sábado, 20 de julio de 2024

CRUCEIRO EN TRABA - TRABA - ARAÑO - RIANXO

     CRUCEIRO EN TRABA

TRABA

ARAÑO

RIANXO

     Posiblemente do século XVII, foi reedificado en 1918 polos canteiros José Manuel Rial Trillo, Manuel Iglesias Romero e Vicente Rial, veciños da parroquia, polo prezo de 115 pesetas.

       Foi restaurado porque estaba moi deteriorado, “amenazaba caerse, lo que podía ocasionar unha desgracia por ser aquel sitio el punto donde se reúnen los vecinos en los días festivos y tiempos desocupados, desde tiempo inmemorial”.

      Os referidos canteiros restauraron e reedificaron o crucifixo, as súas imaxes e incluso o adro., como recolle un documento ao que tivo acceso Xosé Comoxo Rodríguez: “Hechar una pilastra, repicar todo, incluso las imágenes, poner unos ganchos de hierro a fin de enlazar el oratorio o camarín donde se contiene tres imágenes de piedra y encima la cruz con la efigie del Divino Redentor y arreglar el terreno que pertenece al santuario que constituyó su atrio haciendo unhas paredillas (...).

      Linda por el nordeste con terreno a corral de unhas cuadras de Francisco Minguéns; noroeste y surueste linda con caminos públicos del lugar, suroeste linda con una pared de terreno a viña de los herederos de Gago”.

     Cruceiro do tipo de capeliña de granito situado no espazo libre do  lugar de Traba.

Plataforma dun único chanzo e base prismática, sobre a que se alza un fuste octogonal.

     Capela con base moldurada e con anxo, co remate superior en arco, con detalles nas esquinas.

     No interior da capeliña destaca polas súas dimensións a imaxe de San Antonio de Padua, que leva o neno no brazo esquerdo, unha flor no dereito e o hábito franciscano.

Á súa esquerda aparece unha figura máis pequena, a Virxe do Socorro, que leva na man esquerda o que podería ser un cáliz.

     Detrás destas figuras, hai outra vestida con hábito, que pode se pode ver a través dunha pequena “porta” ovalada na parede posterior da capela. 

      Cruz superior de sección hexagonal e remates cuadrangulares nos extremos, cun cristo no anverso.

      O Cristo leva as mans abertas, coroa de espiños e cartela de INRI.

MAPA

 

     Fuente: Web obaixoulla.gal

XOAN ARCO DA VELLA

 

MUIÑO DO RÍO DO MONTE - REGO DE SAIÑAS - FIGUEIRIDO - PALMEIRA - RIANXO

 MUIÑO DO RÍO DO MONTE

REGO DE SAIÑAS

FIGUEIRIDO

PALMEIRA

RIANXO

 Figueirido
     Figueirido é un lugar da parroquia de Palmeira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza.

       Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 14 habitantes (8 homes e 6 mulleres).

     No lugar está a Pedra das Cabras, petróglifo da idade de bronce.

Palmeira
     San Pedro de Palmeira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ribeira. 

      Segundo o IGE en 2018 tiña 2.600 habitantes (1.311 mulleres e 1.289 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.905 habitantes.

     No lugar de Figueirido está a Pedra das Cabras, petróglifo da idade de bronce.

Xentilicio
      Esta parroquia posúe un xentilicio, completamente consolidado e atestado, que é palmeirán.

       Ademais, os habitantes de Palmeira recibiron historicamente o pseudoxentilicio de maghorrentos, procedente da palabra maga, que significa "tripa de polbo ou de peixe, especialmente de sardiña machucada que se emprega como engado para a pesca", se cadra relacionado con que non eran poucos os palmeiráns que antigamente andaban entre as magas ou tripas de polbo e peixes.

Comarca de Barbanza

      A comarca do Barbanza, comarca da Barbanza, comarca de Barbanza ou simplemente A Barbanza, O Barbanza ou Barbanza, é unha das comarcas oficiais de Galicia. 

     Localízase no suroeste da provincia da Coruña. Pertencen a ela os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira.

     Ten unha superficie de 246,71 km² e no ano 2020 tiña 66.063 habitantes.

MAPA

 

 XOAN ARCO DA VELLA

CALVARIO DAS TRECE CRUCES - PUNTAL DA BRAÑA - ISORNA - RIANXO

CALVARIO DAS TRECE CRUCES

PUNTAL DA BRAÑA

ISORNA

RIANXO

     Conxunto de tres cruces situadas no Puntal da Braña, que forma parte dun vía crucis á beira do río Ulla, xunto ao Cruceiro do Cabo, en Quintáns.

       Conxunto de tres cruceiros, co do medio de maiores dimensións, alzado nunha punta baixa, rochosa, que se prolonga nunhas pedras que se poden cualificar de illotes coa marea alta.

      O conxunto presenta un detalle curioso: o cruceiro da esquerda non está en liña cos outros dous, senón que mira para eles.

Os dous dos extremos son sinxelos, cun mínimo grosor na parte superior do fuste que fai as funcións de capitel.

      O do medio, que parece moito máis elegante e domina a paisaxe, sigue o patrón: ten pedestal cuadrangular rematado en chafráns, fuste en dúas partes (a primeira rectangular e octogonal a segunda).

     O capitel é octogonal con ábaco de lados curvos e vértices en chafrán, adornado con volutas, follas e a Cruz de Santiago.

Cruz de sección octogonal con remates cuadrangulares, cun cristo no anverso e unha virxe no reverso.

     Aínda que forman parte do conxunto tres cruceiros, o nome alude a Trece Cruces, posiblemente por un naufraxio, do que non existe documentación escrita, que nalgún tempo se lembrara con trece cruces de madeira.

       Forma parte dun vía crucis excepcional en toda Europa, que preside a ruta da Traslatio, como último itinerario do Apóstolo Santiago desde terras de Xerusalén até Iria Flavia, e que están situados nas ribeiras da Ría de Arousa e do río Ulla.

     Desde o ano 1965 foron emprazados en lugares preeminentes e cada cal máis excepcional, grazas a doazóns de institucións públicas (algúns foron trasladados dende o seu emprazamento orixinal con oposición dos veciños) e persoas privadas que se converteron en mecenas e protagonistas do que hoxe é o Ruta Xacobea do Mar de Arousa. Este fora doado e feito polo Concello de Rianxo.

VIDEO

MAPA 

 

Fuente: Web obaixoulla.gal

XOAN ARCO DA VELLA



viernes, 19 de julio de 2024

PETRÓGLIFO A PEDRA DAS CABRAS - FIGUEIRIDO - PALMEIRA - RIBEIRA

 PETÓGLIFO A PEDRA DAS CABRAS

FIGUEIRIDO

PALMEIRA

RIBEIRA

 A Pedra das Cabras.
        A pedra das Cabras é un petróglifo situado no lugar de Figueirido (parroquia de Palmeira, concello de Ribeira), na comarca da Barbanza.

Descrición
        Os gravados foron feitos na Idade do Cobre (2200-1800 a.C.). O debuxo representa dous animais, quizais cabras, a un lado dun gran batólito.

         Cada animal ten seis patas, o que pode representar o movemento que teñen as figuras.

Figueirido
       Figueirido é un lugar da parroquia de Palmeira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza.

         Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 14 habitantes (8 homes e 6 mulleres).

      No lugar está a Pedra das Cabras, petróglifo da idade de bronce.

Comarca de Barbanza
        A comarca do Barbanza, comarca da Barbanza, comarca de Barbanza ou simplemente A Barbanza, O Barbanza ou Barbanza, é unha das comarcas oficiais de Galicia. Localízase no suroeste da provincia da Coruña.

         Pertencen a ela os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira. 

       Ten unha superficie de 246,71 km² e no ano 2020 tiña 66.063 habitantes.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO PETO DE COVELIÑO - O COVELIÑO - CESPÓN - BOIRO

CRUCEIRO PETO DE COVELIÑO

O COVELIÑO

CESPÓN

BOIRO

 Cruceiro Peto de Coveliño

      Cruceiro de Capela que nace sobre dous chanzos cadrados. O seu groso varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas, dá paso a un pequeno capitel tronco-piramidal invertido decorado con caras de anxos con ás. 

      A capela posúe tellado a catro augas. No seu interior podemos ver a imaxe pétrea da Virxe de Loreto.

      O conxunto remata nunha cruz de sección cadrada coas arestas rebaixadas, na que aparece a imaxe de Cristo crucificado.

       Este cruceiro aparece debuxado por Castelao no seu libro “As Cruces de pedra na Galiza”

O Coveliño

          O Coveliño é un lugar da parroquia de Cespón no concello coruñés de Boiro, na comarca da Barbanza.

      Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 18 habitantes (10 homes e 8 mulleres).

Comarca de Barbanza
        A comarca do Barbanza, comarca da Barbanza, comarca de Barbanza ou simplemente A Barbanza, O Barbanza ou Barbanza, é unha das comarcas oficiais de Galicia. 

     Localízase no suroeste da provincia da Coruña. 

 

         Pertencen a ela os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira. 


     Ten unha superficie de 246,71 km² e no ano 2020 tiña 66.063 habitantes.

MAPA 

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

 XOAN ARCO DA VELLA