctrica quedando a de vapor de petróleo como reserva.
En 1950 instalóuselle unha lámpada de 1000 W. Como novidade neste tipo de edificios, en 1958 foi instalado un ascensor, reducíndose tamén a potencia da lámpada que quedou en 1000 W. En 1990 foi automatizado.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901