CRUCEIRO DE PONTENAVEIRA
A BAIUCA
CARAMIÑAL
A POBRA DO CARAMIÑAL
A Baiuca
A Baiuca é un lugar da parroquia do Caramiñal no concello coruñés da Pobra do Caramiñal da comarca do Barbanza.
Tiña 28 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 11 eran homes e 17 eran mulleres.
Toponimia
Unha baiuca é un local público onde se serve alcohol, como unha taberna ou tasca.
O Caramiñal
Santa María a Antiga do Caramiñal é unha parroquia que se localiza no concello da Pobra do Caramiñal na comarca do Barbanza.
Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 440 habitantes (232 mulleres e 208 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 482 habitantes.
Comarca de Barbanza
A comarca do Barbanza, comarca da Barbanza, comarca de Barbanza ou simplemente A Barbanza, O Barbanza ou Barbanza, é unha das comarcas oficiais de Galicia.
Localízase no suroeste da provincia da Coruña. Pertencen a ela os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira. Ten unha superficie de 246,71 km² e no ano 2020 tiña 66.063 habitantes.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA