FERVENZA POZO DO INFERNO
RÍO RIBADIL
MANDELOS
CRECENTE
Crecente
Situación
O municipio de Crecente está situado no sueste da provincia de Pontevedra, na bisbarra da Paradanta.
Bañado polo río Miño e cunha superficie total de 57,5 Km2, Crecente limita administrativamente o norte cos municipios de Melón e Ribadavia na provincia de Ourense; ao sur con Melgaco (Portugal); ao oeste coa Cañiza e Arbo; e ao leste con Padrenda, Pontedeva e Cortegada.
A súa poboación rolda os 2.530 habitantes que se distribúen nas once parroquias que configuran o municipio.
Estas parroquias son: Crecente, Albeos, Ameixeira, Angudes, Filgueira, Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Villar.
Entorno
O grande elemento definidor do municipio de Crecente é o río Miño xa que gran parte do seu territorio se encadra dentro da súa conca.
De aí que nos encontremos co contraste dunha zona montañosa no norte do municipio e outra zona de vales profundos no sur, estando estes marcados polo devandito río, que se conforma como fronteira natural con Ourense e Portugal.
Esta importancia que presenta o río Miño en Crecente queda reflectida no propio slogan turístico do municipio, "Mirando o Miño".
Economía
O sustento económico deste municipio radica fundamentalmente na agricultura, a explotación forestal e os servizos, destacando o colexio Escravas da Virxe Dolorosa e Residencia dá terceira idade San Pedro de Crecente. En menor medida encontramos a explotación forestal, que xunto coa industria, a gandaría a apicultura e turismo conforman as actividades minoritarias.
En canto á agricultura, pódese definir como a actividade máis importante do municipio de Crecente caracterizándose pola presenza de parcelas agrícolas onde predomina o minifundismo e a distribución en niveis ou intervalos.
Entre os cultivos predominantes destacan a vide, os produtos hortícolas, o millo e o kiwi de máis recente introdución.
O latifundismo tamén está presente na parte occidental do municipio, concretamente nas parroquias de Albeos e Villar, estando destinado ao cultivo da vide, dando lugar á creación de adegas con denominación de orixe Rias Baixas.
No que a gandaría se refire, o gando máis frecuente é o vacún, ovino, porcino e avícola, existindo diferenzas entre as distintas partes do municipio.
Exemplo diso é a maior abundancia de gando vacún nas zonas montañosas do municipio, en concreto na parroquia de Ameixeira.
En relación coa gandaría está a explotación forestal, actividade moi abandonada nos últimos tempos debido en parte á diminución do gando.
Respecto á talla de madeira, dicir que as especies máis abundantes son os piñeiros e eucaliptos, tendendo a desaparecer as especies autóctonas como carballos ou castaños.
MAPA
VIDEO
Fuente: Concello de Crecente
XOAN ARCO DA VELLA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901