Do día 2 o 24 de Setembro estara aberta o publico no Museo da Ceramica de Sacavém a Expo.
O Caminho e as Artes, O Camiño e as Artes na que participan un numero importante de artistas portugueses e galegos de todos os campos das Artes.
Eu estou moi agradecido a Fundación Camiño Portugués de Santiago e as Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago por convidarme a participar con unhas fotografias dun traballo relacionado co a auga no entorno do Camiño.
OS ARTISTAS QUE PARTICIPAN NA EXPO. Os artistas profesionais e afeccionados abarcan distintos ámbitos».
Entre los nomes propios da pintura luso-galaica, os de Agustín Pousseu, Álex Vázquez, Amelia Palacios, Ana Corzo, Antón Sobral, Carmen Hermo, Eduardo Dios, José María Barreiro, Kuqui Pazos, Luz Lafuente, Mario Rocha, Puri del Palacio, Xaime Falcón, Gerhard Mader ou tamen o músico Rafael Úbeda.
Además, habera unha representación da arte escultórica con Enrique Velasco Viéitez, Francisco Pazos, Paulo Neves e Suso Balado, así como un apartado de artesanía con pezas de Barcelos e creacions da zoqueira Elena Ferro e Joaquim Esteves.
Además, das creacions musicais serán a cargo de Begoña Lorenzo, Edelmiro Luis Mateo García, Noelia Solleiro o el luthier César Loureiro Sobral, e da danza a través de Glau Fonseca.
A escritura estará representada por Carmen Quinteiro, Xaime Toxo a poetisa Minerva, e no ámbito visual cos fotógrafos Aquilino Valiño, Enrique Ruis, Xulio Gil, eo bloguero Xoán Arco da Vella.
Do día 2 o 24 de Setembro estara aberta o publico no Museo da Ceramica de Sacavém a Expo. O Caminho e as Artes, O Camiño e as Artes na que participan un numero importante de artistas portugueses e galegos de todos os campos das Artes.
Eu estou moi agradecido a Fundación Camiño Portugués de Santiago e as Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago por convidarme a participar con unhas fotografias dun traballo relacionado co a auga no entorno do Camiño.
Eu asistirei o día 2 día da apertura da exposición a que estades convidados e sera un pracer saudarvos.
EXPOSICIÓN AS PONTES DO CAMIÑO PORTUGUÉS DE PORTO A SANTIAGO
ALBERGUE DE PEREGRINOS DE PONTEVEDRA
Este mes de Agosto podese visitar no Albergue de Peregrinos de
Pontevedra a Exposición AS PONTES DO CAMIÑO PORTUGUÉS DE PORTO A SANTIAGO
A Asociación Amigos e Amigas do Camiño Portugués a Santiago en
colaboración coa Asociación Europea dos Camiños de Santiago organiza a
Exposición As Pontes do Camiño Portugués de Porto a Santiago.
O Camiño Portugués a Santiago naceu unido as Pontes da que os
Peregrinos foron os grandes beneficiarios para atravesar os cursos de
auga, sempre foi un gran problema, principalmente durante o inverno,
cando estes sufrian de grandes enchentes.
O Camiño Portugues
especialmente no Norte de Portugal e no Sur de Galicia, foi unha das
vias de comunicacion mais importantes entre estes dous pobos
Foi dende seculos Via Militar no Imperio Romano, despois de moita
importancia nas peregrinacións a Compostela e como via comercial.
Na parte Portuguesa o camiño atravesa rios tan importantes como o
Douro, Leca, Ave, Cávado, Lima, Coura ata e o Rio Miño que fai fronteira
entre Galicia e Portugal.
Na parte de Galicia "España" atravesa o Rio Louro, San Simón, Verdugo, Lérez, Umia, Ulla, Tinto e o Sar.
Todos eles xunto con alguns regatos recollense na Exposicion de Xoan Arco da Vella.
Dada a importancia de esta ruta o longo da historia, que recorreron
Santos, Reises, estadistas e milleiros de persoas, foron os promotores
da conservacion e da construcion de estas pasos e a reconstrucion e
mantemento de outras, de orixen romano ou medievais.
O Paso
de grandes rios esixiu de grandes obras, como a Ponte de D. Luis ou a
ponte internacional de Tui e a reconstrucion de outras de orixe romano
como a de Ponte de Lima, Pontesampaio, Ponte do Burgo en Pontevedra ou a
de Pontecesures..
Mais tarde outras mais sinxelas pero non
menos importantes foron contruidas para atravesar rios mais pequenos
como a Ponte de Rubiaes, Zameiro, Bermaña ou o Sar sen esquencer a Ponte
das Febres ou o Río Ullo.
Todas esta fotos podense ver na Exposicion CAMINHOS, AS PONTES A COMPOSTELA de Xoan Arco da vella.
Meu agradecemento a Asociación Amigos e Amigas do Camiño Portugués a Santiago en
colaboración coa Asociación Europea dos Camilos de Santiago, e a Maria e Luz
por poder facer e mostar este traballo, sen eles non seria
posible....Gracias
Máis dunha trintena de artistas expoñen as súas creacións e son protagonistas de concertos, exhibicións de danza e recitais de poesía
A Camara Municipal de Barcelos ven de inaugurar a décima primeira edición de ‘Camiños’, a mostra colectiva e multidisciplinar promovida pola Asociación do Camiño Portugués a Santiago que reúne a visión de máis dunha trintena de artistas, creadoras e creadores de Galicia e Portugal sobre un fenómeno de carácter internacional como é a peregrinación a Santiago de Compostela.
