Río Deva O río Deva é un curso fluvial da provincia de Pontevedra, afluente do Miño pola súa marxe dereita.
Percorrido O Deva nace a 800 m de altitude no sitio denominado Teso de Deva, marcando unha dirección de curso N-S.
Percorre un total de 21 km, antes verter as súas augas no Miño. A súa conca ten uns 92,3 km². O caudal medio é de 3,70 m³/s.
Réxime hídrico É un río de réxime pluvial, pois a pluviosidade media da súa conca calcúlase en 1.608 mm anuais.
Etimoloxía Algunhas teorías sinalan unha orixe céltica para este nome, ao que relacionan co deus (indoeuropeo *deiwos), con significado de "sagrado" ou "divino".
O nome repítese na Galiza mesmo, no río Deva da Terra de Celanova. Hai outro Deva en Cantabria. Na Galia o antigo Devona ou o británico Devon
Comarca da Paradanta A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.
Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado.
Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.
Río Tamuxe O río Tamuxe, tamén coñecido como río Carballo ou río Carballas, é un afluente pola dereita do río Miño no seu treito final, morrendo neste a poucos quilómetros da súa desembocadura no mar.
Nace no concello de Oia, rega o val do Rosal e desemboca en Pías, no concello do Rosal.
É un río curto, duns 14 quilómetros, pero que chega a ter un caudal abondoso.
Posúe numerosos muíños e pesqueiras que ademais da pesca deportiva ofrecen a posibilidade de se bañar con zonas amplas de profundidades maiores dos dous metros no verán.
Na súa cabeceira atópanse as pozas de Loureza, no lugar do mesmo nome dentro do concello de Oia.
Nelas é posible nadar, tirarse á auga desde diferentes alturas e tomar o sol; ademais é habitual a práctica do nudismo.
Etimoloxía O nome do río é pre-romano, dunha raíz indoeuropea *tam- "de cor escura", que aparece noutros hidrónimos galegos: Tambre, Támoga, Támega, e tamén noutros países europeos, baste lembrar o británico Támese, en inglés Thames.
Labruja Labruja e unha fregresia portuguesa do concello de Ponte de Lima, con 16,73 km² de superficie e 482 habitantes (2001). Sua densidade de poboación e de 28,8 hab/km².
Ponte de Lima Ponte de Lima é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, na rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2.800 habitantes. Está caracterizada pola súa arquitectura rústica e pola área envolvente, bañada polo río Limia.
É sede dun municipio con 321,20 km² de extensión e 44.343 habitantes (2001), subdividido en 51 fregresías. O municipio limita o norte co concello de Paredes de Coura, o leste con Arcos de Valdevez e Ponte da Barca, o sueste con Vila Verde, o sur con Barcelos, ao oeste con Viana do Castelo e Caminha e o noroeste con Vila Nova de Cerveira.
Localidade moi importante desde a era romana, posúe un Pazo da Corte do Reino de León, documentado por achados arqueolóxicos e outros documentos escritos.
Recibiu Carta foral de Dona Teresa o 4 de marzo de 1125, sendo a vila máis antiga de Portugal. É de aquí orixinario o coñecido queixo Limiano. Destaca polos seus xardíns.
Toponimia O nome vén claramente da ponte que cruza o río Limia, chamado en Portugal Lima. A finais da década de 1950, a vila debateu a designación a adoptar para o municipio: Ponte do Lima ou Ponte de Lima. Até 1982, os escritos da Cámara Municipal aínda referían Ponte do Lima e só despois pasou a Ponte de Lima.
Historia A vila posúe raíces profundas e lendas ancestrais dende épocas prerromanas. Foi a condesa Teresa de León quen o 4 de marzo de 1125, outorgou carta de foral á vila, referíndose á mesma como Terra de Ponte.
Anos máis tarde, xa no século XIV, Pedro I, atendendo á posición xeoestratéxica de Ponte de Lima, mandou contruír a muralla, polo que o resultado final foi o dun burgo medieval cercado de murallas e nove torres, das cales aínda restan dúas, varios vestixios das restantes e de toda a estrutura defensiva de entón, facéndose o acceso á vila a través de seis portas.
A ponte, que deu nome a esta terra, adquiriu sempre unha importancia de gran significado en todo o Alto Minho, sendo a única pasaxe segura do río Limia, en toda a súa extensión, até o final da Idade Media. A primitiva, da cal aínda resta un anaco significativo na marxe dereita do Limia, foi construída polos romanos e a medieval é un marco notábel da arquitectura, sendo un bo exemplo de beleza e equilibrio.
