Mostrando entradas con la etiqueta FAROS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FAROS. Mostrar todas las entradas

martes, 2 de agosto de 2022

FARO VELLO DE SILLEIRO - CABO SILLEIRO - RÍA DE VIGO

FARO VELLO DE SILLEIRO

CABO SILLEIRO

RÍA DE VIGO

     Na estrada que une A Guarda con Baiona, atopamos, xa preto desta ultima poboación un desvío que ascende cara ao Faro Silleiro.

     Alí, a uns 85 metros sobre o nivel do mar, apreciaremos unhas impresionantes vistas da bocana da Ría de Vigo, co Cabo Silleiro no extremo máis próximo e o Cabo Home no máis afastado. 

     Tamén teremos vistas impresionantes das ''Illas Cies''.  Dente o faro e vendo cara o mar podese ver o antigo faro sustituido no 1866 por o actual.

Cabo Silleiro
     O cabo Silleiro, é un cabo situado no suroeste de Galicia, na parroquia de Baredo (Baiona), que pecha a ría de Vigo polo sur, marcando o inicio das Rías Baixas cara ao norte. É o punto máis ó norte da costa de Baredo a Camposancos.


Faro
     O Faro de cabo Silleiro, construído en 1866, ten unha altura de 9 metros sobre o chan e 85 sobre o nivel do mar, cun alcance de 30 millas.

Instalacións militares
     Na década de 1940 construíuse na zona, a batería de artillaría costeira J4, con 200 metros de galerías subterráneas conectando catro pezas de artillería Vickers modelo 1923 de 152,4/50mm de 1943, fabricados pola Sociedad Española de Construcción Naval en Reinosa, co obxectivo de protexer o porto de Vigo e a entrada á vila de Baiona.

     A base foi abandonada durante os anos noventa. En 1998 retirouse o perímetro de seguridade. 

     As intalacións pertenceron ao Ministerio de Defensa de España ata o ano 2021, cando, tras trinta anos de negociacións, as mercou o Concello de Baiona por 370.000 €.

Naufraxios
     Nas augas de cabo Silleiro afundiron dous barcos: o ABC e o Collingham (chamado polos baioneses O Cunichán).

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 1 de agosto de 2022

BALIZA DE PUNTA DO FARO - FARO - VIVEIRO

 BALIZA DE PUNTA DO FARO

PUNTA DO FARO

FARO

VIVEIRO

 Ría de Viveiro
     A ría de Viveiro é unha ría da provincia de Lugo, en Galicia. Forma parte das rías Altas.

     Está formada pola desembocadura do río Landro, que percorre 42 km ata forma esta enseada. Está nos concellos de Vicedo, Viveiro e Xove.

     Ábrense á ría o porto pesqueiro da parroquia de Celeiro, a capital municipal do concello e a zona residencial de segunda vivenda na parroquia de Covas. 

     Dentro dela están a Praia de Covas, Praia de Area, Praia de Seiramar, Praia de Sacido, Praia de Abrela, Praia de Portonovo, ou Praia de Esteiro. Así como as illas de Area, Gabeira ou Queimada.

 
Faro

     San Xiao de Faro é unha parroquia do concello lugués de Viveiro na comarca da Mariña Occidental.

     No ano 2007 tiña 189 habitantes (92 homes e 97 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano 2000.

Patrimonio
    Castro de Faro.

Comarca da Mariña Occidental
     A comarca da Mariña Occidental, ou terra de Viveiro, é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Viveiro. 

     A ela pertencen os concellos de Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove. Esta comarca é unha división oficial da Mariña de Lugo.

Demografía
     No ano 2020 segundo o IGE tiña 25.537 habitantes. Dentro dos movementos naturais da poboación pódese destacar que no ano 2020 houbo 114 nacementos en contra de 362 óbitos, cun saldo vexetativo negativo de -248 persoas.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA



FARO DE PUNTA ATALAIA - SAN CIPRIÁN - CERVO

FARO DE PUNTA ATALAIA

SAN CIPRIÁN

CERVO

FARO DE PUNTA ATALAIA
     En 1860 apróbase unha luz de 6ª orde na Atalaia de San Ciprián para indicar aos navegantes a situación deste porto, por aquel entón moi concorrido, a causa do movemento da fábrica de louza e fundición de Sargadelos e doutros buques que transportaban sillería.

     O proxecto data de 1861 e realizouno o enxeñeiro Marcelo Sánchez Novellán, autor tamén do faro da illa Coelleira (ría do Barqueiro). Foi presupostado en 46.836 reais e aprobado por R.O do 23 de xullo de 1861.

     Contaba cun aparato óptico de 150 mm de distancia focal e unha lanterna octogonal de 1,50 m de diámetro.

     Tiña unha lámpada moderadora servida por un só torreiro.

     O edificio, de tipoloxía similar ao da illa Coelleira, está cimentado sobre unha base de 16,20 m x 16,80 m que o eleva lixeiramente do chan, illándoo do areal circundante. O edificio é de forma cadrada e de 11 m de lado.

     En 1883 cámbiaselle a lámpada por unha soa mecha e despois por outra de gasolina. En 1905 acórdase o cambio de apariencia á de grupo 3 máis 2 ocultacións brancas, dándose así cumprimento coa adaptación a un sistema de pantallas xiratorias montadas sobre flotador de mercurio e accionadas por unha máquina de reloxería, que entrou en servizo o 29 de Setembro de 1922.

     Coa posta en funcionamento da factoría de aluminio e o seu porto, o tráfico marítimo adquiriría grande importancia. Esta foi a razón que determinou a construción dun novo faro de máis altura e alcance, situado xunto ao primitivo. É unha torre de tipo normalizado, de 3 m. de diámetro e 13,70 m. de altura, de cor branca con franxa negra. Foi equipado cun sistema eléctrico-gas con lámpada de 500 w e óptica de tambor de 500 mm.

     Coa adopción do faro, en 1993, pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Ciprián, suprimiuse o sistema eléctrico-gas e instalouse un equipo luminoso completamente novo alimentado por unhas baterías e un investidor encargado de transformar a corrente continua das baterías en alterna, cando falla a rede eléctrica.

     Tamén foi monitorizado o faro na súa totalidade para ser supervisado dende o Centro de Control situado no Porto de Ferrol.

     No ano 2002 realizouse unha importante rehabilitación e mellora, tanto no faro en servizo como no resto das edificacións. No ano 2007 realizouse unha mellora na contorna do faro para o seu uso público.

MAPA 

 

Fuente: Concello de Cervo

XOAN ARCO DA VELLA

FARO DE PUNTA RONCADOIRA - PORTOCELO - XOVE

 FARO DE RONCADOIRA

PUNTA RONCADOIRA

PORTOCELO

XOVE

 Faro de Punta Roncadoira
     O faro de Punta Roncadoira é un faro situado na costa cantábrica galega.

Localización
     Sitúase na punta Roncadoira na costa de Vilachá, na parroquia de Portocelo, Xove. Construído en 1984 como apoio aos outros faros próximos que sinalizan a ría de Viveiro. 

     Ten unha elevación de 80 metros sobre o nivel do mar e un alcance de 20 millas.

     Desde 1993 depende da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

Ría de Viveiro
     A ría de Viveiro é unha ría da provincia de Lugo, en Galicia. Forma parte das rías Altas.

     Está formada pola desembocadura do río Landro, que percorre 42 km ata forma esta enseada. Está nos concellos de Vicedo, Viveiro e Xove. Ábrense á ría o porto pesqueiro da parroquia de Celeiro, a capital municipal do concello e a zona residencial de segunda vivenda na parroquia de Covas. 

     Dentro dela están a Praia de Covas, Praia de Area, Praia de Seiramar, Praia de Sacido, Praia de Abrela, Praia de Portonovo, ou Praia de Esteiro. Así como as illas de Area, Gabeira ou Queimada.

Portocelo
     San Tirso de Portocelo é unha parroquia do concello lugués de Xove. Ten cinco núcleos de poboación. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2020 tiña 265 habitantes (140 homes e 125 mulleres).

Territorio
     Na súa costa está a enseada de Portocelo, que serve de abrigo ao portiño, e onde tamén se sitúan tres praias que quedan comunicadas coa marea baixa. Máis ao oeste a costa é máis accidentada.

     Os accidentes máis importantes son a Punta de Roncadoira, onde se sitúa o faro de Punta Roncadoira, sendo o extremo máis setentrional deste tramo de costa, Punta da Mansa e Punta Saíñas. Así mesmo, a escasa distancia da costa hai un conxunto de pequenas illas coñecidas como Os Netos e situado entre Punta da Mansa e Punta Saíñas.

Economía
     Os sectores económicos principais son a pesca e a agricultura. O marisqueo foi tradicionalmente un recurso auxiliar para as familias labregas e na actualidade o percebe e ourizo son explotados profesionalmente. Canto á pesca, a frota que ten como base o porto de Portocelo redúcese a un pequeno número de embarcacións tradicionais. A agricultura é outro dos sectores económicos máis importantes da parroquia. Destacan o cultivo do millo, grelos e pataca. A explotación dos montes de eucalipto constitúen unha importante fonte de ingresos para os habitantes da zona.


Patrimonio
     A igrexa de San Tirso, cuxas ruínas aínda se poden ver en Portocelo, e a igrexa de Vilachá, construída no século XX en substitución da primeira.

Historia
     Na década de 1970 Fenosa promoveu a construción dunha central nuclear no lugar de Regodela. Este proxecto encontrou unha forte oposición tanto na sociedade galega da época como nos habitantes da zona, e o 10 de abril de 1977 tivo lugar unha manifestación histórica, na que 8.000 persoas marcharon desde Viveiro até Xove.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 19 de julio de 2019

FARO DE LEÇA - LEÇA DA PALMEIRA - OPORTO

 FARO DE LEÇA 
LEÇA DA PALMEIRA
OPORTO


Faro de Leça
     O faro de Leça ou de Boa Nova é un faro situado en Leça dá Palmeira (distrito de Oporto, Portugal). 



     Trátase dun corpo cilíndrico e branco de 46 metros de altura con edifios anexos dunha e dúas plantas. 


     Levantado en 1926, foi inaugurado en febreiro de 1927 e automatizado en 1979. 


     Actualmente é o segundo faro máis alto de Portugal.


     Entre 1916 e 1926 existiu, a uns 380 metros ao noroeste do actual emprazamento, unha torre cuadrangular branca rematada cunha lintera da que aínda quedan restos da base, procedente do faro actual. 


     A torre serviu para experimentos que, unha vez concluídos en 1926, foi abandonada, utilizada por unha escola de fareros e finalmente demolida. 


     Dita torre recibíase o nome de farolín de Boa Nova, que dá o seu nome ao faro de Leça.


     O faro de Leça entrou en funcionamento a título experimental o 15 de decembro de 1926, sendo inaugurado oficialmente o 20 de febreiro do ano seguinte. 



     En 2005 comezou unha gran obra de restauración.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA