DOLMEN ARCA DA PIOSA
MUIÑOS
ZAS
A CORUÑA
A Arca da Piosa é un dolmen situado na parroquia de Muíño, no concello de Zas.
Foi estudado en 1933 polo arqueólogo alemán Georg Leisner e atópase en bo estado de conservación.
Xeografía
Limita cos concellos de Coristanco, Santa Comba, Mazaricos, Vimianzo, Laxe e Cabana de Bergantiños.
Consérvanse restos megalíticos de hai uns 5.000 anos, sendo a máis coñecida a Arca da Piosa, situada na parroquia de Muíño. Tamén se conservan algúns castros, coma o de San Adrián.
Ao sur do concello está a ponte de Brandomil, da época medieval e construído segundo bases romanas. A torre do Allo, situada na parroquia do Allo, é de inicios do século XVI.
Zas susténtase nunha economía agrícola e gandeira, de explotacións minifundistas.
Baixo os dolmens galegos hai fabulosos tesouros enterrados... Iso contan as lendas e algo debe de haber porque o que si se sabe é que están relacionados cos grandes ritos funerarios.
Os dolmens son construcións do Neolítico formadas por grandes laxas de pedra.
En Galicia, coa abundancia de rocas de granito, os dolmens adquiren unha dimensión especial e sorprenden pola súa audacia construtiva.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA