domingo, 7 de marzo de 2021

CAPELA DE SAN NOMEDIO - TABOEXA - AS NEVES

CAPELA DE SAN NOMEDIO

TABOEXA

AS NEVES

 Capela e mirador de San Nomedio

     Miradoiro situado a 690 metros de altitude con amplas vistas cara a San Fins (Arbo), o norte de Portugal e as comarcas do Condado e da Paradanta.

     No alto do miradoiro hai unha sinxela capela dedicada a san Nomedio, e xusto á beira sitúase unha área recreativa con diversas especies vexetais, mesas e bancos no merendeiro e tamén grellas.

     Neste lugar celébrase todos os anos unha romería para venerar a san Nomedio, cun gran número de seguidores no municipio, que seguen a tradición para comer no monte ó mediodía

Taboexa
     Santa María de Taboexa é unha parroquia que se localiza no concello das Neves. 

     Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 502 habitantes (252 mulleres e 250 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 500 habitantes.

Xeografía
     A parroquia esténdese pola aba do monte de San Nomedio, o cumio máis alto dos arredores con case 700 metros de altitude.

Patrimonio
     O Castro de Altamira, escavado en 1976 por Alfredo García Alén, e do cal se conservan numerosas pezas no Museo Provincial de Pontevedra. Os petróglifos de Mouro e da Citania de Altamira están declarados Ben de Interese Cultural.

     O Centro de Interpretación do Patrimonio e Local Socio-Cultural está enfocado á posta en valor dos bens arqueolóxicos e arquitectónicos da parroquia.

     Segundo Pablo Osorio o monte de San Nomedio podería corresponderse co monte Medulio, en base á proximidade ao río Miño e á toponimia da zona. Segundo unha lenda, as augas de San Bartolomeu son férreas porque tras unha gran batalla librada alí, as armas foron soterradas nunha gruta. Outra lendas di que entre o monte e a igrexa parroquial existe unha cova escavada por mouros.

     O 7 de decembro de 2017, tras a vaga de lumes de 2017, descubriuse unha laxe con petróglifos sen catalogar.


Lugares de Taboexa

     Altamira, Arufe, As Barreiras, As Bouciñas, Bugalleiras, O Candón, O Caneiro, A Capela, A Carrasqueira, Carreirachán, O Casal, Corneda, O Corvo, O Cotiño, Covalagarto, A Custoura, Frián, A Gañavena, A Igrexa, Leiradiño, A Lomba, O Marco, O Mariño, Millaxendo, A Moreira, Morgallón, O Mouro, Novás, O Outeiro, O Pazo, A Pedreira, Perdeán, Os Píos, A Rata, O Rego Novo, O Reguengo, O Rodeiro, Sandomedio, O Toxal, Trigal, Valverde, A Viña do Pazo

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


MUÍÑO DA BOUZA - RÍO RONS - CERPONZÓN

 MUÌÑO DA BOUZA

RÍO RONS

CERPONZÓNS

  Cerponzóns
      San Vicente de Cerponzóns é unha parroquia situada ao norte do concello de Pontevedra.

     No ano 2015 tiña 806 habitantes (366 homes e 385 mulleres), nove menos ca en 2004 (424 mulleres e 391 homes segundo o padrón municipal) e 39 menos ca en 1999. Ten trece entidades de poboación.

     Limita con Alba, Verducido e Lérez. Cerponzóns pertenceu ao concello de Alba, adherido en 1868 ao de Pontevedra.

Patrimonio
     A igrexa parroquial é un templo orixinario do século XII con diversas reconstrucións posteriores. O retablo maior ten unha imaxe de San Vicente mártir do século XVIII, que representa o santo con figura xuvenil, vestido de diácono e cunha cruz nunha man e os Evanxeos na outra. Tanto no interior do templo como no seu exterior, poden contemplarse varios escudos nobiliarios da familia Osorio-Galos.

     Desde o outeiro no que está situada, divísase a cidade de Pontevedra, o río Lérez e a ría de Pontevedra. Consérvanse tres cruceiros e varios muíños no curso do río Rons, algún deles aínda en funcionamento, ademais de catro edificios nobres, anteriores ao século XVIII, entre eles a casa reitoral.

     A ruta portuguesa do Camiño de Santiago entra en Cerponzóns pola ponte de San Caetano, sobre o río Rons. Río arriba, preto do seu nacemento, está o encoro de Pontillón de Castro, lugar empregado decote para celebrar competicións de piragüismo.

     Mentres se construía o camiño real de Pontevedra a Santiago de Compostela, en 1797 o arcebispo Malvar mandou construíu unha ponte para salvar o río Rons. Por ese camiño discorre a estrada N-550 que atravesa a parroquia, se ben en 1997 se construíu unha ponte paralela.

     Celébrase a festa patronal o cuarto domingo de xaneiro (San Vicente) e tamén a do Corpus Christi, coas súas alfombras florais.

Lugares de Cerponzóns
     A Balea, Bouza, O Bravo, O Castrado, A Costa, O Cunchido, A Ermida, Leborei, A Meán, Pidre, O Queimado, San Caetano, Tilve, Vigario

Río Rons
     O Rons é un río que discorre polo concello de Pontevedra e desauga no río Lérez no seu treito final na Xunqueira de Alba, na parte norte da cidade de Pontevedra.


     A foz no río Lérez localízase na zona das Correntes, así chamada porque neste punto xúntanse as correntes dos ríos Rons e Lérez e mailas augas da ría de Pontevedra

Percorrido
     A lonxitude do río Rons é de aproximadamente seis quilómetros. É o río que forma o encoro da cidade de Pontevedra, o encoro de Pontillón de Castro, situado na parroquia pontevedresa de Verducido. Nace moi preto do monte Acibal e parte duns poucos metros ao norte do Encoro de Pontillón de Castro até o río Gándara. 

     Ambos conflúen na parroquia de Alba e xa co nome de Gándara desembocan na maior zona húmida do municipio de Pontevedra: as marismas de Alba, que forman parte do parque da Xunqueira de Alba.

     O río pasa por varias parroquias do municipio de Pontevedra, partindo de Verducido e pasando no seu treito alto por Cerponzóns. 

     Nesta parroquia no lugar de Leborei é cruzado por unha ponte do século XVIII que ten un cruceiro monumental, chamado o cruceiro de Ánimas.


     Consérvanse varios muíños no curso do río. No seu treito baixo pasa pola parroquías de Campañó e de Alba

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


COTO DE PENA PARTIDA - SERRA DO SUÍDO - PRADO - COVELO

COTO DE PENA PARTIDA

SERRA DO SUÍDO

PRADO

COVELO

 Serra do Suído
     A Serra do Suído e un sistema montañoso galego, que fai de fronteira entre as provincias de Pontevedra e Ourense.

     En Pontevedra sitúanse os concellos de A Lama, Fornelos de Montes e Covelo, e en Ourense en os Avión y Beariz.


     O sur se prolongase coa Serra do Faro de Avión e o norte cos Montes do Testeiro, formando no seu conxunto a parte suroccidental da Dorsal Gallega.


     A serra está moi erosionada, con un perfil suave de altiplanos por enrriba dos 900 m entre as que destacan as cimas de Coto Miñoto (1051 m), Cotos Cornudos (1032 m), Porto de Valdohome (1014 m), Puza (1025 m) e Bidueiros (943 m), estes dous últimos con vértices xeodésicos nas suas cumbres.


     As ladeiras occidentais verten as Rías Baixas e as ladeiras orientais verten a conca do río Miño.


     Nos vales dos ríos podense atopar bosques autóctonos moi ben conservados, como e o caso dos robledais dos ríos Barragán e Verdugo.


Aproveitamento human
     Nos altos abundan los pastizais, que dende a época medieval foron aproveitados para alimentar o gando na época estival.


     Como fogar temporal para os gandeiros surxiron unas edificacions coñecidas como chozos o chouzos, de paredes e teito totalmente de pedra, con espesores que superan o medio metro e cubiertos de musgo para proporcionar aislamento.


     Situanse o sur de grandes rochas, para protexerse dos ventos dominantes. Dende os chozos podíase controlar unha parcela de pasto cercan, delimitado con pedras definindo o que se coñece como xesteiro.


