Mostrando entradas con la etiqueta ARQUITECTURA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ARQUITECTURA. Mostrar todas las entradas

martes, 6 de febrero de 2024

PONTE NO RÍA ARNOIA - A PONTE - A ARNOIA

PONTE NO RÍO ARNOIA

A PONTE

A ARNOIA

 Río Arnoia
     O río Arnoia é un afluente do Miño pola banda esquerda. A súa lonxitude é de 84,5 quilómetros, o que o converte no río máis longo da provincia de Ourense.

     Un seu homónimo é o portugués río Arnoia, de feito o nome de Arnoia é un hidronímico común en Europa, en linguas prerromanas.

Toponimia
     Coa mesma raíz que o río Arnego, procede dunha raíz hidronímica celto-indoeuropea er-, or- co significado de excitar, pór en movemento.

Fontes
      Nace no concello de Vilar de Barrio, a partir da confluencia de varios regos da serra de San Mamede.

Percorrido
      Baña os concellos de Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, A Merca e Celanova. Logo segue marcando o límite entre os concellos de Ramirás e Gomesende (no norte) e Cartelle e Cortegada (no sur) a través dun canón que antes de chegar ó concello da Arnoia forma un canón cunha pendente de 300 metros durante sete quilómetros, entre penedías e fragas. 

      Finalmente, chega ao concello da Arnoia onde desemboca no Río Miño no lugar de Portocarreiro fronte a un pequeno illote granítico. 

      No concello da Arnoia o río conforma dous vales unidos, o val de San Vicente (O Rial, O Outeiro, Remuiño, O Pomar, A Ponte, Carnós) e o val de San Amaro (Os Chaos, A Laxa, Quinteiros, A Paixón, Bacelo e Outeiro Cruz).

Afluentes
      Os principais tributarios do Arnoia son o Maceda, o Ambía e o Ourille e outros pequenos regatos ao longo do camiño. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 4 de diciembre de 2023

PONTE LONGAL - PONTE DA VEIGA - RÍO ARENTEIRO - O CARBALLIÑO

 PONTE LONGAL

RÍO ARENTEIRO

PONTE DA VEIGA

O CARBALLIÑO

 Río Arenteiro
     O río Arenteiro é un curso fluvial galego, afluente do río Avia. Nace a unha altura de 840 m na Pena de Francia.

      Tamén recibe as súas primeiras augas desde riba da aldea da Cabana (no concello de San Cristovo de Cea), un pouco máis abaixo da Pena Bico. Pouco despois para pola aldea de Arenteiriño.

     Tras recibir pola banda esquerda o río Oseira baña a vila do Carballiño. 

     Ao final, desemboca no Avia, na parroquia de Pazos de Arenteiro, Boborás, tras percorrer 33 km en dirección NL-SO. 

       Segundo Edelmiro Bascuas, o hidrónimo Arenteiro procede de Argentarium, facendo referencia á prata atopada no curso fluvial.

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal.

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 24 de agosto de 2023

PONTE DE A GRANXA - RÍO PORTO DO REI BÚBAL - OIMBRA

 PONTE DE A GRANXA

A GRANXA

RÍO PORTO DO REI BÚBAL

OIMBRA

Río Porto do Rei Búbal

     O río Búbal ou Buble é un curso fluvial galego que transcorre polos concellos ourensáns de Cualedro, Monterrei e Verín. É afluente do río Támega.

Étimo
     O nome do río ten relación co do pobo prerromano dos bibalos, que habitaba na comarca, segundo consta no Padrón dos pobos da ponte de Chaves.

Descrición
      Nace na serra do Larouco, dacabalo entre os concellos de Cualedro e Baltar, na provincia de Ourense, e o de Montalegre, en Portugal.

     Recolle as augas das chairas entre a Alta Limia e a fronteira con Portugal. O seu tramo final está declarado como parte da zona especial de conservación (ZEC) río Támega da Rede Natura 2000, xunto co tramo do Támega augas arriba da desembocadura.

     Os seus principais afluentes son o río Pichos, no concello de Cualedro, que percorre as parroquias de Lucenza, A Xironda e San Millao, e o río Rubín, río Búbal no concello de Monterrei, que percorre as parroquias de Infesta, Albarellos e Vilaza.

A Granxa
      Xoán da Granxa é unha parroquia do concello de Oímbra, na comarca de Verín, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 256 habitantes, dos cales 126 eran homes e 127 mulleres. 

     O que supón unha perda de habitantes en relación ao ano 2006.

Lugares da Granxa
     As Casas dos Montes, A Granxa 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 22 de agosto de 2023

PONTE CABREIRO - SOBREIRO - IGREJA - ARCOS DE VALDEVEZ

PONTE CABREIRO

SOBREIRO

IGREJA

ARCOS DE VALDEVEZ

 Ponte de Cabreiro
     Situada no río Cabreiro, que une os lugares de Igreja e Sobreiro, a Ponte de Cabreiro é un dos exemplos máis característicos deste tipo de arquitectura civil da Idade Media e Moderna que existe en todo a comarca.

      Caracterízase por unha arquitectura general bastante interesante.

     Presenta dous arcos desiguais, excepto o da marxe dereita, sendo o maior  perfectamente redondo. 

     Cronoloxicamente, a súa construción sitúase na segunda metade do século XV, como o demostra a gran inscrición no  arco, que se refire á obra do ano de 1462, realizada por un abade local, Afonso Anes. , "Creado" por D. Leonel de Lima.

     Na Era Moderna tivo unha posible intervención de mantemento.

 Arcos de Valdevez
      Arcos de Valdevez é unha vila portuguesa do Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subregión do Minho-Lima, con preto de 2.200 habitantes.

     É sede dun municipio con 445,89 km² de área e 24.761 habitantes (2001), subdividido en 51 freguesías.

   O municipio limita ao norte co municipio de Monção, ao nordés con Melgaço, ao leste con España, ao sur con Ponte dá Barca, ao suroeste e ao oeste con Ponte de Lima e ao oeste con Paredes de Coura.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PONTE DA CISCADA - RÍO DA XUNQUEIRA - ARES

 PONTE DA CISCADA

RÍO DA XUNQUEIRA

ARES

Ponte dá Ciscada
     Puente de orixe romana que recibe a todo visitante na entrada principal do municipio. 

     Data do século XVI e a súa sinxeleza fai que sexa dun gran atractivo para a toma de fotografías. 

     A súa proximidade á praia e a súa localización na alameda convérteno na emblemática ponte da localidade.

Ares
     Ares é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE o 1 de xaneiro de 2014 tiña 5741 habitantes. O seu xentilicio é «aresán».

Patrimonio histórico
     Ares conta cun estilo arquitectónico orixinal, con casas dunha soa planta e galerías de madeira pintada de cores vivas.

      Todo o concello está salpicado por edificios de arquitectura indiana. Moitos deles son dunha grande beleza e gozan dun case perfecto estado de conservación.

      A súa singularidade converteuna nun destino de veraneo moi visitado nos anos 80 e 90. 

      Este feito contribuíu á propia degradación do contorno arquitectónico, que se viu inundado de casas modernas de varios pisos, aínda que hai zonas que conservan o encanto orixinal da vila, como O Porto, onde abundan as casas dunha altura e paredes encaladas que envolven arrevesadas canellas.

       As construcións máis relevantes son o Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro e as Baterías militares do Segaño e Coitelada, ademais dos restos dunha antiga torre situada ao final do espigón, en dirección a Estacas. 

MAPA

 

Fuente: Concello de Ares

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 20 de agosto de 2023

PONTELLA EN O CAMPO - REGUEIRO DE CARRASCAL - SEIXIDO - A LAMA

 PONTELLA EN O CAMPO

REGUEIRO DE CARRASCAL

SEIXIDO

A LAMA

 O Campo
     O Campo é un lugar da parroquia de Seixido, no concello pontevedrés da Lama, na comarca de Pontevedra.

 Seixido
     San Bartolomeu de Seixido é unha das parroquias do concello da Lama. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 347 habitantes (182 mulleres e 165 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 374 habitantes.

Lugares da parroquia de Seixido
     Cabalar, O Campo, Carreiro, Casavella, Cendón, A Fentosa, A Gaiola, Pumar, O Seixido


A Lama
     A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio é lamense.

Xeografía
     O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial. Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cerdedo-Cotobade.

     Na súa extensión tópanse os seguintes montes de máis de 1000 metros:
     O Coto da Puza - Xesta   -  1035 m
     A Portela dos Xarotos - Xesta  -  1025 m
     A Pedra da Letra - Xesta   -  1019 m
     O Coto dos Pusallos - Xesta   -  1007 m
     O Foxo do Lobo - Xesta  -  1001 m
     O Seixo - A Barcia do Seixo  -  1000 m

     Outras elevacións importantes son Santa Mariña (993 metros) ou o Cando (968 metros).

Parroquias da Lama
     Antas (Santiago), A Barcia do Seixo (Santa Ana), Covelo (San Sebastián), Escuadra (San Lourenzo), Gaxate (San Pedro), A Lama (San Salvador), Seixido (San Bartolomeu), Verducido (San Martiño), Xende (San Paulo), Xesta (San Bartolomeu)

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA