FERVENZA DE ROSENDE
REGO DE ROSENDE
CALVOS
TOURO
Calvos
San Martiño de Calvos de Socamiño e unha parroquia que se atopa o Este do Concello de Touro. Según o padrón municipal de 2019 tiña 143 habitantes distribuidos en 9 entidades de poboación: Calvos, Carballido, Cezar, Merés, Rilo, Rosende, Sartes, Vilar y Xunqueira.
- PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO: Castro. Pena Furada e Pena das Letras, en Vilar.
- ARQUITECTURA RELIXIOSA: Iglesia de San Martiño de Calvos y Casa Rectoral, en Xunqueira; Capilla y Crucero del Pazo de Rosende.
- ARQUITECTURA CIVIL E POPULAR: Pazo de Rosende y Hórreo; Molinos de Merés, da Agra, do Muiñeiro de Abaixo, do Muiñeiro de Arriba, da Ponte y da Torre.
- RECURSOS NATURAIS: Fervenza de Rosende y el entorno del Ulla.
Touro
Touro é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa.
Segundo o IGE en 2020 tiña 3.516 habitantes. O seu xentilicio é tourense.
Xeografía
Ten unha superficie de 114,9 km² (214.995 ferrados). A capital municipal está en Fonte Díaz, parroquia de Touro, aínda que no século pasado estivo en Soutullo, na parroquia de Fao.
Orografía
O Concello de Touro presenta un perfil semellante ó resto das terras do Ulla; un relevo suave que se acentúa cara ó sur ata chegar ó val do Ulla. As maiores altitudes corresponden cos montes de Pena Cabreira, Xunqueira e o Coto de San Sebastián (parroquia de Loxo), rondando todos eles os 400 metros.
Hidrografía
En canto á rede hidrográfica, á parte do mentado Ulla, atopamos os ríos Brandelos e Lañas, cos seus respectivos afluentes: Quintáns, Prevediños, Pucheiras, Rozas, Abelenda e Beseño.
Historia
Hai restos antigos de presenza humana, aínda que moitos están sen catalogar. Na parroquia de Foxás hai varios topónimos que denotan a existencia de poboados castrexos. Da época da romanización de Galicia quedou un camiño real con dirección a Lugo.
Na toponimia atopamos por exemplo coa aldea de Castelo, en Touro, o nome etimoloxicamente podería deberse a que alí se erguera algo semellante a un castelo, e na zona dos Torreis, en Loxo poderían imaxinarse unhas fortificacións. En Foxás hai varios lugares co nome de Castro.
As terras do concello aparecen nomeadas no Códice Calixtino, promovido polo arcebispo Diego Xelmírez no século XII. As dezanove parroquias actuais estaban repartidas en cinco xurisdicións: Bendaña, Bendaña do Marqués, Budiño, Cira e Xiro da Rocha.
Trala división territorial de España en 1833 foron creados os concellos de Touro e de San Miguel de Vilar (na actualidade integrado no primeiro), pertencentes ó partido xudicial de Sar. O municipio de Touro homenaxeou á raíña Isabel II, que reinaba nese momento, incluíndo no seu escudo un i grego e un dous en números romanos.
No século XX o concello mantiña unha economía de autoconsumo, ligada ao sector primario, e un atraso tecnolóxico. Isto motivou unha grande emigración.
Patrimonio cultural
Touro está atravesado polo Camiño de Santiago. Son algúns os peregrinos que collen a estrada comarcal AC240, que atravesa as parroquias de Beseño, Quión, Touro, Loxo, Bama, Prevediños e Vilar.
Etnografía
En Baiobre, un dos lugares máis elevados do concello, na parroquia de Beseño, celébrase unha romaría nunha carballeira xunto á capela de Santa Sabela. Segundo a tradición, as mulleres preñadas deben coller unha tella da capela que se garda baixo os carballos.
En Brandelos, Prevediños hai unha fonte con augas medicinais, onde xente ía tomar baños. Alí fíxose unha capela, arruinada e agora restaurada por un particular, e tamén alí se facía unha festa nunha carballeira, onde tamén había feiras. Agora a romaría faise nunha capela, que en tempos pasados puido pertencer ao Conde de Altamira, en Noaio, na mesma parroquia.
Festas e celebracións
Hai unha feira cada día 5 de todos os meses en Fonte Díaz, con especial mención a de agosto, dedicada aos emigrantes.
Festa da Terceira Idade
Día do Neno
Tamén se celebra o Entroido, de especial mención o de Fao, como magostos e sardiñadas nas súas datas.
Festas parroquiais:
O San Xoán do 24 ao 26 de xuño en Touro
Festas de Santa Eulalia e San Marcos en Bama o 24 de abril
San Breixo en Foxás o 1 de outubro
Santa Mariña en Circes o 18 de xullo
Festa do Coto de San Sebastián en Loxo
San Ramón en Santiso, Cornado, o último venres e sábado de agosto.
Parroquias de Touro
Andeade (Santiago), Bama (San Vicenzo), Bendaña (Santa María), Beseño (San Cristovo), Calvos de Socamiño (San Martiño), Circes (Santa Mariña), Cornado (Santiso), Enquerentes (San Miguel), Fao (Santa Uxía), Fontes Rosas (San Xoán), Foxás (San Breixo), Loxo (Santa María), Novefontes (Santiago), Prevediños (Santiago), San Fiz de Quión (San Fiz), San Miguel de Vilar (San Miguel), San Pedro de Ribeira (San Pedro), Touro (San Xoán), Turces (Santa María)
VIDEO
MAPA
Fuente: Concello de Touro
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901