Mostrando entradas con la etiqueta FERVENZAS E RIOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FERVENZAS E RIOS. Mostrar todas las entradas

jueves, 7 de julio de 2022

FERVENZA DE AUGADALTE OU DE SANTALLA - SANTALLA DE ABAIXO - SAMOS

 FERVENZA DE AUGADALTE 

OU 

FERVENZA DE SANTALLA

SANTALLA DE ABAIXO

SAMOS


Fervenza de Augadalte ou Santalla de Abaixo
     Un pequeno afluente do río Louzara forma este salto duns 25 metros e de escaso caudal.

Como chegar?
     Na estrada que vai do Incio ao Courel, colleremos o cruzamento que indica Santalla e Samos. Continuando ata Santalla de Abaixo e deixaremos o coche á beira das casas.

     Teremos que cruzar o río por un das dúas pontes e seguiremos o carreiro por entre as casas tirando río arriba. O carreiro acaba na fervenza.

     De moi fácil acceso.

Santalla
     San Xosé de Santalla é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo.

     No ano 2007 tiña 68 habitantes (34 homes e 34 mulleres), 3 menos ca no ano anterior.

Xentilicio
     O seu xentilicio é louzarino.

Patrimonio
     A Cova Grande é un espazo xeolóxico con estalagmitas e estalactitas. No ano 2007 sufriu unha agresión.

     No río Lóuzara existe unha piscifactoría adicada á cría do salmón atlántico.

     O 16 de agosto celébrase a romaría de San Roque.

Lugares de Santalla
     Casares, A Casela, Gamiz, Parada, Santalla, Vilar do Robledo

 
Comarca de Sarria

     A comarca de Sarria é unha comarca galega situada na metade sur da provincia de Lugo.

     Limita polo noroeste coa comarca de Lugo, polo nordeste coa dos Ancares, polo sueste coa de Quiroga, polo oeste coa de Chantada e polo sur coa Terra de Lemos.

     A capital da comarca, así como o núcleo máis poboado, é Sarria.

Parroquias de Samos    
     Castroncán (Santa Marta), Estraxiz (Santiago), Formigueiros (Santiago) Freixo (San Silvestre), Frollais (San Miguel), Gundriz (Santo André), Loureiro (Santa María), Lousada (San Martiño), Montán (Santa María), Pascais (Santalla), Reiriz (Santo Estevo), Renche (Santiago), Romelle (San Martiño), Samos (Santa Xertrude), San Cristovo de Lóuzara (San Cristovo), San Cristovo do Real (San Cristovo), San Mamede do Couto (San Mamede), San Martiño do Real (San Martiño), San Xil de Carballo (San Xil), San Xoán de Lóuzara (San Xoán), Santalla (San Xosé), Suñide (Santa María), Teibilide (San Xulián), Zoó (Santiago) 

VIDEO

MAPA

 

Fuente: Paxina Cascadas Gallegas

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 21 de junio de 2022

FERVENZA DAS GÁNDARAS - RIO DAS GÁNDARÁS - O BATÁN - MEZONZO - VILASANTAR

 FERVENZA DAS GÁNDARAS

RÍO DAS GÁNDARAS

O BATÁN

MEZONZO

VILASANTAR

 O Batán
     O Batán é un lugar da parroquia de Mezonzo, no concello coruñés de Vilasantar, na comarca de Betanzos. 

      Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2018 tiña dous habitantes (un home e unha muller).

Historia
     Recibe o seu nome do batán que se acha no lugar, un dos poucos que se conservan na Península Ibérica. A tradición atribúe a súa construción ós monxes do mosteiro de Mezonzo, o cal o convertería nun dos máis antigos. Impulsado pola auga do río das Gándaras, funcionou até o ano 1954, momento en que foi abandonado. Restaurouse en 2001, polo que o seu mecanismo segue a funcionar.

Mezonzo
      Santa María de Mezonzo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Vilasantar.

     Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2018 tiña 142 habitantes (76 homes e 66 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 255 habitantes.

     Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Personaxes
     Nesta parroquia viviu San Pedro de Mezonzo, nun importante mosteiro do que aínda se conserva a igrexa.

     Tamén aquí naceu o famoso guerrilleiro antifranquista Manolito Bello.

Patrimonio
    Mosteiro de Santa María de Mezonzo

Lugares de Mezonzo
     Aguión, O Batán, O Campo da Feira, Cernadas, O Corral de San Martiño, O Fachal, Faxilde, Igrexafeita, Opa, A Orga, Paizás, O Penedo, A Ponte do Sapo, O Priorato, O Valo, Vilaboa, Vilanova

Comarca de Betanzos
     A comarca de Betanzos é unha comarca galega situada na provincia da Coruña. 


     Pertencen a ela os concellos de Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras, Paderne, Vilarmaior e Vilasantar. 

     Ten unha superficie de 676,63 km² e no 2020 tiña 38.309 habitantes.

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 20 de junio de 2022

REGO DE VALGADA - CASTRO - CERDEDO COTOBADE

 REGO DE VALGADA

CASTRO

CERDEDO COTOBADE

 Castro
     Santa Baia de Castro é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. 

      Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 120 habitantes (55 homes e 65 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 204 habitantes.

Xeografía
     A parroquia está formada polos lugares de Bugarín, Castro do Cabo, Castro do Medio e Filgueira. Situada ó noroeste do concello, o seu nome procede directamente da verba latina Castrum, xa que o seu principal accidente xeográfico é o coto de Castrodiz (681 m).

     Desde o lugar do Medio e o do Cabo pódese desfrutar dunha vista do val do río Lérez, e cara á parte de abaixo das aldeas as casas parecen precipitarse sobre o val do río de Queireza, mantendo a estrutura labiríntica típica do concello.

Patrimonio
     Na cima do coto de Castrodiz aprecianse indicios de asentamentos castrexos. A cima do coto aparece sesgada nun planalto que recibe o nome de Eira dos Mouros. Este planalto está arrodeado dos restos dunha dobre muralla moi similar á doutros asentamentos mellor conservados. Desde alí, nos días claros de verán, pódese ver a liña do horizonte no mar mais aló da Illa de Ons. Tamén hai testemuñas de pinturas rupestres na Cova dos Mouros.

     A igrexa parroquial de Santa Baia de Castro atópase a metade do camiño entre o Lugar do Cabo e o Lugar do Medio. No 1809, durante a guerra da Independencia Española, foi queimada xunto con tódalas súas pertenzas polos soldados de Napoleón, segundo refire o párroco Ignacio de Silva, quen conta tamén como os franceses deron morte a anciáns e enfermos que non foron quen de fuxir.

      Xa na década de 1940 a igrexa foi rexistrada en varias ocasións pola Garda Civil, xa que Lisardino Lois Ventín, o crego de Castro, foi considerado sospeitoso de axudar á guerrilla antifranquista e recibir os guerrilleiros na súa reitoral; se ben fóra o anterior párroco, Jesús Rodríguez Anllo, quen uns anos antes, no 1938, dera chivatazos ás autoridades falanxistas para o apresamento de decenas de persoas e a eliminación de varios líderes agraristas e mestres nacionais da veciña Quireza e de toda a contorna.

     No lugar de Filgueira, son dignas de ver as mostras de arquitectura popular que podemos atopar en todas as casas e no seu fermoso eirado composto dun conxunto de 12 canastros (Eira da Ermida) que está xunto á capela da Virxe dos Remedios (queimada tamén polos soldados de Napoleón), dende onde hai unha gran vista panorámica da parroquia de Quireza e montes do arredor.

     Filgueira é terra de ferreiros e fiadeiras e sobre todo destacan famosos canteiros, como Domingo Matías e Tomás Penelas.

     Outra das aldeas da parroquia é Bugarín, onde está a capela da Virxe da Saleta.

      No antigo camiño que comunicaba o Lugar do Cabo con Bugarín (hoxe un carreiro abandonado que é a única conexión directa existente entre os dous lugares da mesma parroquia) hai unha pedra moi grande na zona que chaman Os Corticiños. Conta a lenda que a un home que pacía as ovellas sempre por aquela zona lle saíu dunha vez ao camiño unha serpe de gran tamaño. A serpe, á que lle gustaba o leite, muxiulle dúas ovellas. Dende aquela, o home asubiaba na pedra todos os días para que viñera a serpe, ata que pareceu que lle collera ata certo achego. Pero o home tivo que marchar fóra uns anos, e atopouse cando volveu que a serpe non acudía ao seu asubío. 

     Volveu ao día seguinte e, desta vez, a serpe apareceu e de tanto que o estrañara abrazouno tanto que o matou. Días despois sete homes de Bugarín fixeron unha batida e mataron a serpe con escopetas.

Lugares e parroquias
     Bugarín, Castro do Cabo, Castro do Medio, Filgueira

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 13 de junio de 2022

FERVENZA DO POZO DA FORCA - REGO DA BARCIA - CABANA DE BERGANTIÑOS

FERVENZA DO POZO DA FORCA

REGO DA BARCIA 

RIOBÓ

CABANA DE BERGANTIÑOS


Fervenza do Pozo da Forca
      Si hai un lugar no que verificar aquilo de que Galicia é a terra dos mitos e as fábulas ese é a Fervenza do Pozo da Forca, en Cabana de Bergantiños.

       Ao seu ao redor medrarón crenzas e  lendas  algunhas din que é un ollo de mar en terra, outras falan do tesouro que brilla ao fondo do inacabable e misterioso fondo do pozo ou como conseguir o ouro por medio de dous terneros irmáns alimentados do seu propio leite.

     O que si que é real é o pintoresco desa pequena e melódica fervenza que se atopa entre pedras escuras e bucólica vexetación de fentos verde jade.

     Pero non só o oído e a vista veranse consentidos na súa contorna, tamén se acariña ao olfato por un inigualable aroma a terra mollada que invita a coller ben fondo o aire sentindo como enche os pulmóns e a garganta e vai saíndo aos poucos cara á frescura exterior.

Riobó
     San Martiño de Riobó é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. 

     No ano 2018 tiña 251 habitantes dos cales 127 eran homes e 124 eran mulleres segun datos do IGE, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 351 habitantes e ao 1999 cando tiña 374 habitantes.

Lugares de Riobó
     A Barcia, Camafreita, Casais, A Devesa, A Esmorisa, Folgoso, A Mata, Meixoeiro, Padrín, O Rempenín, Riobó, Soutochán, O Vao

Comarca de Bergantiños
     A comarca de Bergantiños é unha das 53 comarcas galegas. 

     Esta situada na provincia da Coruña e a súa capital é Carballo. 

     Pertencen a esta comarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso.

     Ten unha superficie de 743,51 km² e tiña 66.840 habitantes no ano 2020. 

VIDEO

MAPA

 

 Fuente: Guía Repsol

XOAN ARCO DA VELLA