Referencia obrigatoria en rutas, guías e mapas, moitos deles antigos, que describen a pasaxe por ela de milleiros de peregrinos cara a Santiago de Compostela e que aínda hoxe en día a atravesan coa mesma finalidade.
A partir do século XVIII xorde a expansión urbana e con ela o inicio da destrución da muralla que abrazaba a vila. Comeza a prosperar, por todo o concello de Ponte de Lima, a opulencia das casas señoriais que a nobreza da época se encargou de diseminar.
Ao longo do tempo, Ponte de Lima foi, así, sumando á súa beleza natural, magníficas fachadas góticas, maneiristas, barrocas, neoclásicas e oitocentistas, aumentando significativamente o valor histórico, cultural e arquitectónico.
Hoxe en día, ademais de ser un popular destino turístico e ser paso de obriga do camiño portugués a Compostela, Ponte de Lima sobresae polos seus xardíns, incluíndo un concurso de xardinaxe anual.
Beariz Beariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño.
Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 973 persoas (1477 en 2003).
Limita cos concellos de Forcarei e A Lama na provincia de Pontevedra e Boborás, O Irixo e Avión na provincia de Ourense. O seu xentilicio é bearizao ou bearicense.
Xeografía O concello limita ao norte co concello de Forcarei (provincia de Pontevedra), ao leste co Irixo e Boborás, ao sur con Avión e ao oeste coa Lama (provincia de Pontevedra).
Ten unha altitude media de 610 m, e as súas augas verten no río Avia, afluente do Miño, sendo os seus vales abertos e orientados cara ao sur, con máis horas de Sol.
Os seus cumios máis altos son Marcofán (940 m), o alto da Ruza (868 m) e a cima de Santo Domingo (848 m, lindando con Trasdomonte, en Forcarei). Todos eles pertencen á serra do Suído.
Parroquias de Beariz Beariz (Santa María), Lebozán (Santa Cruz), Xirazga (San Salvador)
Comarca do Carballiño A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.
Toma o nome da súa vila principal. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.
Beariz Beariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño.
Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 973 persoas (1477 en 2003).
Limita cos concellos de Forcarei e A Lama na provincia de Pontevedra e Boborás, O Irixo e Avión na provincia de Ourense. O seu xentilicio é bearizao ou bearicense.
Xeografía O concello limita ao norte co concello de Forcarei (provincia de Pontevedra), ao leste co Irixo e Boborás, ao sur con Avión e ao oeste coa Lama (provincia de Pontevedra).
Ten unha altitude media de 610 m, e as súas augas verten no río Avia, afluente do Miño, sendo os seus vales abertos e orientados cara ao sur, con máis horas de Sol.
Os seus cumios máis altos son Marcofán (940 m), o alto da Ruza (868 m) e a cima de Santo Domingo (848 m, lindando con Trasdomonte, en Forcarei). Todos eles pertencen á serra do Suído.
Arqueoloxía No concello consérvanse máis dunha ducia de mámoas, monumentos neolíticos tamén chamados antas. Destes restos provén o nome do lugar das Antas, lindante co concello do Irixo. Con menos de 20 casas, chegou a formar parte de tres parroquias (Lebozán, O Regueiro e O Regueiro) tres dioceses e tres concellos distintos (Beariz, Boborás e O Irixo).
Da idade de bronce non hai vestixios, pero puido ser moi rica e florecente, dada a cantidade de metal que existe nos montes de Beariz. Da Idade de Ferro salienta o castro de Magros, onde se encontraron restos de cerámica e pedras de moer gran. Da romanización consérvase parte dunha calzada romana e unha ponte sobre o río Verdugo.
Na idade media, Beariz, ao igual que toda a Terra de Montes, foi gobernada polos arcebispos composteláns a través dos Xuíces-Meriños, nomeados por eles, e que tiñan a súa sede e residencia no castro de Montes, en San Miguel de Presqueiras, onde había unha fortaleza e unha torre, das que hoxe só quedan ruínas.
Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.
Na actualidade o concello sofre un proceso de retorno de emigrantes, especialmente de México. Moitos deles regresan con grandes capitais, tratándose este dun dos concellos coa renda per-capita máis alta de Galicia.
Parroquias de Beariz Beariz (Santa María), Lebozán (Santa Cruz), Xirazga (San Salvador)
Comarca do Carballiño A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal.
Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.