RITOS DE A PENADAUGA
A PENADAUGA
ESCUADRO
SILLEDA
Importancia:
A Romaría da Sta. Sabela, como tódalas desta categoría, pérdese na memoria do tempo. Ten data fixa, porque o seu día sinalado, o 2 de xullo, é o que marca o festivo.
É unha festa profundamente relixiosa, da Galicia máis profunda, que mestura o animismo, paganismo e cristianización. Onde o motivo da fe está na sanación de doenzas relacionadas coa pel, vista e ósos a través da invocación da Santa e da realización do ritual duns actos na pedra sagrada, a Penadauga, con poderes curativos.
Actos:
Todo en Escuadro está relacionado. Os romeiros, que son milleiros, con doenzas de pel (soriase, verrugas, dermatite), de vista ou de ósos, teñen un protocolo que seguir. Asistir a unha misa na honra da Santa, pasar por debaixo da imaxe cando sae a procesión e acudir á Penadauga para lavar as partes danadas na auga que está sobre a rocha, ou ben, refregarse coa parte do corpo doente. Para completar o programa terapéutico e na medida das posibilidades, pode doar en ofrenda un animal, ou calquera outra cousa, á igrexa para que sexa poxada publicamente entre os asistentes, no adro do santuario.
Conta a lenda popular, que a orixe da festa vén de cando unha muller ía tódolos días a lavarse á parroquia próxima de Graba e no camiño quedaba a durmir na parte de enriba dunha peneda, existente no lugar de Penadauga. Un día esta muller desapareceu, pero no seu sitio chantouse a súa figura feita en pedra.
Os veciños de Graba reclamaron a estatua declarando que era súa, pero aínda que a levaron, ela sempre volvía para a rocha. Despois de moitas discusións chegouse a un acordo de maneira que a estatua quedou en Escuadro a cambio dunha campá. A figura de pedra en cuestión resultou ser a Sta. Sabela que agora se venera na igrexa de parroquia de Escuadro, aínda que tamén quedou o seu perfil na concavidade da rocha de Penadauga.
VIDEO
VIDEO
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Concello de Silleda
XOAN ARCO DA VELLA