PETO DE ANIMAS DE BORA
BORA
PONTEVEDRA
Castelao xa reparara nel, e así, na súa obra 'Cruces de Pedra na
Galiza', incluíuno como un fermoso exemplo de Peto de ánimas, no cal
aparece un Cristo crucificado. Atópase ó pé da estrada xeral cara
Ourense, e xusto antes do cruce que leva a Marcón. O estudoso destas
tipoloxías Estanislao Fernández de la Cigoña e Núñez tamén falou del no
seu libro de 'Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra'.
É a parroquia de Bora un fermoso espazo para o paseo. A súa riqueza
natural, regada polos leitos do Almofrei e o Lérez, é quen de xerar un
conxunto de lugares moi propicios para o contacto co mundo da natureza.
As súas fragas, os seus bosques, nos amosan que na propia natureza está moita da súa riqueza. Xunto a ela, a súa igrexa de Santa Mariña, ou as súas pontes, como as duas do século XIX que se conservan en bo estado, ou unha anterior máis descoidada, son apropiados escenarios para asomarse a toda esa fermosura natural.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901