     Algunhas destas construcions están sendo rehabilitadas para conservación do patrimonio etnográfico, ainda que a trashumancia desapareceu por completo.


     Asociado a ganadería surxeu a necesidade de controlar os lobos, para a sua captura contruironse foxos de lobos, unhas estructuras con longas paredes formando un embudo que conducía a un profundo foxo.


     Os ganderos asustaban os lobos e, con axuda das paredes, guiabanos ata cair no foxo, onde morían. Conservanse varios foxos de lobos na Serra do Suído.


     Por un deles, situado entre os concellos de Fornelos de Montes e Mondariz pasa a ruta de senderismo señalizada como GR 58 Sendeiro das Greas.


MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

 

 

sábado, 6 de marzo de 2021

MUIÑO DE LENCO DE ARRIBA - RÍO LOIRA - SEIXO - MARÍN

MUIÑO DE LENCO DE ARRIBA

RÍO LOIRA

SEIXO

MARÍN

 Seixo
     Nosa Señora do Carme de Seixo é unha parroquia do concello de Marín, na comarca do Morrazo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2019 tiña 1888 habitantes.

Xeografía
     Ten un relevo cunha vertente costeira con fachada sedimentaria e acantilada. A metade sur está ocupada polo arco areoso da praia de Aguete e apoiada no seu estremo occidental na fachada na punta do Chirleu, onde se atopan as instalacións portuarias do club náutico.

     O resto da liña de costa repártese entre pequenas calas de depósitos areosos con tramos de acantilados baixos de perfil aserrados pola erosión nos materiais esquistosos.

     A prolongación continental establecese a través dunha ladeira regular de pendente suave a moderada, cuxa cabeceira se sitúa no seu punto culminante por baixo dos 200 msnm sen relevos especialmente significativos. Presenta depósitos de area cuaternarios.

Usos do chan
     Destaca o uso do chan turístico-residencial, sobre todo nas zonas mais achegadas a costa. Séguense mantendo os cultivos tradicionais de autoconsumo, tales como pataca, hortalizas, e en menor medida millo.

Etimoloxía
     Seixo (do latín saxum, que significa 'rocha, pedra'). Polo que se chama Seixo a aqueles lugares enclavados en zonas pedregosas ou con algunha gran pedra destacada.


Paraxes naturais
     Seixo ten dous areais: a praia de Aguete, que conta cunha pequena cala, Mingotes, mais coñecida como praia dos Namorados, onde se pode practicar o nudismo dende fai mais de tres décadas, e a praia de Loira. No ano 2019 ambos areais contaron con Bandeira Azul.

      A praia de Aguete remata naturalmente na Punta Chirleu onde actualmente se atopa o Club Nautico de Aguete e o peirao deportivo. Fronte a este, no seu lado occidental está o Con do Chirleu un illote rochoso con gran valor paisaxístico, a cal sofre o embate constante das ondas e ao que se achegan os pescadores da zona a faenar.

     Xusto a continuación da Punta do Chirleu está a praia Niño do Corvo, unha pequena cala de difícil acceso, a cal só se pode chegar cando a marea está baixa.


Edificacións de interese
      Entre as diferentes construción arquitectónicas que podemos atopar, destacan os Muíños que se atopan diseminados ao longo do Río Loira, Senda dos Muíños. Diferentes lavadoiros, entre o que destacan o Lavadoiro de Loira e o Lavadoiro de Soaxe

     O Pazo do Chirleu foi construído polo corsario Juan Antonio Gago de Mendoza preto do actual porto deportivo de Aguete.


Festas e celebracións

    San Brais (3 Febreiro)
    Entroido (Desfile da Chirica) Organizado polo Grupo Cultural Ronsel (Febreiro ou marzo)
    Tradición da Colocación das Xestas (30 Abril)
    Festividade dos Maios (1 Maio)
    Luminarias de San Xoán (23 Xuño)
    Luminarias de San Pedro (9 Xuño)
    Festas da Nosa Señora do Carme (16 Xulio)

Lugares de Seixo
     Aguete, Bexe, A Brea, O Castro, O Con, Currás, Loira, Montecelo, Seixo, Soaxe, A Torre 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA