Mostrando entradas con la etiqueta LEYENDAS Y TRADICIONES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LEYENDAS Y TRADICIONES. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de septiembre de 2021

LENDA DO MOURO DO MARTELO - A SACEDA - CUALEDRO

LENDA DO MOURO DO MARTELO

 A SACEDA

CUALEDRO

     A veciñanza da Saceda conta que os mouros (os habitantes míticos deste territorio na antigüidade) lanzaban un martelo desde A Igrexiña dos Mouros (un posible castro situado na Serra do Larouco) ata a Cidá da Saceda; de aquí volvíano guindar ata O Madorriño. Desde aquí sería lanzado por última vez ata a Cidá de San Millao.

      Esta lenda, como todas as lendas, agocha unha parte de verdade:
     1. Que os xacementos arqueolóxicos máis destacados sobre o territorio nunca pasaron desapercibidos para a xente, que os dotou de lendas que explicaban de forma mítica a súa orixe e función.

     2. O martelo do que fala a lenda quizais teña algo que ver coa mesma ferramenta coa que aparece representado o altorrelevo dunha figura antropomorfa que apareceu na igrexa parroquial de Vilar de Perdizes (Montalegre; Portugal). É posible que se trate dun deus prerromano que exhibe dous atributos que foron moi valorados desde a antigüidade: a virilidade / fertilidade (de aí que sexa representado cun falo de grande tamaño) e a destreza no manexo do martelo de guerra ou da fragua; podería tratarse dunha deidade indíxena galaico-lusitana equivalente ao deus galo-celta Sucellus, o nórdico Thor, o grego Hefesto ou o romano Vulcano.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Concello de Cualedro

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 24 de julio de 2021

A PEDRA DO CAN DOENTE - MONTE DE SAN MAMEDE - O CONFURCO - TÁLLARA - LOUSAME

 A PEDRA DO CAN DOENTE

MONTE DE SAN MAMEDE

O CONFURCO

TÁLLARA

LOUSAME

 Tállara
     San Pedro de Tállara é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia.

     Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 917 habitantes (449 homes e 468 mulleres).

Xeografía
     Está situada no suroeste do concello. Limita ao norte con Camboño e Noia, ao sur con Boiro, ao oeste con Porto do Son e ao leste con Lousame, situándose neste límite o monte Iroite (685 m) e o afloramento granítico do Confurco. A zona está vertebrada polo val do río Lobo, que desemboca en Noia.

     É a segunda parroquia máis poboada de Lousame. Entre o seu patrimonio destaca a igrexa parroquial e as capelas de san Lourenzo e san Roquiño.

Lugares de Tállara
     Abeixón, Abelendo, A Barreira, Carantoña, Cernande, O Cruceiro, A Eirexa, Figueiroa, Guiende, Marracín de Abaixo, Marracín de Arriba, Meixonfrío, Merelle, Pascual, Ponte de San Francisco, A Portela, Pousada, San Roquiño, Sanguiñal, Vilar

Lousame
     Lousame é un concello galego situado no suroeste da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia.

      Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 3.268 habitantes (1.624 homes e 1.644 mulleres). O seu xentilicio é lousamán.

      É un concello principalmente agrario. Está dividido en 7 parroquias e a el pertencen 75 núcleos de poboación.

Xeografía
     O concello ten unha superficie de 93 km², e abrangue 7 parroquias. Limita ao norte co concello de Brión, ao sur con Boiro e Rianxo, ao leste con Rois e Dodro e ao oeste con Porto do Son.

     É un territorio cun relevo abrupto, con fortes contrastes entre o fondo dos vales (20 msnm) e cumios de altitude media (monte Iroite, de 685 m, e a Muralla, de 674 m).

Parroquias de Lousame
      Camboño (San Xoán), Fruíme (San Martiño), Lesende (San Martiño), Lousame (San Xoán), Tállara (San Pedro), Toxos Outos (San Xusto), Vilacova (Santa Eulalia)

Comarca de Noia
      A comarca de Noia é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Noia.

     Pertencen a esta comarca os concellos de Lousame, Noia, Outes e Porto do Son. 

VIDEO

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


domingo, 16 de agosto de 2020

LENDA DA CAPELA DE SAN CLEMENTE - A IGREXA - BRIÓN

 LENDA DA CAPELA DE SAN CLEMENTE
A IGREXA
BRIÓN

     No monte do Rubial nun lugar alto e bonito o pé dun regueiro existía unha capela onde había un santo, San Clemente. Moi próximo, a un lado, está o Coto dos Mozos ea outro o Coto Luceso.
     Conta a lenda que cando chegaban os meses de seca e as xentes do campo cando necesitaban auga ían a capela e xiraban ao santo cara ao sur de forma que empezara a chover, cando ía moi mal tempo a xente xiraba ao santo cara ao norte para que o tempo cambiase para mellor.



     Co paso do tempo a capela desapareceu, arruinouse, pero o santo aguantou uns anos máis ata que o roubaron, a lenda di que foron os do Museo do Pobo Galego. 

VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: IES de Brión
XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 25 de julio de 2020

MILLADOIRO "ONDE MORREU O HOME - MONTE DO SEIXO

ONDE MORREU O HOME
MILLADOIRO
MONTE DO SEIXO


Onde morreu o home
     Onde morreu ou home e unha acumulacion de pedras "milladoiro" que segun a tradicion popular fala dun monxe que morreu no lugar, lugar que se atopa a beira dun antigo camiño que atrabesa a Serra do Seixo camiño da Barcia do Seixo - A Lama.


Milladoiros   
     A orixe destes pequenos ou grandes montículos de pedra, formados por pedras depositadas neles polos viaxeiros dos camiños, pérdese no tempo. Estendéronse por grandes vías de distintas civilizacións. 


     A súa interpretación varía segundo a contorna no que se sitúen. Pero, en xeral, xurdiron en lugares dunha singular forza simbólica, tanto polas súas grandes dificultades –portos de montaña– como pola súa especial significación espiritual –coñécense varios situados en outeiros onde os peregrinos divisaban por vez primeira o destino sagrado-. 


     A súa interpretación precristiana tiña que ver co sentido trascendente de permanencia e protección, algo concentrado na pequena e indestructible pedra que alí se depositaba. 


     Trala cristianización os milladoiros culmináronse con frecuencia cunha cruz e, ao ritual da pedra, engadíuselle o da oración e a acción de grazas polo reto alcanzado (humillatorium).


Monte do Seixo
     O Monte Seixo, dacabalo entre A Lama e Cerdedo Cotobade, é particularmente rico en formacións xeolóxicas creadas polo xeo, a auga e vento. Nestas rochas a erosión vai creando alvéolos nas zonas periféricas, dando formas redondeadas ou caprichosas as rochas. 


     Hai casos como o de O Portalén, preto da Capela de Santa Mariña do Seixo, onde este fenómeno presenta insólitos puntos de apoio entre penedos, e mesmo que as pedras de avalar serve coma lugar de rito.


     A parte este de Cotobade esta ocupada pola Serra do Cando, que se extende entre os rios Vergugo e Lérez ata chegar a Beariz, en Ourense. Estes espazos de brañas, carqueixas e breixos, onde se chegan a superar os 900 metros, forman parte da Red Natura como lugar de interés comunitario e dan acubillo a diversas formacións rochosas de formas sorprendentes, que son orixe de lendas e contos.


     En O Portalén, segundo a lenda, os que quixeran falar cós defuntos terían antes que atravesar a “portalén“de norte a sur, e despoís gardar silencio, baixo pena de perder voz ou sáude. Só entón podería ter contacto co máis alá.

VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 Fuente: WebTerras de Pontevedra
El Corrego Gallego
XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 10 de mayo de 2020

LENDA DO CRUCEIRO DE MOLDES - RIVEIRA

LENDA DO CRUCEIRO DE MOLDES
RIVEIRA


      A Santa de Moldes, situada na parroquia de San Martiño de Oleiros no concello de Riveira, é un dos puntos de maior interese da zona. O segundo domingo de maio celébrase unha romaría en honor a esta Santa.

     A lenda di que esta santa era a Virxe María que, logo do ocorrido en Valverde, non quixo volver ver este desastre e deulle as costas (estando a figura de costas ás dunas de Corrubedo e mirando cara á Curota).




ONDE E QUE PASOU EN VALVERDE
     Situadas na parroquia de Santa María de Olveira no concello de Riveira, a duna móbil é un dos principais atractivos da comarca do Barbanza. A súa altura é nalgúns puntos próxima aos 20 metros e un quilómetro de lonxitude.

     Conta a lenda que baixo este complexo dunar está enterrada a cidade de Valverde. A historia di que a Virxe da Guía foi chamando as portas dos veciños de Valverde cun neno en brazos pedindo acubillo, pero ningún llo concedeu. Esa noite un maremoto enterrou a cidade para sempre.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 7 de mayo de 2020

¿PORQUE CHANTADA - LENDA

¿ PORQUE CHANTADA ?
LENDA


     O demo andaba de viaxe por Galicia e levaba con el a súa nai. A señora cansou e pediulle ó fillo que a levara ás costas. Pero ela estaba moi gorda e pesáballe moito. 
   
     Cando chegaron a onde está agora Chantada, o demo tirou a nai ó chan e dixolle:

—Aí quedas chantada!
     Por iso lle puxeron ese nome a Chantada, capital do concello do mesmo nome da provincia de Lugo.

MAPA


Fuente: Web Galicia Encantada
XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 1 de mayo de 2020

AS XESTAS NO MES DE MAIO

 AS XESTAS EN MAIO


     O primeiro día de maio, as ramas desta planta totalmente cubertas pola súa fermosa flor amarela, engalanan as portas e fiestras de moitas casas, os barcos de pesca, os parabrisas dos camións, automóbiles, e ata motos...... 


     Este costume tan estendida, ten como obxecto protexer ás persoas, ao gando e ás propiedades contra calquera maleficio, especialmente o mal de ollo, ao longo do ano.


     Pero tamén é a flor dos namorados, que os mozos entregaban ás raparigas que pretenden, si esta a aceptá, da a entender que tamén o aceptaba como pretendiente.


     Aínda hai unha costume máis curiosa e bastante estendida na actualidade, sobre todo nas inmediaciones da ermida da Franqueira, na Cañiza, e tamén en terras do Deza, na comarca de Lalín. 



     Aquí é frecuente ver xestas que teñen nos seus extremos un nó, o que chama poderosamente a atención dos camiñantes que percorren estes paraxes, o obxecto destas ataduras tan singulares,  é unha antiga crenza moi enraizada na cultura popular.
Que di:
     As moziñas casadeiras, peregrinas da Franqueira que, dobrando unha ramiña de xesta e dándolles voltas só cun dedo se acertan a anudala, cásanse nun ano. 
E segue:
     Que cores de cereixa lle saíron ás fazulas [mofletes] a aquela rapaciña que, ao pasar, sorpredemola atarefada en darlle voltas á pola dá xesta.




Noutras comarcas, o obxecto destes nós é outro:  
     Cando un neno está enganido, é dicir, está debilitado ou consumido, normalmente pola acción dun mal de ollo ou por unha meiga chuchona, ou polas malas artes do xenio maléfico chamado tarangano, que lle chupa o sangue á criaturita, nestes casos, unha forma de curalo consiste en facer un nó coa man esquerda; si a xesta sobrevive co nó, o rapaz sanará.


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Blog talourcera
XOAN ARCO DA VELLA