HORTASÁN
MERCADO DE PONTEVEDRA
PONTEVEDRA
Hortasán é unha explotación agrícola cunha longa tradición familiar. Sete hectáreas adicadas a Produción ecolóxica de legumes, hortalizas, verduras, trigo e millo ao aire libre, cría de animais así como invernadoiros para as producións temperás.
Hortasán caracterízase principalmente por producir de forma respetuosa co medio, mesmo criamos gando deste xeito, ovellas, cabras, porcos, galos e galiñas, medran en total liberdade alimentados con millo e trigo ecolóxico, herba e berzas.
En Hortasán fan unha agricultura sustentábel e respetuosa co medio ambiente.
Empregan métodos tradicionais: rotamos os cultivos, abonamos con esterco producido polo noso gando e empregamos métodos respetuosos co medio para combatir as plagas dos cultivos.
Non utilizan produtos químicos, (nin fertilizantes, nin pesticidas, nin herbicidas), nin hormonas, nin organismos xenéticamente manipulados.
Hortasán ofreceche gran variedade de produtos de horta: acelga, allos, brócoli, cebola, coliflor, cenouras, patacas, repolo, cabaciños, pepinos, leituga, porros, chícharos, fabas, tirabeques, grelos, pementos de Padrón, da Arnoia, do Piquillo, morróns, remolacha, ovos, tomates, xudías, espinacas, fresas, mazás, pexegos...
Hortasán ten produtos de toda garantía, sans, sen residuos químicos, que teñen os sabores que lembramos da nosa neñez, que saben como sabían antes as cousas. Alimentos de alta calidade con alto nivel de nutrintes e vitaminas. Alimentos naturais moi saudables.
Ten tamén á venda outros produtos ecolóxicos
como aceite, conservas, pastas, viño, leite, iogurt, queixo, etc.
Se queres visitar a explotación, estaran encantados de recibirte.
Estan no corazón do val do Ulla, a dez quilómetros da Estrada e a vinte de Santiago de Compostela. O enderezo é lugar de Feal nº 11, parroquia de San Mamede de Ribadulla, Concello de Vedra
Puntos de venda:
Na nosa explotación e no Mercado Municipal de Pontevedra, no posto 35 C, (no 1º andar).
Os teléfonos de HORTASAN son:
981 512 491 e 650 418 099
Fuente: HORTASÁN
XOAN ARCO DA VELLA
SE practican unha agricultura ecolóxica e sustentablle, hai que visitalos. Gracias pola noticia.
ResponderEliminarUn saudo amigio Xesús, aperta
Eliminar