viernes, 30 de mayo de 2014

PONTE DO BURGO - A CORUÑA

 PONTE DO BURGO
CULLEREDO - CAMBRE
A CORUÑA


PONTE DO BURGO
     A Ponte do Burgo localízase entre os concellos coruñeses de Culleredo e Cambre. De orixe romana, foi reformada no século XII como doazón dos terreos do condado de Traba á Orde dos Cabaleiros Templarios,quen cobraban unha peaxe a todos aqueles que querían pasar pola ponte, paso obrigado dos peregrinos que desembarcaban na Coruña para dirixirse a Santiago.



     Como consecuencia da conspiración que argallou o rei de Francia Felipe “el Hermoso”, as súas posesións pasaron ás mans da Coroa, e máis tarde á casa dos Andrade, que procederon á súa reconstrucción a mediados do século XV, conservándose a pedra de armas da familia na igrexa de Santiago do Burgo.



     O 12 de xuño de 1809, en plena Guerra da Independencia as tropas de Sir John Moore voaron un dos ollos da ponte. 


     Foi restaurada pola escola-taller de Culleredo e inaugurada o 17 de xuño de 1993. 


     Na actualidade conta con 12 arcos, conservando seis da ponte primitiva.



     Os arcos son de medio punto con tímpano de sillería e abren luces de entre sete e oito metros. Posúe tallamares triangulares a modo de separación entre as arcadas.



     Por esta ponte pasa o Camiño Inglés de peregrinación cara a Santiago de Compostela.



CAMIÑO INGLES
     Pola súa situación estratéxica, Ferrol e A Coruña son os puntos de partida das dúas alternativas do Camiño Inglés. O primeiro itinerario marítimo coñecido, escrito entre 1154 e 1159 polo monxe islandés Nicolás Bergsson, describe a viaxe dende Islandia ata Dinamarca, e a pé ata Roma. 


      Esta ruta marítima seguírona os islandeses e escandinavos que peregrinaron a Santiago.



     Durante o século XIV e o primeiro terzo do XV, os británicos empregaron o barco para vir a Santiago. A súa presenza está dabondo probada coas pezas de cerámica e numismática inglesas da época achadas nas escavacións da catedral compostelá.



     As ofrendas ao Apóstolo son outra pegada da existencia das peregrinacións marítimas. A máis célebre é o retablo portátil de alabastro doado no 1456 polo clérigo John Goodyear; ou a Cruz de perlas doada polo rei Xacobe IV de Escocia (1475-1513).



     Os peregrinos contaron cos hospitais da Orde franciscana do Sancti Spiritus, baixo os auspicios do nobre Fernán Pérez de Andrade, "O Bo". No treito que parte de Ferrol situábanse en Ferrol, Neda, Miño, Paderne e Betanzos.



     Na ruta que nace na Coruña contaban con hospitais na cidade e cos de Sigrás e O Poulo, a medida que avanzaban. Os arquivos destes hospitais dan noticia de pasamentos de ingleses, nórdicos, alemáns, franceses e italianos, un dato máis que amosa a relevancia das peregrinacións por esta ruta.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
Fuente: Patrimonio Galego

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901