Na inauguración desta tarde estiveron presentes varios dos artistas participantes e unha ampla representación da Camara Municipal de Barcelos e da Cidade de Pontevedra.
O acto comezou co interpretación de varias pezas da mucica tradicional a cargo dos gaiteiros pontevedresas "Os Alegres" á que seguiu unha exhibición de danza de Glau Fonseca, que fixo unha intervención fantastica e sorprendente.
Recitaron poesía Ana Corzo, que sempre emociona co seu bo facer.
Pintores Agustín Pousseu, Álex Vázquez, Amelia Palacios, Ana Corzo, Antón Sobral, Carmen Hermo, Eduardo Dios, José María Barreiro, Kuqui Pazos, Luz Lafuente, Mario Rocha, Puri del Palacio, Xaime Falcón, Gerhard Mader ou Rafael Úbeda, pintor e músico.
Escultura Enrique Velasco Viéitez, Francisco Pazos, Paulo Neves, e Suso Balado; e outro apartado de artesanía no que hai pezas anónimas de Barcelos (Portugal), creacións da zoqueira Elena Ferro ou do artesán Joaquim Esteves.
Musica A cantante Begoña Lorenzo, o luthier César Loureiro Sobral, o músico Edelmiro Luis Mateo García, a vocalista Noelia Solleiro, e tamén da danza a través de Glau Fonseca.
Escritura e Poesia A escritora e docente Carmen Quinteiro, a poeta e artista Minerva e o escritor Xaime Toxo.
Fotógrafos Aquilino Valiño, Enrique Ruis e Xulio Gil, acompañados polo tamén fotógrafo e blogueiro Xoán Arco da Vella.
A exposición estará aberta na Galeria Municipal da Arte ata o 18 de Xuño.
Despois a mostra irá, Ponte de Viana do Castelo e Lisboa de maneira itinerante.
Máis dunha trintena de artistas expoñen as súas creacións e serán protagonistas de concertos, exhibicións de danza e recitais de poesía
O Museo de Pontevedra vén de abrir no claustro do Edificio Sarmiento a décimo primeira edición de ‘Camiños’, unha mostra colectiva e multidisciplinar promovida pola Asociación do Camiño Portugués a Santiago que reúne a visión de máis dunha trintena de artistas, creadoras e creadores de Galicia e Portugal sobre un fenómeno de carácter internacional como é a peregrinación a Santiago de Compostela.
Na inauguración desta tarde estiveron presentes o director do Museo de Pontevedra Xosé Manuel Rey, o comisario da Exposición Celestino Lores; a secretaria territorial da Xunta en Pontevedra Marta Iglesias, e o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores.
O acto comezou co interpretación dunha canción a capela a cargo da cantante Begoña Lorenzo, á que seguiu unha exhibición de danza de Glau Fonseca, que fixo unha intervención no primeiro andar e continuou a bailar fóra do edificio.
Recitaron poesía Ana Corzo, Carmen Quinteiro e Minerva, e César Loureiro interpretou varias pezas musicais cunha zanfoña.
Segundo explicou o director do Museo. ‘Camiños. O Camiño e as Artes’ é unha exposición que deixa patente un dos principais valores das rutas xacobeas máis alá da súa innegable dimensión espiritual: “A cohesión entre culturas, por riba das fronteiras xeográficas e políticas, constitúe sen lugar a dúbidas unha das súas maiores riquezas”, dixo.
Subliñou que fotografía, pintura, poesía, danza, artesanía e escultura conforman unha proposta que lembra a través de distintas miradas, a transcendencia dun itinerario secular herdeiro de calzadas e vías antigas como a que vertebraba a Gallaecia e que transcorría por esta cidade dende o país veciño.
Finalmente, agradeceu á Asociación de Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago, e a o seu presidente e comisario desta exposición, Tino Lores, o labor que desenvolve desde hai 27 anos para preservar e impulsar a grandeza do itinerario, exemplo do patrimonio cultural, tanto material como inmaterial.
Pola súa banda, Tino Lores tamén agradeceu ao Museo e á Deputación a cesión do espazo do Edificio Sarmiento para expoñer a mostra, que nesta ocasión cumpre once anos e chega ao seu cumio, “a súa maioría de idade, nun lugar onde só se expoñen obras de gran prestixio”.
Lores explicou que a exposición é multidisciplinar “porque o Camiño é todo, está por riba de todos, tanto de ideoloxías, cultura, deporte ou espiritualidade.
É un conxunto, unión, é algo máis que un espazo físico”. Subliñou que a mostra pretende recoller a través da arte todos os valores de unión, solidariedade, paz que se fomentan na ruta a Santiago.
O comisario tamén sinalou a idoneidade de que a mostra estea exposta no claustro dun mosteiro como o Edificio Sarmiento: “Que mellor lugar para expoñer que un claustro de mosteiro como os que acollen as e os peregrinos!”.
A exposición estará aberta no Museo ata o 21 de marzo, ata cando se desenvolverán tamén varias actividades complementarias: dous concertos, un recital de poesía, a presentación do catálogo e unha exhibición de danza.
Despois a mostra irá a Barcelos, Ponte de Lima e Lisboa de maneira itinerante.