jueves, 5 de diciembre de 2024

PETO DE SAN SEBASTIAN - AVD. DO MEIO - VIANA DO CASTELO

 PETO DE SAN SEBASTIAN

AVD. DO MEDIO

VIANA DO CASTELO

  Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás... 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

 

miércoles, 4 de diciembre de 2024

CAPELA DE SANTO DOMINGO - SANGUIÑEDO - DOZÓN

 CAPELA DE SANTO DOMINGO

SANGUIÑEDO

DOZÓN

      É unha capela sobria en tamaño e decoración. 

     Está situada á beira da estrada N-525. 

     É unha capela dunha nave, ábsida rectangular e pilastras nas esquinas, rodéaa un zócalo continuo tallado na pedra. 

      Ten unha capela lateral encostada.

      A fachada tamén está enmarcada por pilastras, a porta é adiltelada e rodeada cunha moldura plana sen decoración.

     O único elemento decorativo sitúase encima da porta e é o escudo do Mosteiro de Oseira que se compón de dous osos empolicados nun piñeiro entre dúas figuras simbólicas da vida e a morte unidas por unha cadea. 

      O remate superior componse con frontón recto partido para situar a base para un pequeno campanil metálico.

     Ten xanelas abucinadas nos muros laterais e na ábsida.

MAPA

 

 Fuente: Web Dozón Turismo

XOAN ARCO DA VELLA 

CALVARIO DE SAN MARTIÑO - IGREXA DE SAN MARTIÑO - BUEU

 CALVARIO DE SAN MARTIÑO

IGREXA DE SAN MARTIÑO

BUEU

      O Calvario de Bueu está no adro da igrexa parroquial de San Martiño de Bueu, aínda que non era ésta a súa ubicación orixinal.

      Foi mandado facer por Fernando da Rúa e Freire, reitor da Inquisición de Bueu, e señor do pazo de Santa Cruz, no ano 1686, e nun principio estaba situado no lugar da primitiva capela dos Santos Reis, no lugar do Valado.

      Este primitivo conxunto foi desmontado e dispersado, pasando as figuras dos ladróns a mans de coleccionistas. Hai uns anos, grazas á iniciativa veciñal, puido ser recuperado e reconstruído no adro da igrexa parroquial.

        Os calvarios son conxuntos de tres cruceiros con representación de Cristo e dos dous ladróns, e son bastante infrecuentes en Galiza. As tres cruces de Bueu érguense sobre un mesmo chanzo, representación simbólica do monte Gólgota. No centro sitúase Cristo, Dimas, o ladrón bó á súa dereita, e Xestas, o ladrón malo, á súa esquerda.

      As tres cruces contan cun pedestal cúbico, coa representación da caveira e as tibias cruzadas de Adán no frontal da cruz de Cristo. Os varais son de sección cadrada, biselados nos cantos imitando o tronco dunha árbore, conformando a tipoloxía coñecida como “espiñenta”. 

        Os capiteis son troncocónicos, máis anchos que longos, e están decorados con volutas nas esquinas. No centro das caras de cada capitel hai rostros de anxos, agás na cruz do ladrón malo, que aparece un demo botando a lingua pola boca.

       A cruz do Cristo está traballada de maneira máis fina e elaborada que as outras, e presenta os bordes biselados, mentres que as dos ladróns teñen sección cadrada, e mesmo os brazos da cruz tortos no caso da cruz de Xestas. 

      O Cristo represéntase morto, con tres cravos nas mans e pés, mentres que os ladróns só teñen os pés cravados, suxeitándose os brazos con cordas, en posturas contorsionadas. Non hai figuras nos reversos.

MAPA 

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA 

MUIÑO EN A GOUXA - REGO DE ARMEARA - BIDUEIROS - DOZÓN

 MUIÑO DE A GOUXA

REGO DE ARMEARA

BIDUEIROS

DOZÓN

 A Gouxa
     A Gouxa é un lugar da parroquia de Bidueiros, no concello pontevedrés de Dozón, na comarca do Deza. 

      Segundo o INE, en 2008 tiña 63 habitantes (29 homes e 34 mulleres), o que supón un aumento de 1 habitante con respecto ao ano 2000.

     Nesta aldea celébrase cada certo tempo unha feira coñecida popularmente como "Feira da Gouxa".

      A Feira da Gouxa celebrase os días 11 e 23 de cada mes.

Bidueiros
      Santa María de Bidueiros é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Dozón.

Segundo o INE en 2010 tiña 228 habitantes (115 mulleres e 113 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 287 habitantes.

Lugares de Bidueiros
     Amear, Bidueiros, A Gouxa, A Pallota, Roiriz, San Martiño

Comarca de Deza
       A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín.

      Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

     A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes.

       O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

RUINAS DA CAPELA DE A GOUXA - BIDUEIROS - DOZÓN

 RUINAS DA CAPELA DE A GOUXA

A GOUXA

BIDUEIROS

DOZÓN

      As capelas son pequenos templos independentes das igrexas parroquiais que pretendían, como indica o termo diminutivo derivado da palabra latina “capa”, dar acubillo e protección relixiosa á súa contorna debida a crenzas, aparicións, bondades naturais ou actividades humanas alí desenvolvidas.

     Este último caso é o que explica a da Gouxa, no camiño real polo que discorrían os arrieros a través das altas montañas do centro de Galicia levando os seus produtos entre cidades e comarcas.

     Aquí facían unha parada na feira tradicional que, desde o medievo, vén celebrando neste asentamento, obtendo amparo relixioso para o bo discorrer das súas compras e vendas.

     A utilidade da capela cambiou, pois xa non actúa como centro de devoción, nin alberga nada no seu interior que dea testemuño do seu hagiografía ou advocación.

      Trátase dun edificio simple, que non se diferencia en moito dos próximos, utilizado como estes para actividades agropecuarias. 

     En todo caso, conserva a súa planta rectangular de pequenas dimensións e nun só espazo aberto, unha manifesta austeridade ornamental, habitual nestes casos, e un piso terrero. 


     Perdeu a súa espadana, seguramente dunha soa campá en orixe, sendo ampliadas as características pequenas xanelas laterais.

      A entrada é o único que nos fai pensar na antiga función, cun arco de medio punto que fala da súa antigüidade, ademais dun beirado que separa o edificio primigenio dunha ampliación posterior. 

       O seu tellado a dúas augas presenta no interior un soporte de vigas e tesoiras sobre as que se dispón un armazón de puntones e listóns.

MAPA 

 

Fuente: Web Turismo de Dozón

XOAN ARCO DA VELLA