sábado, 16 de octubre de 2021

RUINAS DA CAPELA DE NOVAIS - NOVAIS - PORTOMOURO - VAL DO DUBRA

RUINAS DA CAPELA DE NOVAIS

NOVAIS

PORTOMOURO

VAL DO DUBRA

     Capela de planta rectangular dunha soa nave feita a base de perpiaño escuadrado e cachotería. Ten o teito caído e case todo o edificio ameaza ruína. 

     Ten acceso pola zona noroeste por unha entrada alintelada e que na súa base ten unha pedra con gravado de debuxo xedrezado. Conserva o arco triunfal de medio punto labrado con doelas de boa cantería.

     No presbiterio unha estreita ventá rematada en arco de medio punto e orientada ao sueste daba luz no interior. Na parte inferior deste oco está labrada unha cruz coa forma patada na base.

     Noutros puntos do templo pódense ver tamén outras cruces gravadas nas fiadas inferiores de perpiaños dos lenzos dos muros, e difíciles de apreciar por mor dos derrubamentos das pedras das partes superiores destes.

     Polas trazas das paredes, o edificio parece que foi reformado para outros usos reaproveitando parte das pedras e colocándoas noutros lugares.

      Hai un pequeno muro cegando parte do arco triunfal facendo un recinto a modo de cortello, e unha pía grande de pedra para conter agua acaroada ao muro esquerdo da capela.

     Algúns canzorros están fora de lugar colocados nos muros, fixéronse buratos para poder apousentar vigas para un posible sobrado e a dereita da porta parecen adiviñarse os restos da base dunha pía bautismal.

     A capela tería relación co Mosteiro de Novalis cerca do río Tambre e que aparece nomeado na Historia Compostelana, no ano 1108, nunha doazón onde sinala o sitio como “in ripa Tameris de Monasterio Novallis”

Portomouro
     San Cristovo de Portomouro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Val do Dubra.

     Segundo o IGE en 2020 ten 358 habitantes (189 mulleres e 169 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 422 habitantes.


Situación
     Portomouro atópase no cruzamento de camiños que van dende Santiago de Compostela cara ao norte, para as terras de Bergantiños (Carballo) pola AC-1914, e para as terras do Xallas (Santa Comba) pola AC-404.

Economía
     Portomouro vive principalmente do sector servizos e do traballo co gando vacún.

     Subsisten explotacións particulares de produción leiteira para a industria láctea complementada coa recría para a venda.

Patrimonio
     Como recursos naturais e etnolóxicos destacan os paseos nas beiras do río Tambre, con vexetación autóctona (carballos, bidueiros, amieiros, freixos etc.).

     A Pedra do Home é un conxunto de tres sepulturas antropomorfas.

Lugares de Portomouro
     Cernadas, Novais, Portomouro de Abaixo, Portomouro de Arriba, Xermán

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901