CASA DA GAITA
VIASCON
COTOBADE
Situada en Viascón, concello de Cotobade , a CASA DA GAITA é o primeiro museo galego adicado á gaita de fol.
Este museo, xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos, ten un gran valor histórico e cultural para a música tradicional galega.
Acolle unha exposición de instrumentos musicais cedidos por Olimpio Xiráldez, Pablo Díaz, Ricardo Vieites “Caxide”, Emilio Lois e Pablo Carpintero.
A CASA DA GAITA conta ademáis cun espazo adicado a un dos máis senlleiros gaiteiros da provincia de Pontevedra: o mestre Ricardo Portela Bouzas, o gaiteiro de Viascón.
Nesta sección acharás abondoso material que, cedido pola súa familia, nos lembra a súa figura, paradigma do digno gaiteiro galego, presidente fundador da Asociación de Gaiteiros Galegos e, sen dúbida, un dos mellores gaiteiros que Galicia ten parido.
A exposición compleméntase cunha colección de fotografías antigas que dan conta, a través da imaxe, da historia e o contexto deste instrumento musical e os seus intérpretes ao longo do século XX.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Asociación de Gaiteiros Galegos
XOAN ARCO DA VELLA