IGREXA DE SANTO ANDRÉ
FIGUEIRIDO
VILABOA
Igrexa de San André de Figueirido A igrexa de San André de Figueirido é unha construción románica cuxo orixe remontar ao século XII.
As reformas posteriores mostran hoxe día unha convivencia de estilo onde se distinguen elementos como a fachada, século XVII, e o seu ábside dividido en dous partes: románica e barroca.
No interior do templo distínguese un sillar, no muro sur, cun damero gravado que parece ser reaprovechado doutro lugar.
Figueirido
Santo André de Figueirido é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Vilaboa.
Segundo o IGE en 2013 tiña 760 habitantes (391 mulleres e 369 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, 79 menos ca en 1999. É a parroquia menos poboada do concello.
Xeografía
Limita ao norte con Santa Comba de Bértola, ao suroeste con Vilaboa, ao leste coa Canicouva (Pontevedra), e ao noroeste con Salcedo (Pontevedra). A parroquia está situada na Depresión Meridiana.
Nela nace o río dos Gafos, que discorre cara ao norte. O curso forma un val polo que pasa a vía portuguesa do Camiño de Santiago, percorrendo un tramo da antiga vía XIX do itinerario de Antonino.
Segundo o Diccionario de Madoz, na parroquia había un portádego no camiño de Pontevedra cara a Vigo e Tui.
Comunícase a través da estrada N-550, e pola autoestrada AP-9 (cunha estación de peaxe). Tamén pasa pola parroquia a vía de ferrocarril entre Pontevedra e Redondela.
Antigamente existía o apeadoiro de Figueirido, pero o desvío do corredor atlántico para a liña do Eixe atlántico de alta velocidade provocou a construción dun túnel na zona.
Patrimonio
A igrexa parroquial é barroca, do século XVII, se ben conserva parte da ábsida rectangular de estilo románico. Sobre o testeiro ten un agnus dei, e nun dos laterais ten unha seteira románica. Ten planta rectangular, co presbiterio cuberto con bóveda de canón. Unha das pedras do muro sur ten gravado un dameiro.
Na parroquia está a base militar da BRILAT.
San Andrés de Figueirido
Barrios:
Bergunde, Alcouce e Balteiro.
Lugares:
Croas, Balteiro, Borrateiros, O Pazo, Alcouce, Boullosa, Canaval, Bergunde, Casfalcón
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901