Mostrando entradas con la etiqueta ARTE RELIGIOSO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ARTE RELIGIOSO. Mostrar todas las entradas

jueves, 8 de agosto de 2024

CRUCEIRO EN CARIÑO - CARIÑO - CASTRO - BOIRO

 CRUCEIRO EN CARIÑO

CARIÑO

CASTRO

BOIRO

Cruceiro en Cariño
       Este cruceiro de Loreto ou “de capeliña” nace sobre dous chanzos cadrados. 

        O seu groso varal octogonal remata nunha sección a modo de capitel na que podemos ver un relevo dun anxo.  

     No interior da fornela aparecen dúas imaxes femininas feitas en pedra.

      O conxunto remata cunha cruz coa imaxe de Cristo crucificado.

Castro
     Santa María de Castro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Boiro, na comarca da Barbanza. 

        Segundo o padrón municipal map(INE 2013) ten 2.302 habitantes (1.103 homes e 1.199 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.537 habitantes.

       Un dos principais lugares desta parroquia, e do mesmo concello, é Cabo de Cruz, onde se celebra desde hai anos, o 16 de agosto, unha festa de exaltación do mexillón.

      Na parroquia está a praia de Carragueiros.


Lugares de Castro
     Aldea de Arriba. Banda ó Río. Cabo de Cruz, Cariño, Cesar, Esteiro, Fonte de Mouro, A Pesqueira. Romarís, Xián

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

 

 

miércoles, 7 de agosto de 2024

ERMIDA DA VIRXE DO MONTE - A VIRXE DO MONTE - LESÓN - A POBRA DO CARAMIÑAL

 ERMIDA DA VIRXE DO MONTE

A VIRXE DO MONTE

LESÓN

A POBRA DO CARAMIÑAL


      Edificación do ano 1677 feita a base de perpiaño granítico encintado, de planta cadrada e cuberta a catro augas con tella curva e pináculos nos extremos.

         O máis destacado do conxunto é a súa fachada principal no que podemos ver a porta de aceso, de forma rectangular alintelada, é de forxa de ferro con ornamentos.

        Está enmarcada por un arco tallado de medio punto sobre ménsulas que, á súa vez, está encadrado por unhas molduras simulando pilastras acanaladas pegadas ao muro e unidas cun lintel horizontal e pináculos nas esquinas.

          Por riba da porta aparece unha inscrición na que se di que Gregorio Peres de Axeitos e a súa muller Antonia de Lourenzán mandaron construíla no ano 1677.

        O conxunto coroase cunha cruz coa imaxe de Cristo crucificado.

        No interior, con bóveda de canón, podemos ver un pequeno altar situado nunha fornela coa imaxe da Virxe enmarcada por unha serie de molduras e un arco de medio punto. Tamén se pode ver un relevo de San Amaro.

MAPA 

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA 

martes, 6 de agosto de 2024

IGREXA DE SANTA CRUZ DE LESÓN - SANTA CRUZ - A POBRA DO CARAMIÑAL

IGREXA DE SANTA CRUZ DE LESÓN

SANTA CRUZ

A POBRA DO CARAMIÑAL

 Santa Cruz de Lesón
        Ao pouco  de iniciar a estrada que nos levará a un das paraxes máis emblemáticas deste concello como é o das Piscinas Naturais  do río Pedras atópase esta pequena igrexa cuxos primeiros datos da existencia dun templo no lugar de Santa Cruz de Lesón é no século IX.

       A igrexa actual data do século XVII. É de pequenas dimensións e consta dunha nave única con capela maior e sancristía encostada ao corpo  principal da igrexa.

       Aínda que dá servizo ás xentes do lugar é dependente doutra igrexa, a de Santiago de la Puebla do Deán.

     A nave, de planta rectangular está formada por un único tramo cuberto cunha bóveda de canón rebaixada. Ao campanario pódese acceder desde unha tribuna.

      A capela maior é algo máis estreita, tamén de planta rectangular e cuberta da mesma forma, cunha bóveda de canón rebaixada.

        As paredes exteriores son de cachotería revogada e pintada salvo na fachada principal que é de sillería de granito. Nesta fachada principal hai un rosetón sobre unha portada rectangular e sen máis ornamentación.

         Ten dous resaltes laterais imitando pilastras que rematan en pináculos.

      A cornixa crébase no centro formando unha plataforma horizontal sobre a que se apoia a espadana, dun corpo con dous vans rematados en arco de medio punto e coroado por un tímpano  curvo.

MAPA

 

 Fuente: www.xenealoxiasdobarbanza.es

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 5 de agosto de 2024

CRUCEIRO DA BANDA - A BANDA - POSMARCOS - A POBRA DO CARAMIÑAL

 CRUCEIRO DA BANDA

A BANDA

POSMARCOS

A POBRA DO CARAMIÑAL

 Cruceiro da Banda.
        Cruceiro do século XIX, situado na banda dereita de Ou Río Lérez (un lugar da parroquia de Posmarcos, na Pobra do Caramiñal)

     Cruz con Cristo crucifixado, tres cravos e cartel de INRI.

      Non ten figura da Virxe

      Ten un anxo con ás na base da capeliña. 

     Capela sen imaxes na actualidade.

      Fuste de sección cadrada, con arestas rebaixadas.

       Plataforma cuadrangular, de tres bancadas.

 MAPA

 

Fuente: Web desdepobra.com

XOAN ARCO DA VELLA


domingo, 4 de agosto de 2024

IGREXA DE SAN BREIXO DE BERÁN - BERÁN - LEIRO

 IGREXA DE SAN BREIXO DE BERÁN

BERÁN

LEIRO

 Berán
     San Breixo de Berán é unha entidade local menor e parroquia do concello de Leiro, na provincia de Ourense.

        No ano 2015 tiña 237 habitantes (117 homes e 120 mulleres), distribuídas en dous lugares, o que supón unha caída en relación ao ano 2008, cando tiña 259 habitantes.

       Está situada a unha altitude de 296 metros sobre o nivel do mar, a uns 3,1 km da capital do concello, Leiro, pola estrada OU-0307.

Historia
     Antes da constitución dos concellos no século XIX pertencía á xurisdición de Carballeda de Avia. Na primeira distribución municipal formou parte do concello de Beade, do que se segregou posteriormente para integrarse no de Leiro.

        Desde o 13 de decembro de 1924 está considerada unha das nove entidades locais menores de Galiza.

Patrimonio
      A igrexa de San Breixo de Berán é barroca, do século XVIII, con restos renacentistas e un escudo dos Sarmiento na fachada.

Festas e tradicións
        As festas patronais de Berán celébranse a finais do mes de xullo (19, 20 e 21), sendo o día grande o día de Santa Margarida, o día 20. Ademais, tamén se celebra o San Roque en agosto na capela do mesmo nome, no barrio de Trasouteiro, e a festa de Mozos e Vellos, tamén no mes de agosto.

       A finais de outubro celébrase a festa do licor café, a única en Galicia dedicada a esta bebida tradicional galega.

Balneario
      O balneario de Berán está situado no lugar de Caldelas, na estrada comarcal que une Berán co concello limítrofe de Beade. As súas augas destacan polo seu alto contido en xofre, polo que se indican para problemas de pel (sobre todo a psoríase), reuma, trastornos hepáticos, dixestivos e respiratorios. As augas saen do manancial a unha temperatura media de 28 °C.

        Na actualidade o balneario encóntrase nunha fase de transición que comezou no ano 1999, cando se comezaron as obras para a construción dun edificio novo. Non obstante, tras varios problemas xudiciais e políticos, e a pesar de estar rematada a obra, aínda se está a usar a instalación vella, que data de mediados do século XX. 

        As vellas instalacións constan dunha pequena piscina de auga termal ao aire libre, sete bañeiras individuais, duchas, vestiarios e unha fonte para a bebida.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA DE SANTA LUCIA - NOGUEIRA - NOGUEIRA REBOREDA - VILA NOVA DE CERVEIRA

 CAPELA DE SANTA LUCIA

NOGUEIRA

NOGUEIRA REBOREDA

VILA NOVA DE CERVEIRA

Nogueira
     Nogueira era unha freguesia portuguesa do municipio de Vila Nova de Cerveira, distrito de Viana do Castelo.

Historia
        Foi suprimida o 28 de xaneiro de 2013, en aplicación dunha resolución da Asemblea da República portuguesa promulgada o 16 de xaneiro de 2013 ao unirse coa freguesia de Reboreda, formando a nova freguesia de Reboreda e Nogueira.

Reboreda e Nogueira
     Reboreda e Nogueira (chamada oficialmente União dás Freguesias de Reboreda e Nogueira) é unha freguesia portuguesa do municipio de Vila Nova de Cerveira, distrito de Viana do Castelo.

Historia
     Foi creada o 28 de xaneiro de 2013 en aplicación dunha resolución da Asemblea da República de Portugal promulgada o 16 de xaneiro de 2013 coa unión das freguesias de Nogueira e Reboreda, pasando a súa sede para estar situada na antiga freguesia de Reboreda

Economía
      En Nogueira, menos poboada, a actividade económica principal está enfocada no sector agropecuario. 

 

         En Reboreda tamén é destacable o sector primario, ademais do hostaleiro e da pequena industria.

       A construción civil é, así mesmo, unha actividade económica con certa importancia na freguesia.

Patrimonio
     Destaca a igrexa parroquial de San Juan Bautista de Reboreda, de estilo románico, así como a Torre de Penafiel de Reboreda, unha torre residencial de planta cadrada que data do século XVII, hoxe restaurada e de propiedade privada.

     Completan o patrimonio relixioso da freguesia a igrexa parroquial de Nogueira (igrexa de São Tiago), e dúas capelas.​  

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA